A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación, ven de abrir a convocatoria do programa DeseñaPeme e InnovaPeme 2023.
Beneficiarios:
- Poderán ser beneficiarias destas axudas as microempresas, pequenas e medianas empresas, así como as entidades do terceiro sector de acción social, conforme as definicións contidas no artigo 2, validamente constituídas no momento da presentación da solicitude, con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que se solicita a axuda. As entidades do terceiro sector deben ter actividade económica e entrar dentro da categoría económica de peme indicada no punto 3 do artigo 2.
- As entidades beneficiarias das axudas deberán contar con capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para a execución da axuda que se lles conceda, cuxas condicións se determinarán no documento que establece as condicións da axuda (DECA), conforme o disposto no artigo 23 da presente resolución.
Excluídos:
- Para a liña 1: as pemes que xa resultasen beneficiarias dunha axuda no programa Deseña Peme do ano 2021 (Resolución do 28 de xuño de 2021, DOG núm. 125, do 2 de xullo) ou do ano 2022 (Resolución do 5 de abril de 2022, DOG núm. 76, do 21 de abril), e non presentasen renuncia expresa a esta con posterioridade á súa resolución de concesión.
- Para a liña 2: pemes que xa resultasen beneficiarias dunha axuda no programa Innovapeme do ano 2020 (Resolución do 15 de setembro de 2020, DOG núm. 196, do 20 de setembro), do ano 2021 (Resolución do 8 de outubro de 2021, DOG núm. 203, do 21 de outubro) ou do ano 2022 (Resolución do 4 de abril de 2022, DOG núm. 73, do 18 de abril), e non presentasen renuncia expresa a esta con posterioridade á súa resolución de concesión.
- As pemes en crise conforme a definición contida no artigo 2.3 desta convocatoria. A Axencia Galega de Innovación realizará as comprobacións necesarias para garantir que as empresas beneficiarias teñen a condición de peme, e que se cumpren as condicións establecidas no artigo 2.18 do Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño, da Comisión, para considerar a unha empresa en crise.
- As pemes nas cales concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, nin aquelas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
- Tampouco poderán obter a condición de beneficiarias as empresas que non cumpran os requisitos establecidos no artigo 13 da Lei xeral de subvencións. En particular, as entidades que incumpran os prazos de pagamento a que se refire o artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
- As asociacións, as fundacións e, en xeral, as entidades sen ánimo de lucro, a excepción das entidades do terceiro sector de acción social sinaladas no artigo 4 e de conformidade coa definición do artigo 2.
- As entidades e sociedades públicas con personalidade xurídica propia vinculadas ou dependentes das administracións públicas, así como aquelas pertencentes á Administración institucional, calquera que sexa a administración en que se integren.
- Calquera ente, organismo ou entidade con personalidade xurídica propia que se teñan creado especificamente para satisfacer necesidades de interese xeral que non teñan carácter industrial ou mercantil, sempre que un ou varios suxeitos pertencentes ao sector público financien maioritariamente a súa actividade, controlen a súa xestión, ou nomeen máis da metade dos membros do seu órgano de administración, dirección ou vixilancia, de acordo co establecido no artigo 3.1 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.
Proxectos Subvencionables:
– Plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade (liña 1-Deseñapeme), que comprenden aqueles procesos destinados á resolución de problemas e exploración de oportunidades, pode incluír innovacións non tecnolóxicas ou tecnolóxicas, e ten un alcance ou aplicación nos eidos de creación de novos produtos, deseño de produtos ou redeseño de existentes, deseño de servizos e experiencias a través dos servizos, e a estratexia de marca e posicionamiento desta. Así coma as actividades de apoio e asesoramento en materia de innovación que a complementan.
– Plans de innovación en procesos e organización (liña 2-Innovapeme), constituídos por un conxunto completo e coherente de actividades enfocadas a implementar melloras significativas nas funcións empresariais relacionadas coa produción, prestación e distribución de produtos, bens e servizos, así como nos métodos organizativos e prácticas comerciais empregadas pola empresa, e que permitan incrementar a capacidade innovadora dando lugar a diferenzas substanciais, non exclusivamente tecnolóxicas, coas prácticas anteriores.
Contía, intensidade das axudas e concorrencia:
1.As axudas concederanse en forma de subvencións. A contía máxima da axuda que pode ser concedida a cada beneficiario determinarase sobre o investimento total que se subvenciona e será conforme os límites de intensidade previstos nos artigos 28 e 29 do Regulamento (UE) núm. 651/2014 segundo a seguinte táboa:
Liña | Orzamento da actuación | Subvención | Intensidade |
Liña 1: Plan de deseño para a innovación e a sustentabilidade | De 50.000 € a 150.000 € | De 25.000 € ata 75.000 € | 50% |
Liña 2: Plan de innovación en procesos e organización | De 50.000 € a 150.000 € | De 25.000 € ata 75.000 € | 50% |
- As axudas concedidas pola Axencia Galega de Innovación ao abeiro desta convocatoria serán compatibles coa percepción doutras axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional, salvo que se superen as intensidades máximas de axuda establecidas no Regulamento (UE) núm. 651/2014 que se indican, teñen a consideración de intensidade máxima.
- Esta convocatoria establécese en réxime de concorrencia competitiva ata o esgotamento de crédito e conforme os criterios de avaliación establecidos nesta convocatoria.
Actividades que se subvencionan:
1.Cada solicitude poderá incluír unha ou ambas as dúas liñas da presente resolución. Cada liña recollerá actividades diferenciadas que estarán incluídas en plans:
De deseño para a innovación e a sustentabilidade (no caso da liña 1)
De innovación en procesos e organización (no caso da liña 2)
2.Unicamente se admitirá unha solicitude por empresa, grupo empresarial ou empresas vinculadas. Serán inadmitidas as segundas e sucesivas solicitudes, segundo a orde de entrada, de empresas vinculadas ou do mesmo grupo empresarial.
Características comúns dos plans:
a) Constituirán un conxunto completo e coherente de actividades para cada unha das liñas, incluídas nas respectivas memorias descritivas da solicitude, e permitirán implementar e/ou incrementar as capacidades innovadoras da empresa solicitante.
b) O orzamento subvencionable para cada plan será dun mínimo de 50.000 euros e dun máximo de 150.000 euros por plan. A presentación dun plan cun orzamento fóra do rango establecido será causa de inadmisión da solicitude de axuda.
c) A duración máxima de cada plan será ata o 30 de setembro de 2024; a presentación dun plan cunha duración fóra do rango establecido será causa de inadmisión da solicitude de axuda. Ademais, na liña 2, os plans deberán ter unha duración mínima de 12 meses.
d) As actividades que se subvencionan para cada unha das liñas serán (a modo indicativo, lístase un catálogo de actividades no anexo I):
1.No plan de deseño para a innovación e sustentabilidade (liña 1-Deseñapeme) deberán incluírse un conxunto de actividades e fases que permitan implementar ou incrementar as capacidades de deseño da empresa solicitante de conformidade co anexo VI, deste modo, poderán incluír actividades de entre as seguintes:
– Actividades de innovación en deseño, destinadas principalmente a corrixir deficiencias de mercado relacionadas con externalidades positivas (desbordamento do coñecemento), deficiencias de coordinación e, en menor medida, información asimétrica; estas actividades comprenderán os custos externos necesarios para a obtención, validación e defensa de patentes e outros activos inmateriais, e a adquisición de servizos de asesoramento e apoio á innovación.
– Tarefas relativas ao deseño de produto, incluíndo desde a súa concepción, o desenvolvemento de produtos e ata a súa preindustrialización, que se perciban no mercado como novos ou, no caso de redeseño dos xa existentes, que se aprecie unha mellora substancial. Os proxectos que se presenten nesta liña deberán expoñer o deseño ou redeseño dun só produto ou dunha soa gama concreta de produto.
– Tarefas relativas ao deseño de servizos e experiencias, novas ou que se perciban como novas, así como o redeseño das existentes para unha mellora substancial, para as cales se incluirán a análise previa, a estratexia, a conceptualización e o desenvolvemento destas.
– Tarefas relativas ao deseño de marca e identidade corporativa, que ten como obxectivo formular unha identidade corporativa das empresas e a súa interrelación cos produtos e servizos e o deseño como parte significativa destas. Incluiranse a análise, estratexia e conceptualización da dita marca, así como o seu deseño e desenvolvemento.
2.No plan de innovación en procesos e organización (liña 2-Innovapeme) poderanse incluír as seguintes tarefas que se detallan no anexo I:
– Actividades de innovación, destinadas principalmente a corrixir deficiencias de mercado relacionadas con externalidades positivas (desbordamento do coñecemento), deficiencias de coordinación e, en menor medida, información asimétrica; estas actividades comprenderán os custos externos necesarios para a obtención, validación e defensa de patentes e outros activos inmateriais, e a adquisición de servizos de asesoramento e apoio á innovación.
– Tarefas vencelladas á innovación en procesos, mediante aplicación de métodos de produción ou loxística, novos ou mellorados de xeito significativo (que inclúa cambios substanciais en canto ás condicións tecnolóxicas, equipamentos ou implementar novas solucións informáticas).
– Tarefas vencelladas á innovación en materias de organización, mediante a posta en funcionamento de novos métodos organizativos para a comercialización, a organización do centro e actividades do traballo ou as relacións exteriores da empresa.
Non se inclúen os cambios ou melloras de importancia menor, os aumentos das capacidades de produción ou servizo mediante a introdución de sistemas de fabricación ou loxística moi similares aos xa utilizados, os cambios baseados en métodos organizativos xa empregados na empresa, os cambios na estratexia de xestión, as fusións e adquisicións, o abandono dun proceso, a mera substitución ou ampliación de capital, os cambios exclusivamente derivados de variacións do prezo dos factores, a produción personalizada, a adaptación aos usos locais, os cambios periódicos de carácter estacional ou outros cambios cíclicos e o comercio de produtos novos ou mellorados de xeito significativo.
- Soamente se financiarán as actividades desenvolvidas na Comunidade Autónoma Galega.
- Será requisito indispensable para ser elixible o aliñamento do proxecto cos retos, prioridades e ámbitos de priorización da Estratexia de Especialización de Galicia (RIS3).
- De acordo co artigo 6 do Regulamento (UE) núm. 651/2014, considerarase que as axudas teñen un efecto incentivador. O comezo do plan terá como data mínima de inicio a data de solicitude, polo que calquera actividade ou investimento terá que ser executado con posterioridade á solicitude.
Custos directos que se subvencionan:
1) Custos de persoal, propio ou de nova contratación, rexeranse polo disposto no artigo 9 desta convocatoria.
2) Custos de adquisición de propiedade industrial: corresponden exclusivamente á adquisición de licenzas de propiedade industrial, que deberán ser adquiridas ou obtidas de fontes externas, sempre e cando a operación se realice en condicións de plena competencia e sen elemento ningún de colusión. Non se inclúen neste concepto as licenzas de software, que son en todo caso un custo de equipamento segundo o indicado no punto 8.
3) Custos de material, subministracións e produtos similares que deriven directamente do desenvolvemento do proxecto de deseño e que deberán estar especificados na memoria presentada na solicitude. Os custos de material de oficina e consumibles informáticos non se financiarán neste concepto. Este custo non poderá superar o límite do 20 % do custo total do plan.
4) Subcontratacións: aquelas actuacións contratadas con terceiros, que supoñan a execución dunha parte das actividades incluídas no plan que constitúe o obxecto da subvención. Rexeranse polo disposto no artigo 11 desta convocatoria. A subcontratación máxima será do 50 % do importe elixible do plan.
Na liña 1 relativa ao plan de deseño para a innovación e a sustentabilidade, as subcontratacións elixibles serán unicamente prestadas na dita materia por entidades provedoras de servizos de deseño, profesionais do deseño, estudos de deseño e empresas externas de servizos de consultoría especializadas nas disciplinas de deseño obxecto da convocatoria. O profesional ou equipo de profesionais colaboradores externos que presten o servizo deberán dispoñer dunha titulación ou recoñecemento no ámbito do deseño específico en que participen e contar cunha experiencia demostrable superior a 2 anos na prestación de servizos similares aos solicitados pola empresa. O orzamento subvencionable relativo ás subcontratacións estará comprendido nos seguintes rangos en función da disciplina do deseño que a empresa beneficiaria queira abordar:
Ámbito | Orzamento de subcontratación |
Deseño de produto | Mínimo de 30.000 € ata un máximo de 75.000 € |
Deseño de servizos/experiencias | Mínimo de 20.000 € ata un máximo de 60.000 € |
Deseño de marca e identidade corporativa | Mínimo de 10.000 € ata un máximo de 50.000 € |
5) Custos de obtención, validación e defensa de patentes e outros activos inmateriais, así coma a obtención de certificacións. No relativo a patentes, inclúese a xestión da tramitación de novas patentes, modelos de utilidade e os dereitos de propiedade intelectual tanto en España coma internacionalmente, excluíndo o mantemento ou ampliación das existentes. No relativo á obtención de certificacións, aceptaranse os custos de normas oficiais vinculadas aos obxectivos innovadores presentados na memoria técnica da solicitude, como, a modo indicativo, a especificación EA0047 «Requisitos para a consideración como pequena ou mediana empresa innovadora», EA0043 «Requisitos da xove empresa innovadora» e as incluídas na serie de Normas UNE 166000 dedicadas a apoiar a optimización da «Xestión da I+D+i» e outras certificacións específicas que se consideren axeitadas para o desenvolvemento da actividade empresarial innovadora dentro do plan.
6) Custos de servizos de asesoramento en materia de deseño e/ou innovación: consultoría, asistencia e capacitación nos ámbitos da transferencia de coñecemento, a adquisición, protección e explotación de activos inmateriais, e o uso de normas e regulamentos que os incorporan.
7) Custos de servizos de apoio en materia de innovación: accesos a bancos de datos, bibliotecas, estudo de investigación de mercados, laboratorios, etiquetaxe de calidade, ensaio e certificación, co fin de desenvolver produtos, procesos ou servizos máis eficaces.
8) Custos de equipamento e material instrumental inventariables, de nova adquisición e non adquirido con fondos ou axudas públicas, na medida en que se utilicen para as actividades do plan e segundo a súa correspondente amortización.
Se o equipamento e material non se utiliza exclusivamente para as actividades do plan, ou por exceder a súa vida útil a duración deste, só serán imputables os custos de amortización que correspondan ao período que se subvenciona, calculados sobre a base das boas prácticas contables e a táboa de coeficientes de amortización lineal da Axencia Tributaria (ou, na súa falta, de conformidade co anexo VIII). Para que este custo sexa considerado como gasto, deberá detallarse na solicitude o procedemento de cálculo seguido para calcular os custos de amortización tendo en conta o tempo concreto de imputación ás actividades da memoria presentada.
Cando polas súas características específicas, o equipamento ou material instrumental se dedica exclusivamente ás actividades do plan e a súa vida útil esgótase ao termo do período que se subvenciona, considerárase como gasto o custo de adquisición. Neste caso, deberase xustificar na solicitude esta condición e a vida útil deste equipamento.
A instalación do equipamento ou material instrumental, sempre e cando sexa estritamente necesaria para a súa posta en funcionamento, poderase incluír no custo amortizable.
Inclúense neste concepto de gasto as licenzas e renovacións de licenzas de software se son de uso específico para as actividades de I+D+i e non de uso xeral e son coherentes cos obxectivos presentados na memoria técnica.
Tamén se inclúen os activos necesarios para o prototipado ou validación de pilotos.
Neste apartado están excluídos os seguintes gastos:
- Instalacións de edificios e obra civil (electricidade, climatización, redes de telecomunicacións, etc.).
- Equipamento para espazos ou usos alleos ás actividades de I+D+i e deseño: zonas de administración ou xestión, salas de reunións, despachos, mobiliario de oficina.
- Investimentos no ámbito da fabricación dos produtos, así como a renovación de activos xa existentes na empresa.
- Melloras de aplicacións ou software xa existente ou a súa adaptación.
- Servizos de telecomunicacións ou de almacenamento ou hospedaxe da información.
- Arrendamento de equipos (hardware), redes ou sistemas físicos de tecnoloxías da información ou das comunicacións. 9) Consideraranse subvencionables os custos indirectos, que son aqueles que non están vinculados ou non poden vincularse directamente coa actividade subvencionada por ter carácter estrutural, pero resultan necesarios para a súa realización, nos cales se inclúen os gastos administrativos (tales como xestión administrativa e contable), gastos de supervisión e control de calidade, subministracións (tales como auga, electricidade, calefacción e teléfono), seguros, seguridade ou gastos de limpeza. O custo imputable por este concepto será o importe resultante de aplicar unha porcentaxe do 20 % aos custos directos do plan.
- 10) No suposto de que o importe do IVE non sexa recuperable, poderá ser considerado un gasto subvencionable. Neste caso, deberase presentar un certificado relativo á situación da entidade respecto ao IVE. 7. En ningún caso serán subvencionables as actuacións ou actividades habituais da empresa, nin a modificación ou adaptación de produtos ou servizos existentes, de procesos produtivos ou de procesos en materia de organización, que non supoñan unha innovación.
Os custos referidos previamente do punto 1 a 4 e 8 teñen a consideración de axudas á innovación en procesos e organización de conformidade co artigo 29 do Regulamento UE 651/2014, e os custos do punto 5, 6 e 7 teñen a consideración de axudas á innovación en favor das pemes de conformidade co artigo 28 do Regulamento UE 651/2014.
Custos que se exclúen:
- O cumprimento da normativa obrigatoria.
- A implantación de certificados de calidade, ambiente, boas prácticas e similares de tipo xeral e non relacionados coas accións de innovación presentadas na memoria técnica que se presentou na solicitude.
- As análises, ensaios ou caracterizacións habituais ou recorrentes non vinculados ás accións de innovación que figuran na memoria técnica que se presentou na solicitude.
- A formación de carácter xeral, técnica ou científica, aínda que sexa necesaria para a introdución dun novo produto, proceso ou servizo diferenciador.
* Os gastos de persoal que non teña relación laboral contractual coa entidade beneficiaria da subvención, salvo no caso dos autónomos societarios retribuídos a través de nónima.
* Os custos de persoal administrativo relacionados con tarefas de xestión do plan.
* Os custos de viaxes, as indemnizacións ou axudas de custos.
* Os custos de persoal directivo e de xerencia que realice labores de I+D+i no caso de medianas empresas e de pequenas empresas que non teñan a categoría de microempresas.
* Os pagamentos salariais xustificados mediante factura, en todo caso.ntrodución dun novo produto, proceso ou servizo diferenciador.
Prazo de presentación:
Dende o 13 de xullo ata o 14 de agosto de 2023
Bases reguladoras: