AXOBER Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños

Actualmente No tiene El Plug-in ADOBE FLASH PLAYER
necesario para poder visualizar correctamente esta web:

Pulse en el enlace inferior para descargarlo

obtener FLASH PLAYER


Contedor correspondente a un visor de fotos flash que mostra os logotipos das empresas acollidas a AXOBER

Novas


  • Abertal - Empresasdacosta.com
Ver todas as ofertas

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE SOCIOS


04-02-2020
Axober
CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA



Día: 27-02-2020


Hora:
20:30 h. en primeira convocatoria
21:00 h. en segunda convocatoria

Lugar:
Axober, r/. Fomento, 21-23, 1º

Orde do día:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2. Ratificación dos membros da Xunta Directiva.
3. Balance económico correspondente ao exercicio 2019.
4. Memoria de Actividades do 2019.
5. Actividades prevista para o 2020.
6. Cambio de sede social da Asociación
7. Rogos e preguntas.



O PRESIDENTE
Isidro Varela Bardanca

PROGRAMA DO BONO RENOVA NOS NEGOCIOS DAS PERSOAS AUTÓNOMAS


17-02-2020
Secretaría Xeral de Emprego
Obxectivo

1. Estas bases reguladoras teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas do programa do bono renova nos negocios das persoas traballadoras autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia desde o 1 de xaneiro de 2020 ata o 30 de setembro de 2020.

2. A finalidade deste programa é a concesión de axudas económicas para a realización dunha remuda xeracional ordenada nos negocios das persoas traballadoras autónomas.

O prazo de presentación finaliza o 30/09/2020

FICHA AXUDA

REAVAL CRECEMENTO - PRÉSTAMOS AVALADOS PARA O CRECEMENTO DAS PEMES (2020)


17-02-2020
IGAPE
Obxectivo
Préstamos avalados para o crecemento das pemes, co obxecto de favorecer mediante reavais, o acceso a préstamos a longo prazo para financiar investimentos produtivos e/ou circulante estrutural por parte das pemes galegas.

Tipos de apoio

A axuda do Igape consistirá no reaval do Igape durante a vixencia da operación avalada e en todo caso co máximo de 7 anos, en garantía dun máximo do 25% do risco asumido pola SGR.

As axudas financeiras que se concedan ao abeiro destas bases terán a consideración de axuda de minimis.


O prazo de presentación finaliza o 30/09/2020


FICHA AXUDA


REAVAL FUNCIONAMENTO - OPERACIÓNS AVALADAS PARA O FINANCIAMENTO DE TRÁFICO COMERCIAL


17-02-2020
IGAPE
Obxectivo
Favorecer o acceso a novo financiamento operativo, para o tráfico comercial das PEMES galegas mediante liñas de crédito específicas para adianto de efectos comerciais e facturas, pólizas de pagamentos a provedores e pólizas de comercio exterior.

Tipos de apoio
O Igape reavalará ata o 25% do risco asumido polas SGR como primeiras avalistas, nas liñas específicas de financiamento concedidas polas entidades de crédito adheridas.

As axudas financeiras que se concedan ao abeiro destas bases terán a consideración de axuda de minimis.


As liñas de financiamento acollidas a esta modalidade deberán ser novas e adicionais ás que a titular xa dispoña, excluíndose expresamente a substitución de créditos bancarios preexistentes.

O prazo de presentación finaliza o 30/09/2020


FICHA AXUDA

REAVAL GARANTÍAS – GARANTÍAS ANTE TERCEIROS VINCULADAS A OPERACIÓNS DE TRÁFICO OU AVAIS TÉCNICOS


17-02-2020
IGAPE
Obxectivo
Favorecer a capacidade das Pemes para outorgar garantías fronte a terceiros, nalgunha das seguintes modalidades:

1. Avais financeiros para garantir obrigas derivadas de contratos de tráfico comercial, anticipos de contratos, entregas a conta para instalacións ou subministros.

2. Avais non financeiros ante terceiros. Avais técnicos ante empresas privadas para garantir a boa execución de obras ou servizos.

3. Avais vinculados a licitacións internacionais. Avais en garantía de contratos no estranxeiro.

As liñas de financiamento acollidas a esta modalidade deberán ser novas e adicionais ás que a titular xa dispoña, excluíndose expresamente a substitución de liñas preexistentes coa mesma finalidade.

Tipos de apoio
O Igape reavalará ata o 25% do risco asumido polas SGR como primeiras avalistas.

As axudas financeiras que se concedan ao abeiro destas bases terán a consideración de axuda de minimis.

O prazo de presentación finaliza o 30/09/2020


FICHA AXUDA

AXUDAS AOS PROXECTOS DE INVESTIMENTO EMPRESARIAL


17-02-2020
IGAPE
Obxectivo
Estimular a posta en marcha de proxectos de investimento empresarial en Galicia, coa finalidade principal de dinamizar a actividade económica na Comunidade Autónoma e potenciar o mantemento e creación de emprego, a través do desenvolvemento e mellora das empresas existentes, así como coa creación e posta en marcha de novas iniciativas empresariais.

Beneficiarios potenciais

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de beneficiario as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

Ademais deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Que proxecten levar a cabo un investimento nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia para desenvolver algunha das actividades subvencionables que se sinalan nestas bases.

b) Que acheguen para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 25% dos custos subvencionables, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

O prazo de presentación de solicitudes de axuda finalizará o 30 de decembro de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.


FICHA DA AXUDA

ORDENANZA DE CONTAMINACIÓN ACÚSTICA DO CONCELLO DE CARBALLO


12-02-2020
Concello de Carballo
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica con data 10 de febreiro de 2020 a aprobación definitiva da Ordenanza de contaminación acústica do Concello de Carballo, que dá cumprimento ás normativas comunitaria, estatal e autonómica vixentes sobre protección contra a contaminación acústica, ademais de respostar aos novos retos e necesidades ambientais que se producen na realidade actual do municipio.


A ordenanza entrará en vigor 15 días hábiles despois da súa publicación, é dicir, o 3 de marzo.


PUBLICACIÓN NO BOP

AXUDAS PROGRAMA BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS


05-02-2020
Consellería de Economía, Emprego e Industria
Beneficiarios
1.- Persoas traballadoras autónomas que estean dadas de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidades de colexio profesional.
- Que teñan domicilio en Galicia,
- Que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade profesional de maneira ininterrompida á data de solicitude de axuda de máis de 42 meses e
- Que teñan un rendemento neto reducido na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 € e unha facturación mínima de 12.000 €, IVE/IVE incluído no ano 2018.

2.- ​​​​​​Sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:
- ​Ter unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data de solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses
- Ter a empresa unha facturación mínima anual de 12.000 €, IVE/IVE incluído no ano 2018
- Que teñan un rendemento neto reducido na declaración do IRPF do ano 2018 inferior a 30.000 €

EXCLUSIÓNS:
As persoas que cobrasen esta axuda nalgunha das dúas convocatorias anteriores.


Proxectos Subvencionables


LINEA I.MELLORA DA COMPETITIVIDADE A través dos SEGUINTES SERVIZOS:

* Investigación de mercado
* Plan de márketing
* Plan de comunicación do negocio
* Plan estratéxico do negocio
* Plan de crecemento: constitución sociedade
* Plan de reorientación do negocio
* Plan de uso de novas tecnoloxías do negocio
* Plan de refinanciamiento
* Ademais admítense outros estudos e plans que teñan como fin aumentar a competitividade da empresa.
* O cofinanciamento privado dos servizos contratados con Igape a través do programa Re- Acciona na súa convocatoria 2020

LINEA II. MELLORA DA COMPETITIVIDADE A través dos SEGUINTES INVESTIMENTOS:

* Compra de maquinaria
* Compra de útiles e ferramentas
* Reforma de local de negocio, a condición de que non sexa o seu domicilio habitual excepto no caso de que quede acreditado que sexa imprescindible para o desenvolvemento da actividade do negocio.
* Equipos informáticos: tables, computadores de sobremesa e portátiles
* Rótulos
* Aplicacións informáticas e páxinas web
* Creación de logotipo de negocio
* Mobiliario

As liñas I e II non son excluíntes nin entre elas nin entre os distintos servizos e investimentos que as configuran. En caso de solicitar axuda para ambas as liñas, atenderase primeiro á liña I e despois á liña II co límite de 3.000 € para o conxunto de actividades.

Prazo de presentación de solicitudes

- Ata o 4 de marzo de 2020​

Prazo de execución e xustificación de proxectos

- Desde o 4 de febreiro de 2020 ata o 31 de decembro de 2020

Contía Subvencionable

- 80% cun máximo de 3.000 € polo conxunto de actividades subvencionables.


BASES REGULADORAS



AXUDAS A PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADA


05-02-2020
Consellería de Economía, Emprego e Industria
Beneficiarios
1.- Persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade.​
2.- Persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido durante os tres primeiros anos de actividade.

Requisitos:

- Contratación indefinida inicial de persoas traballadoras desempregadas​
- A primeira contratación deberá facerse durante o primeiro ano de actividade. A segunda e terceira poderá formalizarse ata o terceiro ano de actividade.
- A primeira contratación sera subvencionable cando na data en que se formalice o contrato non haxa outra persoa indefinida contratada nin se contratase con carácter indefinido, con anterioridade, outra persoa agás que ese contrato indefinido extinguísese por dimisión, morte, xubilación, incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez da persoa traballadora, ou por resolución durante o período de proba.
- Serán subvencionables a segunda e terceira contratación sempre que con anterioridade a este contrato non se realizasen dous ou mais contratacións indefinidas

Non se admitirá a contratación con persoas que nos 24 meses anteriores á contratación prestasen servizos na mesma empresa ou grupo de empresas mediante un contrato de carácter indefinido ou nos últimos 3 meses mediante un contrato de carácter temporal.

Contía subvencionable:
1.- Para a primeira persoa indefinida: 4.000 € cando a persoa sexa desempregada. Poderá ser de 6.500 € cando a persoa desempregada atópense nalgunha das seguintes situacións:
- Persoa desempregada de longa duración
- Persoa desempregada con discapacidade
- Persoa desempregada que se atope en situación en risco de exclusión social

2.- Segunda e terceira contratación: 6.500 € cando a persoa sexa desempregada. Poderá ser de 9.000 € cando a persoa desempregada atópense nalgunha das seguintes situacións:
- Persoa desempregada de longa duración
- Persoa desempregada con discapacidade
- Persoa desempregada que se atope en situación en risco de exclusión social

Estas contías poderán incrementarse nun 25% nos seguintes casos : se a persoa que se incorpora é unha muller; No caso de que o centro de traballo atópese nun concello rural, persoas maiores de 45 anos, persoa emigrante retornado, persoa trans.

De aplicarse todos os incrementos, a contía podería ser de 14.625 € para a primeira contratación e de 20.250 € para a segunda e terceira contratación.

Prazo de presentación de solicitudes:
- Para as contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2019 e o 3 de febreiro de 2020, o prazo de presentación é ata o 3 de marzo de 2020
- Para as contratacións realizadas con posterioridade ao 4 de xaneiro de 2020, terán de prazo dous mes desde a data da contratación e como data límite o 30 de setembro de 2020



BASES REGULADORAS

AXUDAS Á PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO


05-02-2020
Consellería de Economía, Emprego e Industria
Beneficiarios:

1.- Persoas desempregadas rexistradas como demandantes de emprego, que procedan á creación da súa propio posto de traballo mediante a súa constitución en persoas traballadoras autónomas ou por conta propia e que desenvolvan a súa actividade empresarial en Galicia e que reúnan os seguintes requisitos:

- Que se dean de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou mutualidad de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2019 e o 30 de setembro de 2020
- Non percibisen subvencións do mesmo programa nos TRES anos anteriores á data de inicio da nova actividade.
- Non desenvolvesen como persoas autónomas a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos 6 meses inmediatamente anteriores á data de inicio da nova actividade, nin estivesen de alta como autónomos en calquera réxime da SS ou en mutualidad de colexio profesional, sempre que dita situación presupoña actividade nos tres meses inmediatamente anteriores.

2.-Traballadores/ as autónomos/ as ou por conta propia poderán ser beneficiarios cando formen parte de comunidades de bens ou sociedades civís de nova creación (constituídas a partir do 1/10/2019), sempre que o soliciten a título persoal.

Contía subvencionable:


1.- 2.000 € para desempregados en xeral
2.- 4.000 € no caso de que a persoa desempregada atópense nalgunha das seguintes situacións:
- Persoa menor de 30 anos
- Persoa desempregada de longa duración
- Persoa desempregada con discapacidade
- Persoa desempregada que se atope en situación en risco de exclusión social
- Estas contías poderán incrementarse nun 25% nos seguintes casos : se a persoa que se incorpora é unha muller; No caso de que o centro de traballo atópese nun concello rural, persoas maiores de 45 anos, persoa emigrante retornada, persoas trans.

De aplicarse todos os incrementos, a contía podería ser de 9.000 €.

Prazo de presentación de solicitudes:
Ata o 30 de setembro de 2020


BASES REGULADORAS

ACCIÓNS DE PROMOCIÓN EXTERIOR DAS EMPRESAS GALEGAS (GALICIA EXPORTA EMPRESAS)


29-01-2020
Igape
Obxectivo
Co obxectivo de incentivar a realización de accións de promoción exterior xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas nos mercados internacionais, o Igape, poderá conceder subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de accións:

a) Accións de difusión
b) Accións de promoción
c) Accións de prospección en mercados internacionais.

Beneficiarios potenciais
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que cumpran a definición de peme.
b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir de 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización, deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.
d) Que estean ao día das súas obrigas coa Facenda Pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses a contar dende o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.


FICHA RESUMO AXUDA

GALICIA EXPORTA DIXITAL


26-01-2020
Igape
Obxectivo
Apoiar as empresas galegas no desenvolvemento e a implementación dun plan de Internacionalización dixital de empresa, co obxectivo de facilitar a súa presenza en mercados, o aceso a clientes, a redución dos custos de transacción e publicidade e permita abrir canles comerciais novos, para a potenciación de actividades económicas internacionais e o incremento das exportacións.

Beneficiarios potenciais

Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir de 1 de xaneiro de 2013. En todo caso a solicitude de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización, deberá presentarse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.

c) Que estean ao día das súas obrigas coa Facenda Pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social

O prazo de presentación finaliza o 24/03/2020


FICHA RESUMO AXUDA


PROGRAMA EMPREGA MULLER PARA A CONTRATACIÓN POR CONTA ALLEA E A FORMACIÓN DE MUJERES DESEMPREGADAS


13-01-2020
Consellería de Economía, Emprego e Industria
Beneficiarios
Persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, que contraten mulleres desempregadas por por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados na CCAA de Galicia.

Para as empresas que teñan mais de 50 traballadores deberán cumprir coa cota de reserva para persoas con discapacidade, conforme se de ocupación, polo menos, ao 2% de traballadores con discapacidade sobre o total de persoas traballadoras.

Proxectos subvencionables
A) BONO CONTRATACIÓN: subvenciona contratacións indefinidas iniciais a tempo completo, contratacións temporais cunha duración mínima de 12 meses a tempo completo, transformacións de contratos temporais en indefinidos a tempo completo, incrementos de xornada de contratos indefinidos de tempo parcial a completo, realizadas entre o 1 de outubro de 2019 e o 30 de setembro de 2020.

REQUISITOS:
Como consecuencia da contratación indefinida inicial tense que incrementar o cadro de persoal fixo e neto da empresa en Galicia, respecto de os tres meses anteriores ao mes de realización da contratación.
Como consecuencia da transformación do contrato temporal en indefinido ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa, en Galicia, respecto a os tres meses anteriores ao mes de realización da transformación.
Como consecuencia da contratación temporal inicial ten que incrementarse o emprego neto da empresa en Galicia respecto a os tres meses anteriores ao mes de contratación

Non se incentivará a transformación de contratos temporais en indefinidos sempre que transcorresen máis de 24 meses desde a súa celebración inicial, excepto aquelas modalidades temporais cuxa normativa permita unha duración superior a este prazo, computándose todas as modalidades contractuais celebradas sen ruptura de continuidade.

B) BONO FORMACIÓN: (opcional) dirixido ás persoas contratadas para levar a cabo acciones formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionadas co posto de traballo, con excepción dos casos de incremento de xornada ou transformación.

REQUISITOS:

Acción formativa de duración mínima 70 horas en caso de contratos indefinidos iniciais e de 50 horas en caso de contratos temporais.
Exclúese a formación na modalidade teleformación e a distancia.
Realizarase dentro dos tres primeiros meses desde o inicio do contrato e estará finalizada o 30 de novembro de 2020. Para contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2019 e o 7 de xaneiro de 2020, a acción formativa farase no prazo de 3 meses (07/04/2020)
Exclúese formación que supoña cumprimento de obrigacións legais en materia de prevención

Contía da axuda

Bono Contratación:

As contratacións indefinidas iniciais: 12.000 € por cada contratación.
As contratacións temporais duración 12 meses: 6.000 € cada contratación

Para estas modalidades de contratación establécese un incremento do 25% cando: o centro de traballo estea situado nun concello rural, se a muller contratada é emigrante retornada, se ten máis de 45 anos, se é unha empresa con máis de 50 traballadores e cunha taxa de estabilidade igual ou superior ao 70%, se a actividade da empresa pertence ao ámbito de sectores estratéxicos.

Transformacións de contratos temporais en indefinidos a tempo completo: 4.000 €
Incremento da xornada laboral dun contrato indefinido de tempo parcial a completo: 2.000 €

Bono formación:


4.000 € no caso de contratacións indefinidas iniciais
2.000 € no caso de contratacións temporais cunha duración inicial mínima de 12 meses




Prazo de presentación de solicitudes

Polas contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2019 e o 7 de xaneiro de 2020 as solicitudes deberán presentarse ata o 9 de marzo de 2020
Polas contratacións realizadas a partir do 8 de xaneiro de 2020, as solicitudes deberán presentarse ata o último día do segundo mes seguinte á data da relación laboral, ou ata o 30 de setembro de 2020


DOG

PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN POR CONTA ALLEA DAS PERSOAS DESEMPREGADAS PARADAS DE LONGA DURACIÓN


10-01-2020
Consellería de Economía, Emprego e Industria
Beneficiarios
Persoas empregadoras e as empresas calquera que sexa a súa forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, que contraten persoas desempregadas de longa duración por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados na CCAA de Galicia.

As empresas que teñan 50 ou máis persoas traballadoras deberán cumprir a cota de reserva con discapacidade, conforme se de ocupación, polo menos, ao 2% de traballadores con discapacidade.

Proxectos Subvencionables
a) Bono de contratación: A contratación indefinida inicial e a contratación temporal cunha duración inicial de 12 meses de persoas desempregadas de longa duración e a tempo completo

Subvenciónanse contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2019 ata o 30 de setembro de 2020

b) Bono formación (opcional): accións de formación que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionadas co posto de traballo. A duración da formación será de 70 horas en caso de contratacións indefinidas e de 50 horas en contratos temporais. A formación será presencial e realizarase nos tres primeiros meses desde o inicio do contrato e deberá estar finalizada antes do 30 de novembro de 2020. A formación poderá ser realizada a través de medios propios ou contratados e poderase realizar nas instalacións da empresa ou nas da entidade contratada.

REQUISITOS:
* A persoa traballadora pola que se solicita a subvención debe ser persoa desempregada parada de longa duración. (aquela que á data da súa contratación por conta allea estea sen traballo e acredite un período de inscrición como desempregada no Servizo Público de Emprego de, polo menos, doce meses durante os dezaoito meses anteriores á súa contratación)

* Como consecuencia da contratación indefinida inicial ten que incrementarse o cadro de persoal fixo e neto da empresa, no ámbito territorial de Galicia, respecto a os tres meses anteriores ao mes de realización da contratación pola que se solicita a subvención.

* Os incentivos serán de aplicación a todas as modalidades contractuais de carácter temporal a tempo completo que se realicen con persoas desempregadas paradas de longa duración, excepto os contratos para a formación e a aprendizaxe. Como consecuencia da contratación que se fomenta ten que incrementarse o emprego neto da empresa no ámbito territorial de Galicia respecto a os tres meses anteriores ao mes de contratación

Contía Subvencionable

a) Bono contratación

As contratacións indefinidas iniciais terán un incentivo de 10.000 €. En caso de contratación en modalidade de fio-descontinuo a contía será proporcional ao tempo de traballo
As contratacións temporais terán un incentivo de 5.000 €.

Estas contías incrementaranse nun 25% nos seguintes casos:

Cando a persoa contratada sexa maior de 45 anos
Cando o centro de traballo estea situado nun concello rural
Se a persoa é emigrante retornada
Se a persoa é trans
Se é unha empresa con máis de 50 traballadores e cuxa taxa de estabilidade sexa igual ou superior ao 70%
Se a actividade da empresa pertence ao ámbito de sectores estratéxicos

b) Bono formación

4.000 € por cada persoa contratada indefinida
2.000 € por cada persoa contrata por medio dun contrato temporal

Prazo de presentación de solicitudes

Para contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2019 e o 7 de xaneiro de 2020, o prazo será do 9 de marzo de 2020
Para contratacións realizadas desde o 8 de marzo, o prazo será ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral e como data límite o 30 de setembro de 2020


DOG

HIERROS VARELA URBIETA


12-11-2018
Empresas con historia
HIERROS VARELA URBIETA, PIONEIROS DA RECICLAXE EN CARBALLO



Coñecer as orixes do protagonista da nosa seguinte Empresa con historia é coñecer tamén as orixes da reciclaxe en Carballo porque Hierros Varela Urbieta SL traballa desde hai máis de seis décadas na recuperación de metais e na distribución de aceiro para a industria, unha actividade que está a resultar todo un exemplo de economía circular grazas á súa elevada taxa de reciclaxe e aos beneficios ecolóxicos e medioambientais que ofrece. Pero os seus comezos remóntanse á década dos 50, na que non existían as famosas “3R“ (reduce, re-utiliza e recicla) nin se falaba de políticas medioambientais. Foi entón, cando Manuel Varela Urbieta, de profesión chatarreiro, converteríase, sen sabelo, no precursor da reciclaxe en Carballo, nunha época na que o oficio non estaba ben considerado e ata semellaba formar parte dun sector marxinal da sociedade. Todo o contrario do que acontece hoxe en día. Paradoxo, verdade?

Na primeira metade do século XX, a falla de recursos facía agudizar o enxeño e a imaxinación para poder gañarse a vida, sobre todo, cando se era o maior de moitos irmáns. Así, sendo aínda un mozo, Manuel Varela “O Lerio” (alcume co que se coñecía á súa familia) empezou a traballar recollendo chatarra para logo venderlla a empresas de fóra do noso concello, a maioría delas de Castela-León. Apañaba todo canto atopaba ao seu paso, que daquela era, basicamente, papel, cartón, botellas e restos de prendas de punto e lá. Mentres que os residuos de téxtil ían para Zamora, o papel comprábano vendedores ao por maior de Burgos, principalmente.

Pouco a pouco, grazas á aparición de novas fábricas, talleres e todo tipo de establecementos comerciais, o negocio vai en aumento e o pequeno almacén de 55 metros cadrados, que tiña situado no baixo da súa casa na rúa Vitoria 14, ampliouse cun local na Gran Vía e outro no Cemiterio Vello. Despois trasladaríanse á rúa Rosalía de Castro, e xa no ano 1993 ás actuais instalacións que posúen no Polígono Industrial de Bértoa, onde contan con máis de 50 traballadores/as.

Da chatarra á siderurxia

Nos anos 60, con tan só 16 anos, o seu fillo -de nome tamén Manuel- incorporouse á empresa para continuar co oficio que aprendera de quen foi o primeiro chatarreiro de Carballo e ao que seguirían outros como Ventura Ríos. Na década dos 70, Manuel Sánchez –xenro do fundador-, súmase ao equipo e en 1985 os dous cuñados deciden constituír unha sociedade e capitanear un proxecto de futuro que convertería a Hierros Varela Urbieta SL en todo un referente no campo da recuperación de metais e a distribución de aceiro para a industria, actividade autorizada por primeira vez no ano 1955 como así o acredita o documento orixinal que aínda se conserva en perfecto estado.

Na actualidade, a distribución de materiais siderúrxicos constitúe o 80% do seu volume de negocio fronte ao 20% que segue a proceder da chatarra. Grazas á súa fiabilidade e constante innovación, esta empresa carballesa serve de apoio a empresas de estrutura metálica, construción e cerralla, tanto na transformación como no subministro e instalación dunha ampla gama de produtos entre os que podemos atopar desde tubaxes estruturais ata chapas e paneis para cubertas e fachadas, perfís, etc. Así mesmo, a súa gran vocación de servizo ao cliente, cun trato próximo, coidado e moi individualizado, convértea nunha das favoritas do sector dentro da provincia da Coruña, onde se atopa o 95% dos seus compradores.

Desde hai un cuarto de século, a continuidade da empresa familiar está garantida coa presencia de Francisco Sánchez, neto do fundador, no órgano de dirección. Dende entón, 2ª e 3ª xeración conviven nun negocio familiar dedicado á recuperación, clasificación e re-utilización de materiais para darlles novos usos nun mercado que, agora si, ve con bos ollos a reciclaxe pola que hai máis de sesenta anos xa apostaba Manolo “Lerio”, ata o punto de facer da súa profesión, unha filosofía de vida tamén herdada de pais a fillos. Parabéns!



SASTRERÍA MIGUEL


05-11-2018
Empresas con historia
SASTRERÍA MIGUEL, SEIS DÉCADAS ENTRE COSTURAS


Lonxe do seu aspecto moderno e actual, na rúa Fomento 45 agóchase o último taller de xastrería de Carballo. O único dos de toda a vida que segue en activo e nos que aínda é posible mercar un traxe feito a man e a medida. A Sastrería Miguel leva xa sesenta e catro anos elaborando, con gusto exquisito e pulso firme, centos de prendas de moda masculina para unha clientela herdada, en boa parte, de pais a fillos, igual que o negocio que na actualidade dirixe Jorge, o benxamín da familia. El é a segunda xeración á fronte dun negocio que abriu por primeira vez as súas portas no ano 1954 da man dun mozo chamado Miguel, apaixonado dende neno dos panos e das agullas e a quen a vida lle pasou literalmente entre costuras, primeiro na rúa Vitoria e despois na Fomento. Queres coñecela? Pois non perdas detalle desta Empresa con historia e un dos nosos socios máis antigos.

A Miguel Pombo Pereiro o de coser venlle de serie. Por tradición familiar e por vocación (non se sabe moi ben que foi primeiro) sempre estivo rodeado de telas, tesoiras, fíos e cintas de medir. Con apenas 13 anos aprendeu o oficio xunto a “Os Panchos”, xastrería de referencia en Carballo a primeiros do século pasado. Logo completou a súa formación en Santiago de Compostela e tamén no servizo militar, onde realizou as súas “prácticas” confeccionando prendas e facendo arranxos para os seus compañeiros e para algún que outro oficial. Ao regresar, abriu a súa primeira tenda na actual rúa Vitoria 6, xusto enriba do mítico bar O Rincón. Era un pequeno e modesto local que, pouco a pouco, foi acondicionando para que non lle faltara detalle: máquina de coser, mesa de cortar, máquina para pasar o ferro(....), e onde formou unha familia xunto á súa dona Josefa Rodríguez Díaz e os seus 3 fillos. Nada que ver cos seus comezos cosendo de casa en casa, sen apenas material para traballar nin, por suposto, tenda ou almacén.

Na época na que o gremio atravesaba os seus anos dourados con preto de 20 xastrerías en activo, Miguel logrou facerse un nome propio dentro da moda masculina carballesa grazas á calidade das súas teas, a precisión do seu corte e a sobriedade dun traxes que, ademais de elegantes, sentaban como un guante. E con eses antecedentes non era de estrañar que entre os seus clientes houbese un amplo abano de profesións e clases sociais como labradores, obreiros, mariñeiros e ata emigrantes que aproveitaban as vacacións de verán e Nadal para realizar os seus encargos.

Da rúa Vitoria á Fomento

Na década dos 70, a demolición da vella casa, obrigouno a cambiar de local e de zona. Foi entón cando a xastrería se trasladou ao seu emprazamento actual na rúa Fomento 45. Coa chegada dos anos 80, os gustos e as necesidades dos clientes cambian e o negocio familiar tamén. Toca adaptarse aos novos tempos e comezar a cambiar a raia diplomática polos pantalóns acampanados. Comezan a vender as primeiras prendas de confección, xerseis de puntos na súa maioría e algúns complementos masculinos como cintos, gravatas, lazos...

Tras aprender o oficio do seu pai, Jorge Pombo Rodríguez, o fillo pequeno, comezou a traballar no negocio familiar con tan só 17 anos. Desde entón, hai xa 26, dedícase a facer o que máis lle gusta e o que mellor sabe: elaborar traxes á man e á medida. Durante este tempo, foron moitas as modas e as tendencias que viu pasar(cores, formas, tecidos); moitos os cambios que lle tocou vivir (como a xubilación dos seus pais) e algunha crise que sortear. Pero para el, o segredo desta empresa con historia é a empatía e a conexión co cliente, “para facer un bo traxe, hai que facer exactamente o traxe que pide o cliente, elaborándoo ao milímetro e adaptándoo ao seu corpo para que cobre vida” insiste. Tal vez por iso, hoxe en día Jorge sexa o herdeiro dunha xastrería con nome propio e, probablemente, o último xastre artesán que aínda segue en activo en Carballo. Tal vez por iso, Jorge sexa Miguel para a inmensa maioría dunha clientela herdada de pais a fillos pero tamén para quen acode a propósito, desde hai décadas, de localidades como Viveiro, Santiago ou A Coruña na procura de tradición e innovación.

Na actualidade, na rúa Fomento 45 ademais dunha ampla variedade de teas, con texturas, cores e tecidos de todo tipo, para a elaboración dos traxes, tamén atoparás as últimas tendencias en roupa de cerimonia e aluguer de chaqués. Complementos de todo tipo (zapatos, xemelgos, tirantes, gravatas, lazos, panos, cintos...) e unha liña de confección casual/sport coas mellores firmas fan desta tenda un lugar de referencia en moda masculina para quen desexe vestir, con estilo e elegancia, da cabeza aos pés. Por algo a xastrería Miguel leva xa máis de seis décadas entre costuras. Parabéns!

MOTOS VITOLO


15-10-2018
Empresas con historia



MOTOS VITOLO, 67 ANOS SOBRE DÚAS RODAS



Tal vez hoxe en día o nome de Evaristo Fidalgo Periscal poida resultar descoñecido para as novas xeracións de carballeses e carballesas, pero se falamos de Motos Vitolo seguro que non hai neno/a, mozo/a ou adulto de Carballo e incluso da Comarca de Bergantiños que non a coñeza porque, desde hai máis de seis décadas, por esta empresa familiar pasaron milleiros de bicicletas, ciclomotores e motos de todas as marcas, tamaños, cores e modelos. Por iso, hoxe desde Axober queremos repasar a traxectoria dunha Empresa con historia que fixo das dúas rodas un negocio e unha paixón.

