A Mesa Local de Comercio do Concello de Carballo aproba as iniciativas de Axober para 2025

  • Categoría da entrada:Novas
Neste momento estás a ver A Mesa Local de Comercio do Concello de Carballo aproba as iniciativas de Axober para 2025

Reunímonos recentemente coa Mesa Local de Comercio do Concello de Carballo donde se aprobaron as actividades programadas para este ano polo Centro Comercial Aberto (CCA) e a Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (AXOBER).

Dende Axober, presentaronse as seguintes actividades:

  • Construíndo o futuro, que consistirá na visita de alumnado de 4º da ESO a empresas asociadas de diferentes sectores para que coñezan a oferta laboral da súa contorna.
  • Charla sobre marketing e comunicación para as empresas asociadas.
  • Evento sobre o vehículo eléctrico.
  • Evento sobre saúde e empresa.
  • Charlas sobre formación e contratación e sobre redes sociais.
  • Berocasión, que este ano pretendemos ampliar a participación cara empresas vinculadas ao sector da automoción: aseguradoras, talleres…
  • Axober Work Party
  • Premio Empresario/a do ano

A reunión estivo presidida polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e contou coa participación do concelleiro de Feiras e Mercados, Ramón Varela Rodríguez, en representación do BNG; Isabel Cotelo Recarey, do PP; Yolanda Antelo Cameán, do CCA; e Kely Villar Cancela, de Axober. O funcionario Víctor Recarei Añón actuou como secretario.

Dende Axober agradecemos a colaboración institucional e continuaremos traballando para impulsar iniciativas en beneficio do comercio e do tecido empresarial da comarca.

Seguide atentos/as ás nosas redes para coñecer todas as novidades e actividades que temos previstas para este ano!