A Asociación

Xuntos creamos oportunidades

A ASOCIACIÓN

Traballando polo desenvolvemento do empresariado Bergantiñán

Entidade sen ánimo de lucro, fundada no ano 1992 por un grupo de empresarios da zona, co obxetivo de servir como nexo de unión entre as empresas locais.

Despois de máis de 30 anos e grazas á labor realizada polas distintas Xuntas Directivas, case 200 empresas forman parte deste proxecto que contribúe, en gran medida, ao desenvolvemento do tecido empresarial na comarca de Bergantiños.

Axober, participa activamente en proxectos de dinamización do emprego, divulgación, formación e promoción. Tamén desempeña unha labor importante de asesoramento aos seus asociados.

Ao longo destes anos aválanos a experiencia en cursos, seminarios, congresos e eventos de gran repercusión, que axudan a promocionar a nosa comarca e os seus produtos.

Invitamos a participar neste proxecto a todos aqueles que desexen traballar polo desenvolvemento do empresariado bergantiñán.

AXOBER asociacion de xóvenes empresarios de Bergantiños
Directiva axober
A Directiva de Axober

o que ofrecemos

Servizos

Axober participa activamente en proxectos de dinamización do emprego, divulgación, formación e promoción.
Tamén desempeña unha labor importante de asesoramento aos seus asociados.

Formación

Organizamos formación práctica e especializada: cursos, seminarios e xornadas que responden ás necesidades reais das empresas.

Charlas e xornadas

Eventos organizados sobre variados temas, tanto de interese xeral como outros centrados nalgúns sectores concretos.

Asesoramento

Apoio xurídico-laboral, fiscal, contable e prevención de riscos. Colaboramos con profesionais e entidades que dan resposta aos retos actuais das pemes.

Networking

Para ampliar a rede de contactos empresariais, crear e desenvolver oportunidades de negocio e emprego.

Visibilidade

Promocionamos e damos visibilidade ás empresas asociadas a través da web de axober, nas Redes Sociais e nos medios de comunicación.

Emprego

Oportunidades laborais a través do portal empregate.gal conectando empresas e profesionais de Bergantiños.

axober

A directiva

Presentamoss principais órganos de goberno da Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños, definindo as súas funcións e responsabilidades.

Diego Iglesias Martínez

Presidente

Mario González Cancela

Vicepresidente

Rebeca Carrillo Pérez

Secretaria

Marcos Díaz Molk

Tesoureiro

Mª Magdalena Lamas Blanco

VOCAL

Juan José Canosa Rey

VOCAL

Lucía Graña Aller

VOCAL

Salvador Ferreiro Negreira

VOCAL

Iván Barreiro Cotelo

VOCAL

SE COLABORAMOS, GAÑAMOS TODOS

Forma parte desta comunidade e do tecido empresarial da comarca de Bergantiños que non deixa de crecer.