AXUDAS A PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA E A FORMACIÓN DE PERSOAS ASALIRADAS.

Neste momento estás a ver AXUDAS A PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA E A FORMACIÓN DE PERSOAS ASALIRADAS.

Beneficiarios:

As persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia, pola primeira, segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido. Non poderán ser beneficiarias: As persoas que desenvolvesen como persoas traballadoras autónomas a mesma ou similar actividade, nos tres meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova situación de alta na Seguridade Social. As sociedades civís nin as comunidades de bens, así como as persoas socias ou comuneiras que as integran nin as persoas autónomas colaboradoras.

PROGRAMA SUBVENCIONABLE:

  • BONO DE CONTRATACIÓN: Serán subvencionables ao amparo deste programa as contratacións que cumpran os seguintes requisitos:
  • Que as persoas contratadas sexan @desemplear conforme ao concepto definido no artigo 5.1 desta orde.
  • Que as contratacións se realicen dentro do período subvencionable, que comprende desde o 1 de outubro de 2022 ata o 29 de setembro de 2023, ambas as datas incluídas.
  • Que as contratacións teñan lugar con anterioridade ou no mesmo día da solicitude de axudas.
  • Que estean comunicadas ao Servizo Público de Emprego a través da aplicación Contrat@ A contratación deberá ser indefinida inicial (incluídos fixos descontinuos).
  • O período de actividade do contrato fixo descontinuo deberá ter unha duración mínima de 6 meses cada ano.
  • O contrato poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial. Neste último caso para ser subvencionable deberá ter unha xornada mínima do 50 % respecto da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada común máxima legal.
  • Subvenciónanse ao amparo desta orde a primeira, a segunda e a terceira contratación indefinida inicial que realice a persoa autónoma ou a persoa profesional:
  • Será subvencionable a primeira contratación indefinida inicial cando na data en que se formalice o contrato polo que se solicita a subvención non haxa outra persoa traballadora contratada cunha relación laboral indefinida nin se contratou con carácter indefinido, con anterioridade, a outra persoa traballadora, agás que este contrato indefinido extinguiuse por dimisión, morte, xubilación, incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez da persoa traballadora, ou por resolución durante o período de proba
  • Serán subvencionables a segunda e a terceira contratación indefinida inicial sempre que con anterioridade á formalización destes contratos non se realizaron dous ou máis contratacións indefinidas, agás que estes contratos indefinidos anteriores extinguíronse por dimisión, morte, xubilación, incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez da persoa traballadora, ou por resolución durante o período de proba.

BONO DE FORMACIÓN (opcional) As persoas autónomas ou profesionais que así o soliciten poderán ser beneficiarias dun bono para a formación das persoas traballadoras cuxos contratos se subvencionan por medio do bono de contratación previsto nesta orde. Para iso teñen que cumprir os seguintes requisitos:

  1. A persoa traballadora que recibe a formación e tutorización ten que ser a mesma cuxo contrato se subvenciona a través do bono de contratación e, por tanto, cumprir os mesmos requisitos que se establecen no bono de contratación.
  2. Acción formativa: formación que se impartirá, ben con medios propios da beneficiaria ou ben a través dunha entidade externa ou de persoas expertas, ao obxecto de que a persoa traballadora participante adquira coñecementos e habilidades en relación co posto de traballo que vaia a desenvolver na empresa participante no marco do programa.
  3. A duración da acción formativa será dun mínimo de 70 horas de formación teórica en contidos relacionados co posto de traballo a que asista integramente a persoa traballadora que participa neste programa.
  4. A acción formativa terá lugar dentro dos tres primeiros meses desde a data da solicitude e deberá estar finalizada o 29 de outubro de 2023.

Prazo de Presentación:

Desde o 04 de febreiro de 2023 ata o 29 de setembro de 2023

 

BASES REGULADORAS: https://bit.ly/40Fx43N