“AXUDAS PARA A INTERNACIONALIZACION DIXITAL DAS EMPRESAS GALEGAS (GALICIA EXPORTA DIXITAL 2024) – IG401D”

Neste momento estás a ver “AXUDAS PARA A INTERNACIONALIZACION DIXITAL DAS EMPRESAS GALEGAS (GALICIA EXPORTA DIXITAL 2024) – IG401D”

Beneficiarios:

Poderán ser beneficiarias as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) As pequenas e medianas empresas (pemes).

b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) As pemes deberán contar no devandito centro, polo menos, cun traballador por conta allea na data de publicación no DOG destas bases de axudas.

d) Que teñan un importe de facturación no último exercicio con obrigación de depósito de contas anuais no Rexistro Mercantil, ou de presentación da declaración da renda, como mínimo do dobre do proxecto presentado pola empresa na súa solicitude de axuda. Terase por cumprido este requisito cando exista unha achega por parte dos socios aos fondos propios da sociedade por un importe mínimo do dobre do orzamento do proxecto presentado realizada no ano natural anterior ao de presentación de solicitudes.

e) Que teñan capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

f) Que estean dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.

g) Que estean ao corrente nas súas obrigacións coa Facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

Non pododerán ser beneficiarios:

a) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, como consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

b) As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigacións do artigo 11 da citada lei.

c) As empresas que comercialicen produtos ou servizos incluídos nos conceptos subvencionables.

d) As empresas que incumpran os prazos de pago previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros, cando as persoas solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.

Proxectos Subvencionables:

Proxectos entre 12.000 € e 100.000 € para PYMES

Proxectos entre 14.000 € e 25.000 € para o sector de Producción Agraria

Proxectos entre 14.000 € e 40.000 € para o sector da Pesca

Conceptos Subvencionables:

A. CONSULTORÍA:

Serán subvencionables os gastos de consultoría destinados á elaboración dos seguintes servizos:

a.1) Asesoría xurídica e legal para a internacionalización dixital. Comprende aqueles gastos que se relacionen directamente coa operativa dixital internacional, como a adaptación ao Regulamento xeral de protección de datos e, en xeral, á operativa import-export no comercio electrónico.

Importe subvencionable máximo: 3.000 €.

B. APLICACIÓNS INFORMÁTICAS:

Englóbanse licenzas de programas, desenvolvementos a medida ou adaptacións e software de pago por uso.

b.1) Solucións tecnolóxicas PIM (Product Information Management) para crear, xestionar e conectar catálogos dixitais internacionais multiidioma.

Importe subvencionable máximo: 6.000 €.

b.2) Adquisición, programación a medida e integración de conectores entre plataformas e con sistemas de información (ERP).

Importe subvencionable máximo: 20.000 €.

b.3) Solucións de analítica e visualización de datos para elaborar cadros de mando con indicadores (KPI´s) para o seguimento e optimización das canles de venda e márketing en liña.

Importe subvencionable máximo: 20.000 €.

b.4) Solucións de intelixencia automatizada para a optimización da supply chain e do fullfillment, por exemplo, para a venda preditiva e o aprovisionamento.

Importe subvencionable máximo: 18.000 €.

b.5) Solucións tecnolóxicas que faciliten a operativa internacional como, por exemplo, a creación de suite de firma dixital, solucións de facturación electrónica internacional, solucións de xestión internacional de taxas ou outras solucións de similar natureza.

Importe subvencionable máximo: 18.000 €.

No caso dos importes de subscrición a software de pago por uso, o custo subvencionable será en todo caso o abonado por parte do solicitante durante o período de gasto subvencionable, co límite de cobertura dun ano, sempre dentro dos límites establecidos en cada apartado.

Cando algún dos elementos mencionados neste punto sexan activos intanxibles, serán acreditables segundo o que se indica no artigo 18.5.g) e cumpran as condicións do artigo 14.8 do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño).

C. OUTROS CONCEPTOS SUBVENCIONABLES:

c.1) Creación e adaptación de catálogos en liña para o márketing e as vendas en mercados electrónicos obxectivo, tanto B2B como B2C.

Importe subvencionable máximo: 4.000 €.

c.2) Creación e adaptación de aplicacións en liña a medida para o B2B en mercados electrónicos obxectivos.

Importe subvencionable máximo: 20.000 €.

c.3) Campañas de posicionamento SEM en directorios internacionais con buscadores e en plataformas, incluídos os gastos de axencia.

Importe subvencionable máximo: 12.000 €.

c.4) Solucións de inbound márketing internacional para lograr captar, reter, converter e fidelizar a usuarios de interese obxectivo do negocio en liña. Inclúe desde a compra das solucións tecnolóxicas (incluída a adquisición mediante pago polo uso), a súa integración, e tamén a súa xestión como servizo a vendedores en liña por parte das axencias.

Importe subvencionable máximo: 6.000 €.

c.5) Creación e adaptación de tendas en liña, tanto B2C como sistemas de comercio electrónico orientados da B2B.

Gasto subvencionable máximo: 12.000 €.

Cando algún dos elementos mencionados neste punto sexan activos intanxibles, serán acreditables segundo o que se indica no artigo 18.5.g), e cumpran as condicións do artigo 14.8 do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño).

D. COSTES INDIRECTOS DO PROXECTO:

Serán aqueles custos distintos dos custos directos subvencionables que non poden vincularse directamente á actividade subvencionada, pero resultan necesarios para a súa realización, nos que se inclúen os gastos administrativos (tales como xestión administrativa e contable), subministracións (comunicacións, auga, electricidade, calefacción, teléfono), seguros, mantemento ou limpeza. Estes custos fíxanse nun tipo fixo do 7 % sobre os custos directos subvencionables indicados nos apartados A), B) e C), ao amparo do disposto no artigo 54.a) do RDC.

Non se consideran subvencionables os gastos relativos á renovación de licenzas en ningún dos anteriores apartados.

Exclúese o equipamento TIC básico, tal como ordenadores de sobremesa, portátiles, teléfonos intelixentes, tablets e impresoras.

Prazo de presentación:

Ata as 14:00 horas do 4 de marzo ou agotamento do crédito.

Bases reguladoras:

https://acortar.link/eg2DIe