Beneficiarios:
1- Poderán ser persoas beneficiarias da liña “Galicia Exporta empresas”; As empresas, incluídos os autónomos, que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que cumpran coa definición de peme.
b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia, e que conten no devandito centro con polo menos un traballador por conta allea, na data de publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) destas bases de axudas. Este último requisito non é aplicable ás empresas constituídas con menos de 42 meses de antigüidade na data de publicación das bases de axudas.
c) Que estean dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes do final do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.
d) Que estean ao día nas súas obrigas coa Facenda Pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.
2- Poderán ser beneficiarias da liña “Galicia Exporta Organismos Intermedios”:
a) Os organismos intermedios empresariais de Galicia. Este concepto inclúe as asociacións empresariais, confederacións empresariais (domiciliadas en Galicia), os consellos reguladores de denominacións de orixe protexidas, de indicacións xeográficas protexidas e de agricultura ecolóxica, clústeres empresariais (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliados en Galicia), que representen un colectivo de empresas galegas, así coma os centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica domiciliados en Galicia e que estean inscritos con anterioridade ao 31.12.2016 no rexistro establecido para o efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación (Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros, BOE núm. 20, do 23 de xaneiro de 2009).
Enténdese por clúster empresarial para os efectos destas bases, as agrupacións empresariais innovadoras que colaboren e desenvolvan plans de internacionalización en cooperación no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e que teñan creada unha entidade con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro, que xestione a agrupación clúster.
b) Consideraranse así mesmo beneficiarias as empresas, que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión e que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia, que participen directamente nas accións subvencionadas e ás que se lles imputará a axuda en minimis que lles corresponda segundo o gasto subvencionado. Cada peme participante deberá declarar o cumprimento dos requisitos de peme e as axudas de minimis solicitadas e/ou concedidas nos últimos tres exercicios fiscais.
Non poderán ser persoas bebeficiarias:
a) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.
b) As empresas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada lei.
c) As agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade (agás empresarios autónomos), que careza de personalidade xurídica propia, aínda que realice actividade empresarial.
d) As empresas que incumpran os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros, cando os solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.
Esta circunstancia acreditarase por parte das sociedades que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, de conformidade co previsto no artigo 26 do Regulamento desta lei.
Proxectos Subvencionables:
“Liña Galicia Exporta Empresas”
O gasto mínimo subvencionable do proxecto terá que alcanzar a cantidade de 3.200 euros (IVE excluído).
Os proxectos obxecto de apoio recollerán unha ou varias das seguintes actuacións/accións:
a) Accións de difusión:
a).1. Campañas de publicidade en prensa, revistas, radio, ou televisión, sempre que a súa difusión se realice no estranxeiro.
Gastos subvencionables:
Só se subvencionarán os gastos de compra de espazos publicitarios e insercións nos medios citados anteriormente.
Non se subvencionarán gastos de deseño e elaboración dos anuncios, gastos de axencia nin outros semellantes, agás os indicados neste punto. As campañas deberán ser realizadas dentro do prazo de execución do proxecto.
a).2. Elaboración de catálogos físicos e dixitais para a súa difusión en mercados estranxeiros.
Gastos subvencionables:
Gastos de deseño, elaboración, edición, montaxe, produción, tradución e impresión de catálogos en formato papel e dixital para difusión en mercados estranxeiros.
Quedan excluídos deste punto os carteis, listas de prezos, manuais de instrucións, flyers, displays, roll up, ou outros elementos de similares características.
As accións de difusión recollidas no punto a).2 só poderán ser subvencionadas cando estean vinculadas á execución, polo menos, dunha das accións recollidas no artigo 5.1.b).
b) Accións de promoción:
b).1. Nesta epígrafe inclúense:
– A participación como expositor en feiras comerciais de carácter internacional organizadas por terceiros, que se celebran no estranxeiro, así como as que teñen lugar en España sempre que estean incluídas no Calendario Oficial de Feiras Comerciais Internacionais aprobado pola Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para os ano 2023 publicadas no Boletín Oficial del Estado.
– A participación como expositor noutros eventos expositivos de carácter internacional e de duración limitada, organizados no estranxeiro por terceiros non vinculados á empresa solicitante nin empresarial nin comercialmente. Quedan incluídos nesta definición actuacións tales como: xornadas técnicas e demostracións, desfiles, participación en concursos ou certames, catas, degustacións, e outras de similar natureza. A presenza como expositor obedecerá a un obxectivo comercial preestablecido ou responderá a unha oportunidade de negocio previamente identificada, relacionadas directamente cos bens ou servizos que produce ou presta o beneficiario.
Gastos subvencionables:
1º. Gastos de viaxe ao destino de celebración da feira ou evento expositivo. Só son subvencionables os gastos de viaxe correspondentes a billetes de avión, tren e/ou autobús, taxas, seguros de viaxe e comisión da axencia de viaxe.
2º. Aloxamento en destino final, en réxime de aloxamento e almorzo, na cidade de celebración da feira ou evento expositivo ou nos seu arredores.
3º. Gastos de alugamento de espazos e/ou stand, e servizos relacionados coa participación na feira ou evento, por exemplo: dereitos de inscrición, montaxe e desmonte de stand, alugamento de mobiliario e equipamento, alugamento de equipos audiovisuais, participación en actividades paralelas organizadas no marco da feira; contratación de intérpretes, modelos ou de persoal de apoio.
Para ser elixibles, estes servizos deben estar facturados polo organizador da feira ou evento expositivo, ou polas súas empresas provedoras ou colaboradoras. Exceptúanse os gastos de montaxe e desmonte de stand, que poderán ser facturados directamente por unha empresa provedora independente.
Nestes gastos aplícase o método de custos simplificados baseado en sumas a tanto alzado.
Non son subvencionables as visitas ás feiras ou aos eventos expositivos.
b).2. Visitas promocionais á sede da empresa en Galicia: inclúe visitas presenciais de clientes, compradores, importadores, distribuidores, medios de comunicación ou outro tipo de prescriptores con sede no estranxeiro, co obxecto de dar a coñecer ao exterior as posibilidades da empresa e os seus produtos e/ou para sondar posibles fórmulas de cooperación internacional. As viaxes poderán realizarse tanto ás instalacións da empresa en Galicia, como ao lugar de emprazamento en Galicia dun proxecto que a empresa solicitante teña realizado ou estea realizando e que queira mostrar como modelo a clientes potenciais. Tamén poderán incluírse visitas a puntos estratéxicos en Galicia para a exportación da empresa (portos, aeroportos, centros loxísticos, organismos públicos, etc.).
Neste tipo de accións exíxese un mínimo de 2 empresas/prescriptores visitantes.
Gastos subvencionables:
1º. Gastos da viaxe a Galicia das persoas das empresas/prescriptores visitantes, correspondentes a avión, tren e/ou autobús, taxas de visado, seguros de viaxe e comisión da axencia de viaxe.
2º. Gastos de aloxamento en Galicia das persoas das empresas/prescriptores visitantes.
3º. Gastos de desprazamentos en Galicia mediante servizo contratado: autobús, minibús, taxi ou vehículo con condutor.
4º. Gastos de intérpretes.
“Liña Galicia Exporta Organismos Intermedios”
O gasto mínimo subvencionable do proxecto terá que alcanzar a cantidade de 3.000 euros (IVE excluído).
Existen dúas modalidades de participación nas accións:
Acción sectorial: acción promovida e desenvolta polo organismo intermedio representando a todo o sector ou a todas as empresas asociadas ao dito organismo. No caso de organismo multisectorial, a acción deberá representar polo menos a dúas empresas galegas do mesmo sector ou sectores complementarios con similares intereses en determinados mercados.
Acción grupal: acción promovida polo organismo intermedio pero realizada directamente polas pemes. Deberán participar ao menos dúas empresas asociadas ao organismo.O organismo pode acompañar ás ditas empresas, nese caso, os gastos en que incorra o persoal deste imputaranse ás pemes participantes na acción. O número máximo de empresas participantes nunha acción grupal será 20, independentemente de que o organismo acompañe a estas.
Os proxectos obxecto de apoio recollerán unha ou varias das seguintes actuacións/accións:
a) Accións de difusión:
a).1. Campañas conxuntas de publicidade en prensa, revistas, radio, televisión, internet, ou outros medios, incluídos os dixitais, sempre que a súa difusión se realice no estranxeiro.
Gastos subvencionables:
Só se subvencionarán os gastos de compra de espazos publicitarios e insercións nos medios citados anteriormente, así como os gastos correspondentes a campañas de posicionamento dixital. As campañas deberán ser realizadas dentro do prazo de execución do proxecto. Admítese unicamente unha acción deste tipo por solicitude, que poderá englobar diferentes campañas para mercados diferenciados.
a).2. Elaboración de material promocional conxunto.
Gastos subvencionables:
Gastos de asistencia externa en orixe ou destino para o deseño, elaboración, edición, montaxe, produción, tradución e impresión do material promocional. Quedan excluídos deste punto os carteis, listas de prezos, manuais de instrucións, flyers, displays, roll up, ou outros elementos de similares características.
Admítese unicamente unha acción deste tipo por solicitude, que poderá englobar diferente material promocional para mercados diferenciados.
b) Accións de promoción:
b).1. Nesta epígrafe inclúense:
– A participación como expositor en feiras comerciais de carácter internacional organizadas por terceiros que se celebran no estranxeiro, así como as que teñen lugar en España sempre que estean incluídas no Calendario Oficial de Feiras Comerciais Internacionais aprobado pola Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para o ano 2023 publicadas no Boletín Oficial del Estado.
– A participación como expositor noutros eventos expositivos de carácter internacional organizados no estranxeiro por terceiros non vinculados ao organismo nin ás empresas solicitantes nin empresarial nin comercialmente. Quedan incluídos nesta definición actuacións tales como: xornadas técnicas e demostracións, desfiles, participación en concursos ou certames, catas, degustacións, e outras de similar natureza.
Gastos subvencionables:
1º. Gastos de viaxe ao destino de celebración da feira ou evento expositivo ou da misión comercial. Só son subvencionables os gastos de viaxe correspondentes a billetes de avión, tren e/ou autobús, taxas, seguros de viaxe e comisión da axencia de viaxe.
2º. Aloxamento en destino final, en réxime de aloxamento e almorzo, na cidade de celebración da feira ou evento expositivo ou da misión comercial, ou nos seus arredores.
3º. Gastos de alugamento de espazos e/ou stand, e servizos relacionados coa participación na feira ou evento, por exemplo: dereitos de inscrición, montaxe e desmonte de stand, alugamento de mobiliario e equipamento, alugamento de equipos audiovisuais, participación en actividades paralelas organizadas no marco da feira; contratación de intérpretes, modelos ou de persoal de apoio.
Para ser elixibles, estes servizos deben estar facturados polo organizador da feira ou evento expositivo, ou polas súas empresas provedoras ou colaboradoras. Exceptúanse os gastos de montaxe e desmonte de stand, que poderán ser facturados directamente por unha empresa provedora independente.
– A participación en misións comerciais: inclúense tanto misións directas que se desenvolven por medio de visitas e encontros programados con empresas demandantes de bens e servizos, como as visitas conxuntas a feiras ou a outros eventos expositivos con carácter internacional.
Gastos subvencionables:
1º. Gastos de viaxe ao destino de celebración da feira ou evento expositivo ou da misión comercial.
Só son subvencionables os gastos de viaxe correspondentes a billetes de avión, tren e/ou autobús, taxas, seguros de viaxe e comisión da axencia de viaxe.
2º. Aloxamento en destino final, en réxime de aloxamento e almorzo, na cidade de celebración da feira ou evento expositivo ou da misión comercial, ou nos seus arredores.
b).2. Misións empresariais inversas: as misións comerciais que reúnen a clientes, compradores, importadores, distribuidores, medios de comunicación ou outro tipo de prescriptores con sede no estranxeiro, co fin de dar a coñecer o organismo intermedio e/ou varias das empresas asociadas ou representadas, e as súas instalacións, presentar os produtos galegos con posibilidades de ser exportados ao mercado de interese e establecer relacións comerciais e/ou sondar posibles fórmulas de cooperación.
As viaxes poderán realizarse tanto ás instalacións do organismo intermedio e/ou das empresas na Comunidade Autónoma de Galicia, como ao lugar/es de localización do/dos proxecto/s que o organismo solicitante e/ou varias das empresas asociadas realizase/n ou estea/n a realizar e que queira/n mostrar como modelo/s a clientes potenciais. Tamén poderán incluírse visitas a puntos estratéxicos en Galicia para a exportación (portos, aeroportos, centros loxísticos, organismos públicos, etc.).
Neste tipo de accións exíxese un mínimo de tres empresas/prescriptores visitantes.
Gastos subvencionables:
1º. Gastos da viaxe a Galicia das persoas das empresas/prescriptores visitantes, correspondentes a avión, tren e/ou autobús, taxas de visado, seguros de viaxe e comisión da axencia de viaxe.
2º. Gastos de aloxamento en Galicia das persoas das empresas/prescriptores visitantes.
3º. Gastos de desprazamentos en Galicia mediante servizo contratado: autobús, minibús, taxi ou vehículo con condutor.
4º. Gastos de alugamento de salóns e espazos.
5º. Gastos de intérpretes.
Non se entenderán incluídas como accións de promoción:
– As feiras ou eventos expositivos, de tipo virtual.
– Os mercados de época, os mercados festivos e os mercados artesáns.
– Aqueles espazos expositivos ou promocionais que se utilicen como puntos de venta.
– As xiras, festivais, concertos e outros eventos de similar natureza.
Quedan expresamente excluídos do ámbito de aplicación destas bases os seguintes conceptos:
a) Os custos de mailings.
b) Os convites.
c) Os custos de elaboración e posicionamento de páxinas web e redes sociais.
d) Os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación.
e) Folletos, material de papelería, tarxetas, sobres, carpetas, listas de prezos e calquera outro material que non estea dirixido estritamente a fins promocionais.
f) Produtos de merchandising e outros agasallos promocionais.
g) O alugamento de espazos expositivos ou promocionais que se utilicen como puntos de venda directa.
h) Aqueloutros que non estean directamente vinculados coa realización da acción subvencionable.
Prazo de presentación:
Dende o 24/10/2023 ás 08:00 horas, ata o 23/11/2023 ás 14:00 horas
Bases Reguladoras: