Xornada informativa prácticas FP Restauración e Cociñas
🍽️ Xornada informativa para o sector da hostalaría
O vindeiro 6 de abril celebrarase unha xornada no Fórum Carballo dirixida a empresas e profesionais da hostalaría.
👉 O obxectivo é dar a coñecer en que consisten as prácticas do ciclo básico de FP de Restauración e Cociña, así como as vantaxes de acoller alumnado en prácticas.
👨🏫 A sesión será impartida por Miguel Silvarredonda, profesor do ciclo, quen explicará todos os detalles e o procedemento para participar.
📅 Data: 6 de abril
🕔 Hora: 17:00 h
📍 Lugar: Zona de Hostalaría, Fórum Carballo
👉 Inscricións: Preme aquí
Agardamos contar coa túa asistencia 🙂