A ciberseguridade nas pemes centra unha nova xornada formativa organizada por AXOBER

  • Categoría da entrada:Novas
Neste momento estás a ver A ciberseguridade nas pemes centra unha nova xornada formativa organizada por AXOBER

Máis de medio cento de empresarios e profesionais da comarca asistiron á sesión celebrada no Fórum Carballo, con expertos de primeiro nivel.

En AXOBER celebramos este mercores unha xornada centrada na ciberseguridade nas pequenas e medianas empresas, un tema cada vez máis prioritario para o tecido empresarial da comarca.

O evento contou coa participación de tres expertos recoñecidos:

  • Alberto González, xefe do Equipo de Prevención e Resposta en materia de Ciberdelincuencia da Garda Civil da Coruña.

  • Martín González, responsable de comunicación da empresa tecnolóxica Cloud.gal.

  • Víctor Salgado, avogado especializado en dereito dixital e protección de datos.

Durante a sesión abordáronse cuestións clave como:

  • Como detectar e previr ciberataques nas empresas.

  • Os riscos legais derivados da falta de protección.

  • As ameazas máis frecuentes: phishing, ransomware, suplantación de identidade

O enfoque práctico da xornada, a resolución de dúbidas en tempo real e a análise de casos reais foron especialmente valorados polo público asistente, composto maioritariamente por empresarios e autónomos da comarca.

“Queremos que a ciberseguridade sexa unha prioridade real nas nosas empresas. Este tipo de formacións son esenciais para crear unha cultura de prevención”, destacan desde a directiva de AXOBER.

A xornada rematou cun aperitivo informal, que serviu de espazo para facer networking e compartir experiencias.