Beneficiarios
Pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas promotoras de iniciativas empresariais no ámbito da Coruña, e que con anterioridade á data de publicación da convocatoria destas axudas teñan unha actividade con ánimo de lucro e reúnan os seguintes requisitos:
- COMÚNS
Estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social, ou como mutualista de colexio profesional en caso de persoas físicas e no Rexistro mercantil en caso de persoas xurídicas.
- ESPECÍFICOS
– Ter o domicilio fiscal nalgún municipio da provincia da Coruña
– Ter unha antigüidade máxima de 5 anos de exercicio continuado na actividade empresarial para a que solicita a axuda, con anterioridade á publicación da convocatoria. (en caso de empresas cóntase desde a data de inscrición en rexistro público, en caso de sociedades civís desde a constitución da mesma)
- EXCLUSIÓNS
– Non poderán ser solicitantes destas axudas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado, carentes de personalidade xurídica propia. Tampouco poderán ser solicitantes da axuda as asociacións, os autónomos colaboradores e as corporacións de dereito público (Confrarías…)
– Novas empresas que cumprindo o requisto específico sexan transformacións doutras cuxa inscrición no Rexistro púbico teña antigüidade superior a 5 anos ou que sexa continuidade dunha actividade que veña desenvolvendo outra empresa ou persoa autónoma con antigüidade de máis de 5 anos.
Proxectos Subvencionables e Gastos Subvencionables
- Aplicacións informáticas: importe satisfeito pola propiedade ou polo dereito ao uso de programas informáticos adquiridos a terceiros.
- Maquinaria: Conxunto de máquinas ou bens de equipo mediante os cales se realiza a extracción ou elaboración dos produtos. Nesta conta figurarán todos aqueles elementos de transporte interno que se destinen ao traslado de persoal, animais, materiais e mercadorías dentro de factorías, talleres, etc. sen saír ao exterior.
- Mobiliario: Mobiliario, material e equipos de oficina, coa excepción dos que deban figurar na conta 217.
- Equipos para procesos de información: Computadores e demais conxuntos electrónicos.
Investimentos excluídos
– Instalacións, mantementos, portes, reparacións, obras, reformas, cubertas, carpas, alugueiros, rotulaciones, instalacións técnicas (climatización, iluminación, telefónicas..) páxina web, aloxamento, dominios, mantementos de aplicacións informáticas, subscricións anuais, canones, elementos de transporte, material funxible, artigos de decoración, televisores, sistemas de seguridade.
- Investimento mínimo: 3.500 €
- Investimento máximo: 25.000 €
Prazo de Realización da Actividade Subvencionable
- Desde o 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2021
Prazo de presentación de solicitudes
- Ata o 15 de abril de 2021 ás 14:00 horas
Prazo de xustificación
- 30 de abril de 2022
Contía Subvencionable
- 70 % cun máximo de axuda de 17.500 €