“AXUDAS DO PROGRAMA EMEGA PARA O FOMENTO DO EMPRENDEMENTO FEMENINO EN GALICIA”

Neste momento estás a ver “AXUDAS DO PROGRAMA EMEGA PARA O FOMENTO DO EMPRENDEMENTO FEMENINO EN GALICIA”

Beneficiarios:

  • Empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen o seu plan Actiba no periodo comprendido entre o 1 de agosto de 2022 e o 7 de agosto de 2023, e que cumplan os seguintes requisitos:
  1. Tratarse dunha empresa privada coa categoría de microempresa ou pequeña empresa válidamente constituida, baixo calquera forma xurídica.
  2. A actividade mercantil pode ser realizada por empresarias individuais, sociedades civís, comunidades de bens ou sociedades mercantís, incluídas as sociedades laboráis, as cooperativas de traballo asociado e as sociedades profesionais.

Nas empresas de tipo societario, a administración da empresa teñen que exercela mulleres e o capital social estar maioritariamente suscrito por mulleres, no caso de pequeñas empresas, e integramente subscrito por elas cando se trate de microempresas.

3. Ter domicilio social e fiscal, así como establecemento de producción ou comercial en Galicia.

4. Todas as promotoras das empresas beneficiarias das axudas, con idependencia do seu grado de participación no capital social da empresa, deben estar de alta no correspondente réximen da Seguridade Social ou en mutualidade do colexio profesional e estar viculadas laboralmente á empresa, desenvolvendo de forma habitual a súa actividade profesional nela. Os efectos deste programa, non se Terán en conta as autónomas colaboradoras.

5. Para os efectos deste programa, os postos de traballo por conta allea con contrato indefinido a tempo parcial só se Terán en conta cando a xornada de traballo non sea inferior o 50% da xornada ordinaria de traballo establecido legalmente ou no convenio colectivo que lle sea de aplicación. Asimismo, os postos de traballo por conta allea, con traballo indefinido para a realización de traballos de carácter fixo discontinuo só se Terán en conta cando a duración da actividade da traballadora non sea inferior a dez meses nun periodo de doce meses.

6. Ter iniciado a actividade económica e a actividade laboral nos términos esixidos para cada tipo de axuda.

7. A iniciativa ou proxecto empresarial debe ter viabilidade técnica, económica e financieira, o que deberá quedar reflectido no plan de negocio empresarial.

8. Non ter recibido axudas ó amparo do programa Emega nos anos 2020, 2021 e 2022.

Para ser beneficiarias, os requisitos e condición común e específicos de cada línea deberán cumplirse na data de finalización do plazo de presentación de solicitudes e manterse durante o período mínimo de permanencia da actividade e do mantenemento dos postos de traballo (dazaoito meses).

Tipos de liñas e contía das axudas:

A contía das axudas establécese en función da liña solicitada e do número de postos de traballo xerados ou mantidos para mulleres, por conta propia e por conta allea, de acordo co seguinte:

  1. Liña Emprende: Incentivos dende 10.000 € ata 22.000 €.
  2. Liña Activa: Incentivos dende 8.000 € ata 17.000 €.
  3. Liña ITEF: Incentivos dende 18.000 euros ata 42.000 €.
  4. Axuda complementaria concilia:
  • Concilia-promotoras: Incentivo de 3.000 €
  • Concilia-persoas traballadoras por conta allea: Incentivos dende 1.000 € ata 5.000 €.

Prazo de presentación:

Dende o 8 de xullo de 2023 ata o 7 de agosto de 2023

Bases reguladoras:

https://acortar.link/vPzaYv