Dende a Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, informan que no Diario Oficial de Galicia do 25 de setembro de 2023, ven de publicarse a Orde do 18 de setembro de 2023 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes de axudas para acción formativas de curta duración (Bonos Talento Empresa); Será ata o 3 de novembro de 2023 (incluído) para proxectos formativos que se desenvolvan exclusivamente en 2024.. Pódese consultar nesta ligazón:
Esta liña de axudas ten como obxectivo mellorar as capacidades das empresas e contribuír ao desenvolvemento profesional dos seus cadros de persoal. Achegamos na seguinte ligazón as bases reguladoras e convocatoria que foron publicadas no Diario Oficial de Galicia n.º 138 do pasado 20 de xullo de 2023:
Achegamos tamén máis información na seguinte ligazón: