Beneficiarios
- Pequenas e medianas empresas (pemes) calquera que sexa a súa forma xurídica (inclúe autónomos) podendo acceder agrupacións de persoas físicas ou jurídias, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado e que cumpran as seguintes condicións:
- Que desenvolvan a súa actividade en Galicia polo menos nun centro de traballo dentro do sector de hostalería e restauración, nomeadamente, restaurantes, cafeterías, bares e salóns de banquetes.
- Que, tendo a condición de peme empreguen a menos de 50 traballadores
- Que estean dados de alta nalgún dos epígrafes de IAE que se relacionan no anexo I: 67 (671.1, 671.2, 671.3, 671.4, 671.5, 672.1, 672.2, 672.3, 673.1, 673.2, 675, 676, 677.9)
Proxectos Subvencionables
1. Instalación, reforma e adecuación das terrazas dos establecementos de hostalería e restauración, sitas en espazos públicos ou privados na CCAA de Galicia.
2. Adquisición de envasado e embalaxe para o servizo de consumo no domicilio
Terraza: instalación ao aire libre formada por mesas, cadeiras e outros elementos, sitas nos espazos lindeiros, ou non, a un establecemento de hostalería e restauración, en chan público ou privado, no que se desenvolve de forma complementaria a actividade propia do establecemento. En todo caso deberá ser un espazo non cuberto ou, no caso de estar cuberto, estar rodeado por un máximo de dous laterais.
Gastos Subvencionables
a. Instalación de cerramentos estables ou instalación de elementos desmontables e móbiles que sirvan de illamento, acoutado do perímetro ou protección, así como outros elementos móbiles que cumpran esta función nos laterais, cuberta e/ou chan, tales como toldos, biombos, cortaventos, parasoles e tarimas accesibles. Rotulación do nome do establecemento nos elementos fixos ou móbiles da terraza
b. Adecuación estética e mellora da imaxe e funcionalidade da terraza con criterios de homoxeneización estética e integración na súa contorna, mediante a renovación do mobiliario (mesas, cadeiras e xardineiras), instalación de sistemas de iluminación e de aparellos calefactores exteriores, así como actuacións de mellora da fachada exterior do local. Os aparellos calefactores exteriores deben ser eléctricos ou baseados noutras opcións que non impliquen combustibles fósiles e permitan dar o servizo con enerxía de fontes renovables.
c. A adquisición de elementos sostibles de envasado e embalaxe de comida e bebidas para o servizo de entrega a domicilio ou de recollida no propio establecemento. Todos os elementos do packaging deberán ser 100% biodegradables. No caso de ser de plástico deberán ser compostable cumprindo os requisitos da norma europea EN 13432:2000
OBRIGACIÓNS: manter os investimentos durante mínimo 3 anos desde a finalización do prazo de execución do proxecto.
Prazo de presentación de solicitudes
• Ata o 28 de febreiro de 2021 ou esgotamento de orzamento.
Prazo de execución de proxectos
• Desde o 1 de outubro de 2020 ata o 30 de outubro de 2021
Contía Subvencionable
• 80% do gasto subvencionable cun investimento mínimo de 1.500 € e o seguinte investimento máximo:
1. Para actuacións do apartado a) investimento máximo: 14.000 €
2. Para actuacións do apartado b) investimento máximo: 7.000 €
3. Para actuacións do apartado c) investimento máximo 4.000 €
Concédese un anticipo do 50% da axuda
Bases reguladoras