O pasado 11 de Decembro tivemos o pracer de participar na III Feira de Emprego 45+, organizada pola Cámara de Comercio da Coruña no Fórum Carballo. Este encontro dirixiuse a persoas de entre 45 e 65 anos en busca activa de emprego, ofrecéndolles a oportunidade de conectar con empresas de diversos sectores.
Desde Axober, cremos firmemente no valor que achegan os profesionais sénior: experiencia, compromiso e unha gran capacidade de adaptación. Por iso, non dubidamos en sumar o noso apoio a esta iniciativa, que reforza o talento e as oportunidades laborais na nosa comarca.
Agradecemos á Cámara de Comercio e ó Concello de Carballo a organización deste evento tan necesario para a nosa comunidade, e damos ánimo a todas as persoas participantes na súa procura de novas metas profesionais.