AXOBER ÚNESE A CEC

  • Categoría da entrada:Novas
Neste momento estás a ver AXOBER ÚNESE A CEC

 

AXOBER únese como membro de pleno dereito á Confederación de Empresarios da Coruña.

Esta colaboración estratéxica permitirá que AXOBER e os seus asociados accedan a unha ampla variedade de vantaxes que reforzarán a competitividade e a capacidade de adaptación das empresas aos desafíos actuais. Entre os principais beneficios destacan: asesoramento laboral, fiscal e xurídico, participación en proxectos de maior alcance (inclusión en iniciativas e proxectos provinciais, autonómicos e nacionais promovidos pola CEC), representación e defensa de intereses, creación de sinerxías con outras asociacións …

Ademais, o noso presidente, Diego Iglesias, pasará a formar parte do Consello de Presidentes da CEC, o que nos permitirá seguir defendendo os intereses dos nosos asociados nun ámbito aínda máis amplo.