AXOBER INFORMA A EMPRESARIOS DA COMARCA DAS AXUDAS PEL 2021 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

AXOBER INFORMA A EMPRESARIOS DA COMARCA DAS AXUDAS PEL 2021 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Programada para o próximo martes, 30 de marzo, unha xornada técnica que poderá seguirse online a través das redes sociais da Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños

 

A información permanente do empresariado e dos traballadores, xunto coa formación é unha das principais áreas de actuación da Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober) para contribuír a que as nosas empresas gañen en profesionalidade e competitividade. Ese obxectivo convértese nunha prioridade ante a profunda crise social, económica e laboral provocada pola COVID‐19, e por iso estamos a traballar nunha proposta de actividades específica que permita facer fronte á situación.

Entre as actividades que estamos a preparar incluímos unha xornada técnica, coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Carballo sobre as Axudas Pel 2021, promovidas pola Deputación da Coruña na que trataremos de que teñades todas as respostas para saber o funcionamento e mecanismo destas subvencións. A sesión celebrarase o próximo martes 30 de marzo a partir das 20:00 horas, e para facilitar a asistencia de todas as persoas interesadas será retransmitida en directo a través das canles de YouTube e das páxinas de Facebook de Axober.

En Axober queremos que todas as dúbidas teñan resposta, e por iso contaremos coa participación do Equipo Técnico Pel e tamén co Deputado Provincial Xosé Ramón Rioboo , Presidende da Comisión de Transición Ecolóxica, Emprego e Territorio Sostible

Durante a retransmisión poderás realizar as preguntas que consideres a través das redes
sociais, pero se prefires enviarnos antes as túas dúbidas podes facelo a través do correo
electrónico informacion@axober.org.