Entidades Beneficiarias e a súa financiación:
Para a liña 1:
As asociacións sindicais intersectoriales no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia constituídas ao amparo da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e as asociacións empresariais intersectoriales constituídas ao amparo da Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical.
Esta liña ten un orzamento total de 1.000.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 11.40.324A.481.1, código de proxecto 2015 00507, que se distribuirá da seguinte maneira: o 50 % para as asociacións empresariais intersectoriales e o 50 % restante para as organizacións sindicais intersectoriales.
Para a liña 2:
a) As asociacións empresariais galegas sectoriais constituídas ao amparo da Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical.
b) As organizacións sindicais con representatividade no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto de carácter sectorial como intersectorial.
c) As fundacións sectoriais paritarias para a promoción da prevención da seguridade e saúde laboral, nacidas da negociación colectiva ou de acordos sectoriais, con sede e actividade en Galicia.
d) Asociacións profesionais de persoas traballadoras autónomas rexistradas segundo o establecido no Decreto 406/2009, do 22 de outubro, que recollan expresamente nos seus estatutos que teñen entre os seus fins o fomento da prevención de riscos laborais.
Esta liña ten un orzamento de 655.103,00 euros con cargo á aplicación orzamentaria 11.40.324A.481.1, código de proxecto 2015 00507, que se distribuirá da seguinte maneira: o 50 % para as asociacións empresariais e asociacións profesionais de persoas traballadoras autónomas e o 50 % restante para as organizacións sindicais e fundacións sectoriais paritarias.
Entidades non beneficiarias:
a) Aquelas entidades nas que concorra algunha das circunstancias a que se refire o artigo 10, apartados 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) As administracións públicas, as sociedades públicas e as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.
c) As organizacións que se atopen integradas nunha entidade de ámbito federal ou confederal máis ampla, cando a federación ou confederación da que formen parte sexa tamén beneficiaria na mesma liña desta subvención.
d) No caso de que o solicitante sexa unha fundación ou outra entidade constituída por unha organización sindical ou asociación empresarial, substituirá a esta última para todos os efectos previstos nesta orde, non podendo concorrer na convocatoria as solicitudes da devandita fundación coas da organización sindical ou asociación empresarial da que formen parte, dándose prioridade, neste suposto, ás solicitudes presentadas por estas últimas.
Liñas e Actividades que se subvencionan:
– Liña 1. Formación e actividades de asesoramento e sensibilización en materia de prevención de riscos laborais de carácter intersectorial.
As axudas desta liña están destinadas á realización de accións formativas, á realización de estudos de carácter intersectorial e ás actividades de asesoramento e sensibilización en relación coa normativa de prevención de riscos laborais por parte dos gabinetes técnicos de seguridade e saúde laboral das entidades que resulten beneficiarias.
– Liña 2. Formación e outras actividades de fomento en materia de prevención de riscos laborais de carácter sectorial.
As axudas desta liña están destinadas a cursos de formación sectoriais, a xornadas de sensibilización de carácter sectorial, á realización de estudos de carácter tamén sectorial e a accións que permitan a elaboración de ferramentas e materiais innovadores relacionados co fomento da prevención de riscos laborais.
Todas as actividades subvencionadas deberán respectar na súa realización a transmisión dunha imaxe igualitaria, plural e non estereotipada das mulleres e dos homes, así como o emprego dunha linguaxe inclusiva, mediante o uso dunha linguaxe, mensaxes e contidos visuais que contribúan á transformación social, e afastados dos estereotipos sexistas configurados a partir dunha asignación de roles e valores diferenciados en función do sexo.
Requisitos dos proxectos:
- As entidades solicitantes poderán executar as actividades formativas obxecto da axuda en modalidade presencial, tee formación, aula virtual (que seguirá tendo a consideración de formación presencial) ou modalidade mixta.
- Esixirase un mínimo de 15 persoas asistentes ás actividades formativas, sectoriais e intersectoriales. En casos excepcionais, debidamente motivados, a Dirección Xeral de Relacións Laborais poderá autorizar a realización destas accións cun menor número de asistentes, en todo caso non menor de oito. Esta autorización será solicitada pola entidade beneficiaria a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
- O número máximo de cursos que poden ser realizados con menos de 15 participantes non poderá ser superior ao 15 % dos cursos que se considerasen subvencionables na resolución de concesión de cada entidade. No suposto de superarse esta porcentaxe, devanditos cursos non percibirán a subvención que lles correspondería.
- Durante a execución da actividade non se permitirá a ausencia de cada participante a máis dun 20 % do tempo total de duración desta. No caso de que a acción desenvolvésese por módulos, non se permitirán ausencias de máis dun 10 % en ningún dos módulos.
- Nas accións formativas impartidas na modalidade de tele formación, a porcentaxe necesaria de realización periódica que debe realizar o alumnado para que se considere que cumpre os requisitos de asistencia é dun 80 % dos controis periódicos de seguimento da súa aprendizaxe, con independencia das horas de conexión.
Prazo de presentación:
Dende o 30 de xaneiro de 2024 ata o 29 de febreiro de 2024.
Bases reguladoras: