“AXUDAS PARA A EXECUCIÓN DE ACCIÓNS DE PROMOCIÓN EXTERIOR DAS EMPRESAS GALEGAS (GALICIA EXPORTA EMPRESAS 2024) – IG622A”

Neste momento estás a ver “AXUDAS PARA A EXECUCIÓN DE ACCIÓNS DE PROMOCIÓN EXTERIOR DAS EMPRESAS GALEGAS (GALICIA EXPORTA EMPRESAS 2024) – IG622A”

Beneficiarios:

Poderán ser beneficiarias as empresas, incluídos os autónomos, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que cumpran coa definición de peme segundo o anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías).

b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia, e que conten no devandito centro con polo menos un traballador por conta allea, na data de publicación no DOG destas bases de axudas. Este último requisito non é aplicable ás empresas constituídas con menos de 42 meses de antigüidade na data de publicación das bases de axudas.

c) Que estean dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes do final do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.

d) Que estean ao corrente das súas obrigacións coa Facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

e) Que teñan capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

Non poderán ser beneficiarios:

a) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

b) As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigacións do artigo 11 da citada lei.

c) As agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade (excepto empresarios autónomos), que careza de personalidade xurídica propia, aínda que realice actividade empresarial.

d) As empresas que incumpran os prazos de pago previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros, cando os solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.

Esta circunstancia será acreditada por parte das sociedades que, de acordo con a normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, median che declaración responsable.

Para as sociedades que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada establécese a necesidade de acreditar o cumprimento dos prazos legais de pago mediante certificación, emitida por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que atenderá ao prazo efectivo dos pagos da empresa cliente con independencia de calquera financiamento para a cobranza anticipada da empresa provedora.

Proxectos e Gastos Subvencionables:

Os gastos clasifícanse en:

Custos directos: determinados con base no seu custo real, que se corresponden cos descritos nos apartados a), b), c) e d) seguintes:

a) Accións de difusión:

a) 1. Campañas de publicidade en prensa, revistas, radio, ou televisión, sempre que a súa difusión realícese no estranxeiro.

a) 2. Campañas ou insercións publicitarias en catálogos físicos ou dixitais e /o en páxinas web de importadores/distribuidores do estranxeiro.

Gastos subvencionables:

Só subvencionaranse os gastos de compra de espazos publicitarios e insercións nos medios citados anteriormente.

Non se subvencionarán gastos de deseño e elaboración dos anuncios, gastos de axencia nin outros semellantes, excepto os indicados neste apartado. As campañas deberán ser realizadas dentro do prazo de execución do proxecto.

a) 3. Elaboración de catálogos físicos ou virtuais para a súa difusión en mercados estranxeiros.

Gastos subvencionables:

Gastos de deseño, elaboración, edición, montaxe, produción, tradución e impresión de catálogos para difusión en mercados estranxeiros.

Quedan excluídos deste apartado os carteis, listas de prezos, manuais de instrucións, flyers, displays, roll up, ou outros elementos de similares características.

As accións de difusión recollidas no apartado a).3 só poderán ser subvencionadas cando estean vinculadas á execución, polo menos, dunha das accións recollidas nos apartados b) e c)1 e c)2 destas bases.

O límite máximo de gastos subvencionables para todas as accións de difusión é 20.000 € por solicitude.

b) Accións de promoción:

b) 1. Neste apartado inclúense:

– A participación como expositor en feiras comerciais de carácter internacional organizadas por terceiros (artigo 2.3).

– A participación como expositor noutros eventos expositivos de carácter internacional organizados por terceiros non vinculados á empresa solicitante nin empresarial nin comercialmente (artigo 2.4).

Non son subvencionables as visitas ás feiras ou aos eventos expositivos.

Gastos subvencionables (accións presenciais):

1º. Gastos de viaxe ao destino de celebración da feira ou evento expositivo.

Só son subvencionables os gastos de viaxe correspondentes a billetes de avión, tren e/o autobús, taxas, seguros de viaxe e comisión da axencia de viaxe.

Os límites destes gastos son os indicados no anexo III. O límite de ida será o correspondente ao traxecto máis longo entre a orixe e o destino (indicados nos xustificantes de gasto de avión, tren ou autobús) realizados polas persoas que viaxen.

2º. Aloxamento en destino final, en réxime de aloxamento e almorzo, na cidade de celebración da feira ou evento expositivo ou nos seus arredores, cun máximo de 5 noites. Polo menos, unha das noites debe coincidir coas datas de celebración da feira ou evento no que se participa.

No caso de accións en máis dun país poderanse engadir un máximo de 2 noites máis por país cun máximo total de 10 noites.

Os límites destes gastos son os indicados no anexo III.

Non son subvencionables os gastos de viaxe e aloxamento para feiras comerciais e eventos expositivos que teñan lugar na Comunidade Autónoma de Galicia.

Non se admiten noites in itinere durante as escalas da viaxe.

3º. Gastos de alugueiro de espazos e/o casetas, e servizos relacionados coa participación na feira ou evento, por exemplo: entradas, dereitos de inscrición, montaxe e desmonte de caseta, alugueiro de mobiliario e equipamento, alugueiro de equipos audiovisuais, participación en actividades paralelas organizadas no marco da feira; contratación de intérpretes, modelos ou de persoal de apoio.

Admítense como máximo 2 entradas por evento, cun importe máximo por entrada de 1.500 €.

Para ser elixibles, estes servizos deben estar facturados polo organizador da feira ou evento expositivo, ou polas súas empresas provedoras ou colaboradoras. Exceptúanse os gastos de montaxe e desmonte de caseta, que poderán ser facturados directamente por unha empresa provedora independente.

O límite máximo de gasto subvencionable por todos estes conceptos subvencionables é de 40.000 € por cada feira ou evento presencial no que se participe.

Gastos subvencionables (accións virtuais):

Subvencionaranse gastos de alugueiro de caseta virtual e dos servizos relacionados co alugueiro; gastos de intérpretes e cotas de participación en feiras e eventos expositivos virtuais (ata 4 persoas por empresa).

O límite máximo deste gasto: 1.500 € por evento.

b) 2. Visitas promocionais á sede da empresa en Galicia de clientes, segundo a definición recollida no artigo 2.5) das bases.

Gastos subvencionables:

Gastos de viaxe a Galicia das persoas das empresas visitantes, correspondentes a avión, tren e/o autobús, taxas de visado, seguros de viaxe e comisión da axencia de viaxe.

Gastos de aloxamento en Galicia e gastos de intérpretes.

Os límites de gastos por persoa para aloxamento e viaxe son os recolleitos no anexo III.

Os límites de gastos de intérpretes por visita son 1.200 €.

Gastos de desprazamento en Galicia mediante servizo contratado: autobús, minibús, taxi ou vehículo con condutor.

O límite de gasto subvencionable para este tipo de acción é de 5.000 € por persoa solicitante.

c) Accións de prospección en mercados internacionais:

c) 1. Axendas de reunións de carácter presencial.

Gastos subvencionables:

Gastos de servizos de consultoría. Non será subvencionable a simple elaboración da axenda se non se executa coas reunións correspondentes dentro do prazo de execución do proxecto.

O límite máximo deste gasto subvencionable é de 2.000 € por solicitude.

c) 2. Análise de competencia no estranxeiro: documento que inclúa a metodoloxía enfocada a descubrir novos mercados internacionais para a empresa e os seus produtos, a través do estudo da competencia nos devanditos mercados (por exemplo: análise de competidores, identificación de boas prácticas, benchmarking funcional ou similares).

Gastos subvencionables:

Gastos de servizos de consultoría.

O límite máximo deste gasto subvencionable é de 3.000 € por solicitude.

c) 3. Accións de seguimento de contactos ou de clientes xa existentes no estranxeiro para a consolidación do negocio e a implantación promocional en destino.

Gastos subvencionables:

1º. Gastos de servizos de consultoría.

O límite máximo deste gasto subvencionable é de 2.000 € por solicitude.

2º. Gastos de alugueiro de locais no estranxeiro con fins promocionais no mercado obxectivo durante o período de execución establecido na resolución de concesión. Nestes locais non se poderán realizar vendas directas.

O límite máximo de gasto subvencionable é de 14.500 € por solicitude.

En relación aos gastos de consultoría, as empresas que presten este tipo de servizos descritos neste apartado deberán estar dadas de alta na base de datos de axentes comerciais mediadores no exterior do Igape. Este requisito non se requirirá cando o servizo sexa prestado polas oficinas comerciais ou cámaras de España no estranxeiro, ou polas oficinas comerciais ou organismos públicos españois ou estranxeiros que presten este tipo de servizos.

d) Accións de operatividade da internacionalización:

Xestión de acordos comerciais internacionais, certificacións, homologacións e rexistros de marcas e patentes de produtos e servizos para o estranxeiro (inclúense os códigos fonte/códigos obxecto).

Gastos subvencionables:

Gastos de asistencia xurídica, técnica e servizos para a tradución de documentación. Inclúense como subvencionables os gastos das taxas específicas e inherentes aos servizos relacionados no parágrafo anterior sempre que estean relacionadas coa actividade subvencionada e sexan indispensables para a adecuada preparación ou execución da mesma. Taxas específicas e inherentes aos servizos de operatividade, sempre que estean relacionados e sexan indispensables.

O límite máximo de gasto subvencionable é de 14.500 € por solicitude.

Non se permiten renovacións de rexistros de marcas, certificacións ou patentes.

Custos indirectos: determinados mediante un método de custo simplificado consistente nun tipo fixo do 7 % dos custos directos subvencionables, de conformidade co establecido no apartado a) do artigo 54 do RDC e que se corresponde co descrito no apartado e) seguinte:

e) Custos indirectos do proxecto: serán aqueles custos distintos dos custos directos subvencionables, que non poden vincularse directamente á actividade subvencionada, pero resultan necesarios para a súa realización, nos que se inclúen os gastos administrativos (tales como xestión administrativa e contable), subministracións (comunicacións, auga, electricidade, calefacción, teléfono), seguros, mantemento ou limpeza.

O gasto mínimo subvencionable do proxecto, excluídos os custos indirectos, terá que alcanzar a cantidade de 3.200 euros (IVE excluído).

Prazo de presentación:

Dende o 4 de xaneiro de 2024, ata o 5 de febreiro de 2024 ata as 14:00 horas.

Bases reguladoras:

https://acortar.link/luk6Sx