O de Evaristo “Vitolo” pola bici foi amor a primeira vista. Xa de neno lle gustaba entreterse na rúa Hórreo argallando entre as rodas e as gomas que atopaba no que probablemente foi o primeiro taller de aluguer e reparación de bicicletas de Carballo, o do seu tío Evaristo Periscal. Con el aprendeu o oficio que máis adiante lle ensinaría tamén a dous dos seus fillos, Fernando e José Luis. Unha das súas habilidades máis recoñecidas era a de centrar coma ninguén as rodas das bicicletas, algo que fixo case cos ollos pechados ata despois de xubilado. Pero a el non só lle gustaba reparalas, senón tamén reconstruílas, personalizalas e pasear nelas. De feito, era frecuente velo enriba dunha calquera día e a calquera hora.

Con tan só 24 anos, dúas bicis súas e tres prestadas arrincou na metade do século pasado un dos negocios máis prósperos do noso comercio local. Ao principio, só se dedicaba á reparación e ao aluguer, porque a escaseza económica da época non daba para máis, e por tan só 1 peseta, as familias mellor situadas do pobo tiñan paseo garantido toda a tarde. A finais dos 50 do taller da rúa Travesa 12 (actual rúa Cinceiro s/n) comezan a saír as primeiras motos e ciclomotores. Montesa e Derbi eran as marcas de referencia para quen buscaba nas dúas rodas un medio de transporte rápido e seguro para ir traballar. Moi pronto a Derbi de tres marchas, tamén coñecida como Derbi “obreira” converteríase na máis vendida do mercado. Tanto era así, que na fábrica de Calvo a zona de aparcamento estaba reservada case en exclusiva para as motos nas que se desprazaban os empregados.

Anos 80, a época dourada

A mediados dos 60, “Vitolo” (que nunca soubo a orixe do seu alcume) e a súa dona Mª Victoria Cerviño trasladáronse a vivir á rúa Vitoria e abriron, no baixo da casa, a histórica tenda na que permanecerían máis de 40 anos. Quen non lembra aquel escaparate repleto das mellores marcas e os últimos modelos? Pouco a pouco foron ampliando o negocio e introducindo novos produtos como motoserras e todo tipo de maquinaria e accesorios para bosque e xardín. Coa venda en exclusiva das bicicletas “Orbea” e “BH” e os ciclomotores Derbi “Variant”, que causaron un auténtico furor entre os nenos/as e adolescentes dos anos 80, chegou a época dourada dun negocio en expansión no que traballaba toda a familia e que ampliaron a Malpica de Bergantiños coa apertura dunha delegación na rúa do Rio, que permanecería aberta ata o ano 1995.

67 anos despois daqueles tímidos e arriscados inicios, Motos Vitolo segue a ser un referente na venda e reparación de bicicletas, ciclomotores e motos de gran cilindrada así como accesorios e complementos ou maquinaria de xardín. O prestixio e a calidade das mellores marcas e un trato próximo e amable co cliente seguen a ser o sinal de identidade da empresa que na actualidade dirixe Fernando Fidalgo Cerviño, “Vitolo” para todo o mundo, desde o seu establecemento da rúa Pontevedra 11, e no que o recordo do seu pai está sempre presente a través do que tanto amaba: a súa bici e a súa moto. Parabéns!


HERFRAGA


04-10-2018
Empresas con historia



HERFRAGA, A ORIXE DUNHA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL


Nun pequeno taller mecánico da rúa Ponte José Fraga Varela comezou a escribir hai case nove décadas a historia da que hoxe en día pode ser, sen medo a equivocarnos, a decana do tecido empresarial carballés. Pouco ou nada diso se podía imaxinar o seu fundador cando en 1930 puxo a funcionar o seu humilde negocio, non moi lonxe do emprazamento que a empresa ocupa actualmente na rúa Poñente 14-16. Co paso do tempo, o antigo local destinado á reparación de coches e maquinaria de todo tipo, sobre todo agrícola e de madeira, foi medrando a pasos de xigante ata converterse nun referente a nivel internacional na fabricación e reparación de maquinaria industrial paseando o nome de Carballo polo mundo enteiro. Na actualidade, a fiabilidade e calidade do seu produto seguen a ser os sinais de identidade dunha empresa familiar, en mans agora da terceira xeración, da que en Axober nos sentimos orgullosos de ter como socia.

En plena década dos 50, a capacidade emprendedora de José Fraga e o auxe do sector industrial fan que o negocio dea un cambio de 180 graos orientando a súa produción á fabricación de maquinaria para a industria conserveira, actividade que se convertería no piar principal da empresa e no segredo do seu éxito ata os nosos días. Os cambios tamén afectarán ás instalacións. Atrás queda o taller de aluguer de “Fraga” para trasladarse a unha nave, máis moderna e espazosa, situada na mesma rúa, a uns metros de distancia, no lugar que ocupa hoxe en día.

Pero a gran “revolución industrial” chegou da man dunha empacadora de atún e pescados que introducía o produto directamente nas latas. A primeira foi patentada en 1961 e, tras ela, outras catorce máis que lle valerían o recoñecemento profesional do que goza na actualidade. Desde entón, Herfraga (constituída como sociedade anónima en 1979) non parou de medrar e expandirse a novos mercados. Agora, a terceira xeración do negocio familiar exporta preto do 80% da súa produción total a máis de 50 países distribuídos polos cinco continentes, mentres que os envíos de maquinaria nova superan o 90%. Entre os seus destinatarios figuran lugares como Tailandia, Ecuador, Yemen, Cabo Verde, Portugal, Italia, Rusia ou Costa de Marfil.

Arredor dunha trintena de profesionais, formados na propia empresa, son os encargados de sacar adiante unha media de 30 empacadoras ao ano (arredor de 1.500 no últimos 50 anos) xunto con pezas auxiliares como aceiteiras, saladores e cintas de transporte, entre outras, ademais do servizo de reparación e mantemento de máquinas usadas.

A implantación de novos avances tecnolóxicos e a flexibilidade na fabricación seguirán a ser as máximas dunha empresa familiar que, tras unha traxectoria de 88 anos e tres xeracións, busca seguir adaptándose á demanda dun mercado en constante evolución, con novas necesidades, novos gustos e novas formas. Parabéns!



CALZADOS MARIÑO


28-09-2018
Empresas con historia
CALZADOS MARIÑO, UNHA FAMILIA AOS TEUS PÉS



Din que os oficios non se herdan, senón que se aprenden, pero no caso do protagonista da nosa seguinte “Empresa con historia”, vai no seu ADN. En Calzados Mariño levan vestindo os nosos pés desde hai case oito décadas. Primeiro facéndonos os zapatos a medida e logo adquirindo e vendendo para xeracións e xeracións de carballeses e carballesas as marcas máis exclusivas do mercado. Na actualidade, na vella tenda da rúa Coruña, que conserva intacto o seu aspecto de antano, os novos modelos conviven cos recordos e as anécdotas que aínda zumegan dos seus andeis, os primeiros, igual que o mostrador detrás do que se atopa dende hai máis de corenta anos Celsa Lorenzo, a nora do fundador dunha empresa familiar con moitas historias que contar.

E a de Calzados Mariño nace na Praza de Galicia en 1940 cando un mozo de Berdillo chamado José Mariño Rabuñal decide instalarse en Carballo e apostar por un negocio pioneiro e arriscado para unha época de crise na que poucas familias podían permitirse o luxo de ter uns zapatos e, quen os tiña, gardábaos para as ocasións máis especiais. Mariño aprendeu o oficio de zapateiro dunha familia de artesáns veciña súa, os Serrano. Nos seus inicios, dedicouse a vender polas feiras os modelos que el mesmo elaboraba coas súas propias mans pero pouco despois, grazas ao seu espírito emprendedor, a situación cambiaría.

A actual zapatería, situada na rúa Coruña 7, abriu as súas portas no ano 1944 como comercio e taller, onde aprendices, oficiais e mestres elaboraban á man os modelos dunha clientela á que ensinaron, pouco a pouco, a vestirse polos pés. E os que tamén aprenderon foron os seus sete fillos que herdaron a paixón do seu pai polo negocio familiar. Sabina, unha das fillas, abriu a súa propia tenda (Calzados Mira) e Estrella fixo o propio situándose, na mesma rúa, ó fronte dunha zapatería infantil que levaba o seu nome ata que a súa filla María José tomou o relevo, agora xa na rúa Desiderio Varela 34. Enrique, o seu benxamín, máis coñecido como “Quico Balay”, tomou as rendas da tenda familiar para dedicarse en exclusiva á venda de calzado. Alí coñeceu e namorouse da súa dona Celsa Lorenzo, que axudaba no negocio desde os quince anos. Ela é a que se encarga hoxe en día da vella zapatería así como da que abriron no ano 1989 na rúa Camiño Novo 11.

Aínda que xa nada queda daqueles tempos nos que se mercaban os zapatos medindo os pés cun carabullo, a calidade do seu calzado e o trato afable e persoal cos clientes permanecen inalterables como un selo de garantía. Ao marrón e negro de mediados do século pasado súmase agora un amplo abano de cores, números e anchos especiais con modelos exclusivos tanto para o día a día como para os eventos máis festivos. Tal vez por iso e pola súa capacidade de adaptación aos novos tempos, gustos e necesidades, son agora os netos/as e os bisnetos/as dos compradores/as do vello Mariño os/as que continúan achegándose ata as súas tendas na procura de comodidade e deseño para os seus pés. E tamén por iso e pola súa firme aposta polo comercio local, desde Axober sentímonos honrados/as de que figure entre os nosos socios. Parabéns!


JOYERÍA SEOANE


24-09-2018
Empresas con historia


JOYERÍA SEOANE, CALIDADE E PRESTIXIO DESDE HAI MÁIS DE 50 ANOS


Con dous espertadores, dous reloxos de campá e tres modelos de señora e cabaleiro arrincou en 1960 a historia que hoxe vos achegamos na nosa serie de “Empresas con historia”. Tras aprender o oficio no taller de “Barca”, situado na rúa Gran Vía, Edelmiro Seoane Caamaño decidiu emprender o seu propio negocio na rúa Coruña xunto ao seu compañeiro e amigo “Brandón”, outro coñecido reloxeiro carballés que dous anos máis tarde aparcaría por un tempo a profesión. Con pouco máis de vinte anos asume as rendas dunha empresa, á que pouco despois se sumou a súa dona Dolores Varela “Lola”, para converter o oficio no seu sustento e o traballo na súa paixón.

Edelmiro lembra con cariño e certa melancolía o pequeno taller de venda e reparación de reloxos no que empezou a traballar na rúa Coruña 2, con apenas espazo para atender á clientela. Aínda así, o ir e vir da xente era continuo nunha época na que non existían os reloxos de pila e os arranxos de mecánica estaban á orde do día. Un dos máis demandados era a reparación do eixe do volante, unha peza que rompía con moita facilidade. De feito, durante anos, este mestre reloxeiro de pulso firme e gran habilidade coas mans optou por demostrar aos seus clientes a calidade dos novos modelos golpeándoos sobre a súa mesa como selo de garantía, un xesto que asegura “fíxeno tantas veces que acabei por ter o sitio marcado”.

A finais da década dos 60, o poder adquisitivo das familias foi aumentando e con el tamén a demanda de artigos de xoiería entre os que destacaban algúns complementos básicos en ouro e prata (cadeas, pulseiras, aneis, escravas...) e os primeiros xogos de café e té que se vendían como un prezado agasallo.

Nos anos dourados da emigración (décadas 70 e 80), as vendas seguiron disparándose acadando o seu punto máis álxido durante o verán e o Nadal, coincidindo coa tempada de vacacións de moitas familias de emigrantes que aproveitaban a súa estancia no pobo para mercar regalos para toda a familia. “Se tiña corenta reloxos na tenda, nun dia de feira podía vender a metade. Eran outros tempos nos que a xente reparaba máis na calidade das pezas que no seu custe”, asegura Seoane cando lembra o “boom” do comercio local.

Xunto a firmas nacionais tan destacadas como Duward, na Joyería Seoane podíanse atopar reloxos personalizados para home e muller coa súa propia marca baixo o nome comercial de Edelseo (Edelmiro Seoane), unha proposta que tivo gran aceptación entre a clientela, durante algo máis dunha década, ao igual que os gravados que el mesmo realizaba e que, na actualidade, xa xubilado e a piques de celebrar o seu 80 aniversario, segue a facer por afección.

Agora, a súa filla María é quen está á fronte do negocio familiar, situado no número 15 da rúa Coruña, nun amplo e moderno local onde locen as coleccións de reloxos máis sofisticadas xunto ás últimas tendencias en alta xoiería e un obradoiro propio no que se realizan traballos artesanais a medida. Un traspaso xeracional que asumiu de forma progresiva e natural tras criarse na tenda-taller dun dos xoieiros con máis historia de Carballo e un referente para moitos compañeiros de profesión entre os que figura Antonio, o actual responsable do servizo técnico da xoiería, ao que tan só lle falta un ano para retirarse despois de 45 anos traballando nunha empresa que considera a súa casa, e xunto a unha familia que tamén é a súa.
Parabéns!



BEBIDAS E BODEGAS CARBALLO


19-09-2018
Empresas con historia


BODEGAS CARBALLO, TRES XERACIÓNS CON D.O.


O feito de que Carballo contase cun dos fielatos ou impostos máis baixos da provincia na primeira metade do século pasado fixo posible que moitas empresas e negocios da época elixiran o noso concello para botar raíces, contribuíndo a xerar riqueza e emprego no municipio ata convertela nun dos piares comerciais da contorna. Moitos deses proxectos aínda seguen en pé hoxe en día grazas á aposta empresarial dos seus fundadores e a un legado que souberon transmitir de pais/nais e fillos/as. Este é o caso de Bodegas Carballo, protagonista da nova entrega de Empresas con historia e dun dos socios máis antigos cos que temos a honra de contar en Axober, que xa vai pola terceira xeración.

Din que os comezos nunca son doados pero en plena década dos 50 aínda o eran menos. Unha industria emerxente, as minas de volframio, os Baños Vellos e uns aranceis bastantes accesibles para a época foron determinantes para que o matrimonio formado por José Fernández Sánchez (Betanzos) e Carmen Casal Babío (Carral) decidira trasladarse a Carballo no ano 1954 para iniciar unha nova vida á fronte dunha pequena taberna que abriron na rúa Vázquez de Parga, 68 baixo o nome de O Bodegón, como non podía ser doutro xeito xa que o seu fundador era vendedor de bodega en Betanzos, actividade que continuou exercendo na nosa localidade xunto co despacho da taberna. Mentres, a súa dona encargábase de dar o xantar aos xornaleiros das fábricas que cada día acudían a degustar exquisitos menús, compostos de primeiro e segundo prato, sobremesa, bebida, café e pan, polo módico prezo de 10 pesetas. Os que non podían permitirse ese luxo tamén eran ben recibidos. Levaban a comida da casa e mercaban o viño e o café no bar. A especialidade da casa era o cocido, a fabada e os callos que Carmen elaboraba con mimo e tempo, ademais dalgún que outro segredo que, como é normal, gardábase para ela.

I Campionato de ra

Nos anos 60 non había móbiles, nin tabletas, nin conexión a internet. Por haber, non había case nin xoguetes. Pero a diversión e o entretemento estaban aseguradas. De feito, sen saber moi ben como nin por que, no Bodegón era raro o día no que veciños e clientes non se animaran a botar unha partida ao popular xogo da ra. A afección era tan numerosa que de seguido se creou unha sociedade e se organizou o I Campionato de ra de Carballo. E como trofeo, unha copa de barro de Buño.

Na bodega situada na parte de atrás da casa, onde vivían xunto aos seus dous fillos, amoreábanse os barrís de viño tinto, branco e rosado, as tres variedades que non podían faltar en ningunha mesa, e que, como todo naquela época, vendíase a granel. Pouco a pouco o almacén foi incrementando a súa actividade, a súa clientela e os seus traballadores, incorporándose, sendo aínda un mozo, o seu fillo pequeno Juan José Fernández Casal, a segunda xeración dunha familia de bodegueiros.

En 1973 trasládanse ao almacén da rúa Alfredo Brañas e a empresa comeza a especializarse na distribución de bebidas á hostalería, que na actualidade ocupa o 90% do seu volume de negocio e unha área de reparto que se estende polas comarcas de Bergantiños, Soneira e Ordes. Desde entón, a empresa non deixou de medrar. En 1992 ampliouse coa adquisición dunha nave no Polígono Industrial de Bértoa e a incorporación de novos traballadores, incluído un dos netos do fundador, Juan Carlos Fernández, hai máis de quince anos. A súa é xa a terceira xeración dedicada ao negocio familiar.

Na actualidade, unha ampla carta de viños selectos e con Denominación de Orixe (D.O), bebidas de alta gradación (licores, xenebras), cervexas nacionais e de importación e unha gran variedade de selectos produtos como chocolates, aceites, batidos, mel, zumes e refrescos satisfai os gustos e as necesidades dunha clientela, cada vez máis esixente e heteroxénea, que segue apostando pola calidade e a confianza que outorga ser unha das bodegas con máis historia do noso concello.



ZAPATILLERÍA SUSA


11-09-2018
Empresas con historia



ZAPATILLERÍA SUSA, 60 ANOS REINVENTANDO O NEGOCIO FAMILIAR


Desde as súas orixes, este establecemento situado na rúa Sol foi taberna, cordelería, zapatillería e agora tamén tenda de encaixes.

Cando a protagonista da nosa segunda entrega de “Empresas con historia” abriu por primeira vez as súas portas ao público hai xa 60 anos, a realidade era ben distinta, tanto dentro coma fóra do establecemento. Estradas empedradas sen apenas coches circulando por elas, nenos e nenas xogando na rúa e unha sociedade de autoconsumo na que todo se vendía a granel. O paso do tempo fixo que todo mudara agás a súa esencia, que aínda conserva intacta nada máis entrar neste negocio familiar situado na rúa Sol, número 3.

A mediados do século pasado, Susa Lema e o seu marido trasladáronse de Muxía a Carballo-tras varios intentos frustrados de emigrar a Sudamérica- para tomar as rendas dunha tenda coñecida como "taberna nueva", un ultramarinos da época no que tanto se podía tomar un viño como almorzar ou mercar produtos de todo tipo: bacallau, aceite, arroz e azucre “ao peso”, que medían coa vella balanza que aínda conservan, doces, aspirinas e algunhas das bebidas máis consumidas por aquel entón como coñac, anís, xerez e, sobre todo, augardente e viño. Pero, entre o máis curioso destaca a venda de petróleo para alimentar as lámpadas de finais dos anos cincuenta cando aínda non había electricidade nos fogares. Por aquel entón, o negocio era tamén unha cordelería na que se vendían cordas de esparto, de cáñamo e de plástico, que Susa e o seu marido se encargaban de preparar a conciencia para os clientes segundo o uso que lles quixeran dar: labores agrícolas, atar o gando, facerlle lazos ás ovellas... De esa época, a tenda aínda conserva no letreiro da fachada o nome de “zapatillería e cordelería” porque como ben recorda a fundadora do negocio “tiñamos máis quilos de corda na nosa casa que en todo Carballo”.

Reinventarse ou desaparecer?

Pouco a pouco, a sociedade foise modernizando e as familias deixaron de vivir só do que cultivaban. Chegou a abundancia e tamén o consumismo. As tendas-taberna nas que se podía mercar de todo comezaron a desaparecer coa chegada dos supermercados, cos que os pequenos comerciantes locais non podían competir nin en cantidade nin en prezo. Pero, lonxe de desaparecer, o negocio de Susa reinventouse para subsistir especializándose na venda de calzado de traballo, modelos cómodos para a vida diaria e zapatillas de uso doméstico que, iso si, eran só para as mulleres porque para os homes era unha vergoña usar ese tipo de calzado. Ao principio, só se vendían “pantuflas” de pano en cor escuro e con ondulacións na parte dianteira para a xente maior e as mozas casadas. Á súa tenda chegaron despois os primeiros modelos de “fantasía” que houbo en Carballo, con cores e estilos para todos os gustos así como unha ampla variedade de complementos que aínda se poden atopar nos seus estantes.

Dende hai unha década, a súa filla Chus encárgase do negocio familiar ao que volven, unha vez máis, aires renovados e o espírito emprendedor que, sen dúbida, herdou dos seus pais para continuar dando vida a un dos establecementos máis antigos de Carballo. Gran experta e coñecedora do encaixe de bolillos, a actual propietaria leva xa anos ofrecendo aos clientes unha ampla variedade de materiais e confección de artigos de encaixe elaborados con mimo e calidade, entre os que podemos atopar desde fermosos abanos para todo tipo de eventos e circunstancias ata puntillas para a roupa do fogar, decoración ou prendas de vestir así como accesorios e téxtil para bebés, moi demandados para ocasións especiais. Ademais, a súa extensa formación e habilidade no arte de “palillar” permítelle sumar, como antano, unha nova actividade ao negocio familiar que, neste caso, pasa por ofrecer unha ensinanza profesional e personalizada tanto a particulares como a grupos reducidos.

Grazas a súa capacidade de reconversión e a súa visión empresarial, a esta antiga zapatillería da rúa Sol aínda lle quedan moitas páxinas por escribir na historia do noso comercio local xunto á súa nova especialidade: a tenda de Encaixes Chus, dúas empresas que temos a honra de ter entre os nosos socios. Parabéns!


GRUPO CALVO


07-09-2018
Empresas con historia

CALVO, 78 ANOS DANDO A LATA



A historia do primeiro protagonista da nosa serie de “Empresas con historia” é a dunha marca unida a unha familia, ou ao revés, porque despois dunha traxectoria de case oito décadas xa non se entende unha sen a outra. Principal motor da economía local durante anos e sustento para milleiros de familias carballesas e da contorna, converteuse, co paso dos anos, en líder indiscutible do mercado e un referente entre as primeiras marcas de alimentación. A súa é, sen dúbida, unha empresa con nome propio que soubo facer do seu apelido un sinal de identidade e calidade dentro e fóra das nosas fronteiras: o de Calvo, claro.

A familia Calvo aséntase en Carballo a finais do século XIX tras o seu paso por Cuba e sen esquecer as súas orixes maragatas. No ano 1940, nunha pequena tenda de ultramarinos da nosa localidade, Luís Calvo Sanz- fundador do actual grupo- decidiu dar un paso á fronte e apostar polo progreso e a innovación para garantir o futuro dun negocio de tradición familiar. Así empezou a fraguarse un proxecto que se convertería nun símbolo de calidade e tradición dentro da industria conserveira do noso país e un modo de vida para centos e centos de carballeses e carballesas.

Datas e cifras

Pero na historia da empresa hai máis datas relevantes. Unha delas, en 1952, cando a familia asiste en Vigo á demostración dunha máquina francesa de empacado mediante moldes, que lles serviu de inspiración para construír a súa propia. A outra foi en 1956 co deseño dun revolucionario aparello capaz de xerar 36 latas de atún por minuto, que cambiaría para sempre a industria conserveira española. Na década dos 60 e os 70, a compañía seguiu tomando a dianteira introducindo no mercado novidades tan pioneiras como a variedade Yellowfin (atún claro), que na actualidade equivale ao 75% das latas que se consumen no noso país, e o lanzamento en Europa do primeiro pack de tres latas de atún en formato redondo. Os resultados non se fixeron esperar e a súa inmediata expansión marcou o inicio dunha flota que non deixou de medrar ata chegar aos 7 buques atuneiros, 2 mercantes e 2 buques de asistencia cos que conta na actualidade.

Ademais de datas claves, a historia do Grupo Calvo está repleta de traballo, constancia, esforzo e sacrificio aos que lle hai que sumar grandes éxitos e outros tantos acertos tan determinantes como a súa incursión publicitaria en televisión no 1979 durante o intermedio do mítico programa “Un, dos, tres…” . Tan só tres palabras “atún, Calvo, claro” dispararían a popularidade da compañía de tal xeito que as súas vendas incrementáronse nun 40% ata converterse na marca de conservas de atún preferida polos consumidores. Se os noventa marcaron a súa expansión mundial ata convertela nunha multinacional, o século XIX chegou repleto de novos retos que a catapultaron á fama con anuncios tan populares como o famoso “Piltrafilla” ou o “sacatunn”. A excelencia da súa materia prima, a experiencia e a adaptación ás novas necesidades dos clientes, cunha ampla e variada gama de produtos para todas as idades e gustos, fixeron o resto ata e na actualidade segue a ser líder indiscutible do mercado con presencia en máis de 70 países e un cadro de persoal que supera os 4.000 empregados/as.

Pese a tantas datas relevantes e cifras tan notorias, en Axober queremos -co permiso da familia- engadir unha letra con maiúsculas que englobe e resuma a vida desta empresa con historia, que temos a honra de ter entre os nosos socios. Adiviñades cal? Aquí vos deixamos unha pista! Calidade, Confianza, Compromiso, Conserva, Consumidor, Carballo e, por suposto, Calvo, Claro! Parabéns!



CURSO REVIT NIVEL INICIAL


19-02-2018
Introdución ó BIM con REVIT ARCHITECTURE |CREACIÓN DE FAMILIAS | REVIT MEP
Este curso pretende familiarizar aos alumnos coas ferramentas e metodoloxías de traballo BIM, a través do uso do software líder no mercado: Autodesk Revit.
Para todos os técnicos e profesionais da construción, as ferramentas BIM son esenciais para a realización do deseño, coordinación, construción e/ou mantemento eficiente e produtivo. As metodoloxías de traballo BIM están baseadas nun fluxo de información de proxecto, máis que na mera documentación gráfica propia do CAD.

NOVA LEY DE AUTÓNOMOS


26-10-2017
Aprobación definitiva e publicación
Lei 6/2017, do 24 de octubre, de Reformas Urxentes do Traballo Autónomo, publicada no Boletín Oficial do Estado.

BOE

CONVENIO AXOBER - VALCARCE


03-03-2016
Descontos no combustible
Axober firma un convenio de colaboración co Grupo Valcarce, no que se contemplan importantes descontos no combustible para as empresas asociadas.
Para máis información pode contactar directamente coa Asociación.

CONVENIO DE COLABORACIÓN "LA CAIXA-AXOBER"


18-02-2015
Firma convenio

Axober firma un convenio de colaboración coa entidade financeira "La Caixa".
Este convenio ten por obxecto definir un marco de colaboración entre a entidade bancaria e as empresas asociadas a Axober, co fin de establecer relacións de tipo comercial e financeiro en condicións vantaxosas para as empresas pentences a Axober.




NOVO SERVIZO WEB PARA SOCIOS


29-11-2012
PRESENTACIÓN
Esta Asociación pon en marcha un novo servizo para asociados dentro da páxina Web.

Isto consiste na incorporación dun novo sistema de ofertas para socios/as co fin de acercar a súa actividade á rede. Cada empresa poderá remitir a Axober as súas ofertas para publicar na Web. Todas elas aparecerán na portada de xeito aleatorio, para non discriminar ningunha entrada e poderase acceder á listaxe de todas as ofertas das empresas da Asociación.

Do mesmo xeito, para facilitar a localización das empresas e que os usuarios poidan achegarse ao local a realizar as súas compras, incorporouse o mapa de xeolocalización de Google Maps na ficha de cada empresa.

Buscador de Empresas
ver Bercom Impresión Dixitalver Andainas Centro de Ensinover Estación de Servizo Carvoltaver Clínica Dental Miguel Ángelver Interfilm Carballover Óptica Enríquezver Alonso Modaver Automóbiles Dimolk S.L.ver Creativa Digitalver Construcións y Promociones J. A. Villar, S.L.ver Servizos Agrícolas Pose, SLver Inmovendaver Talleres Tatover Proinber Bergantiños, S.L.ver Donclic Soluciones Tecnológicasver Oasis Restaurante Vinotecaver Construcións J. Souto, S.L.ver Rega Morales, S.L.ver Gende Estudiover Vicarlem, S.L.ver Distribucións Marcelino S.Lver A Nova Ferradoraver Xoiaría Calvelo Seoanever TForma Globalver Hierros Varela Urbieta, S.L.ver FORPONver PROHIGANver Carnizaría Danielver Abertal Networks S.L.ver Mesón As Viandasver Balcotex, S.L.ver Alberto Castrover LD Ideas de Interiorver Distribucións M.Prietover Varela Hostelería, S.L.ver Calvelo Regalover Arco Irisver Zapatería Bercanver FN Energía - ENERGALver Bebidas y Bodegas Carballo, S.L.ver Taberna O Mexillónver Automóbiles  E. Fuentesver Carpintaría M.J. Eirísver Agropecuaria A Medoñaver Automóbiles Cancelaver Peixes e Mariscos Neañomarver Barbería Perruquería Beniver DLUXE EXPRESSver Cafetería Abastosver O Barco dos Soñosver HORPAVI, S.L.ver GUIRLACHEver Almacenes Agrover Restaurante Mesón A´Tabernaver Automóbiles Vilas Ramaver Formación Newtonver Proquiber S.L.ver Sistemas Eléctricos GMG Hipaniaver Panadaría Roiserver GRUPO CALVOver Amar Modaver Asesoría Borja G. Botasver SDI Alphanor, S.L.ver Cafetería Bar Ginebraver Korner Carballover Atmósfera Sportver Calzados Mariñover Cervecería Ágoraver Jocar Diseño, S.L.ver Son Pressver Talleres Antelover Star Centerver Sueiro Asesores, S.L.ver Contenedores Miramontesver Deportes San Remover Protel Sistemas de Seguridad, S.L.ver Centro Óptico Bergantiñosver Agetrans Bergantiños S.L.ver Confiro, S.L.ver A de Pako Restaurante - Vinotecaver Construcións e Reformas J.A. Amarellever Rodaben Carballo, S.L.ver Proyekta & Concepto, S.L.ver Policlínica Dental Bergantiñosver Perruquería Sole Martínezver Orchestraver A Barra Barver Corporación Laber, Laboratorio y Consultoría, S.L.ver De la Serna  y Calviño Avogados e Consultoresver Calzados Arijónver Cafetería Habanos 79ver Mesón A Cabañaver Corte Asiaver COMUNICARver Farma Veterinariaver Viveiros Amadover Panadaría O Varrendeirover Todo Larver Mármoles Gumersindo Rey, S.A.ver Metalúrgica BB, S.L.ver ADRIAN SOUTO IGLESIASver Disboa S.L.ver Castro Parga, S.L.ver Manuel Loureiro Soutover Motos Vitolover  Emiliano Modaver GESTORIA QUEIJO, SLver José Cotelo Juncalver Asesoría Cervantesver Alea Asesoresver Alemcaver Cervecería A Taperíaver Afico, S.L.ver Taberna O Patacónver Revestimientos Rama, S.L.ver Estanco Varelaver Gonzacar S.L.ver R. Pose Distribuciónsver Cervecería La Bomboneraver Imprenta Europaver Correduría e Xestión de Seguros Toñitover Para ti Cosméticosver Informática Valemver Re 100 Galicia - TODO LARver Refuxio As Garzasver Lencería Antoxosver Inelca, S.L.ver Panadaría  Forno Novover Retoños Puericulturaver Transportes Mariño e Hijos, S.L.ver Perfumería Garrotever Savelo S.L.ver Herfraga S.A.ver Trattoría - Pizzería Vesuviover Purificación Lema Centro de Belezaver Restaurante Mesón do Pulpo
AXOBER, Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños