AXOBER REÚNESE CO ALCALDE DA LARACHA

  • Categoría da entrada:Novas
Neste momento estás a ver AXOBER REÚNESE CO ALCALDE DA LARACHA

O presidente de Axober, Diego Iglesias, acompañado pola vogal Lucía Graña e a administrativa Kely Villar, mantivo unha reunión co alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, e a concelleira de Promoción Económica, Rocío López.

Durante o encontro, presentouse o novo proxecto da nosa asociación e abordáronse temas clave para o futuro empresarial da comarca, como os retos das novas xeracións de emprendedores, a promoción do talento mozo e a mellora das condicións laborais.

O alcalde agradeceu a nosa iniciativa e reafirmou o compromiso do Concello coa creación dun entorno favorable para fomentar o emprendemento. Pola nosa parte, trasladamos propostas e iniciativas que reforcen a colaboración público-privada, fundamental para mellorar a competitividade das empresas e xerar emprego de calidade.

Con máis de 110 socios, Axober continúa traballando como ponte entre emprendedores, empresas e administracións. Recordámosche que, para as novas empresas, a cota é gratuíta o primeiro ano. Se queres unirte, visita www.axober.org.