Beneficiarios:
Serán beneficiarias aquelas persoas que causen alta definitiva no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, entre o 30 de setembro de 2023 e o 29 de setembro de 2024, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, sempre que cumpran as seguintes condicións:
Para a liña 1:
a) Estar inscrita como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego, no momento do alta en vida laboral como persoa autónoma ou, no caso de mutualistas, mediante certificado da mutua, carecendo de ocupación efectiva segundo informe de vida laboral da Tesourería Xeral da Seguridade Social e atoparse en tal situación na data de inicio da actividade laboral.
b) Ter iniciada a actividade segundo definición do artigo 6.3 con anterioridade á presentación da solicitude da subvención, e non ter ningunha alta anterior como persoa traballadora autónoma nos tres anos inmediatamente anteriores ao 9 de xaneiro de 2024.
c) Atoparse de alta no imposto de actividades económicas.
d) Desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia (segundo o alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, modelo 036 ou 037).
e) Ter o domicilio fiscal en Galicia con anterioridade a solicitude da axuda.
Para a liña 2:
a) Ser persoa autónoma beneficiaria da cota reducida regulada no apartado 1 do artigo 38.ter da Lei 20/2007, do 11 de xullo, no momento de presentación da solicitude.
b) Estar inscrita como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego, no momento do alta en vida laboral como persoa autónoma ou, no caso de mutualistas, mediante certificado da mutua, carecendo de ocupación efectiva segundo informe de vida laboral da Tesourería Xeral da Seguridade Social e atoparse en tal situación na data de inicio da actividade laboral.
c) Ter iniciada a actividade segundo definición do artigo 6.3 con anterioridade á presentación da solicitude da subvención.
d) Atoparse de alta no imposto de actividades económicas.
e) Desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia (segundo o alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, modelo 036 ou 037).
f) Ter o domicilio fiscal en Galicia con anterioridade á solicitude da axuda.
As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarias das axudas deste programa, cando formen parte de comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal. Neste caso, a entidade deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención.
Non poderán ser beneficiarios:
Quedan excluídas deste programa as persoas socias de sociedades mercantís, sociedades laborais, os administradores e as persoas autónomas colaboradoras.
Liñas de axuda e contía da subvención:
Para a liña 1:
1) 2.000 € para persoas desempregadas en xeral.
2) 4.000 € para o caso de persoas desempregadas que se atopen nalgún dos seguintes colectivos, que non serán acumulables:
a) Persoas menores de 30 anos.
b) Persoas desempregadas de longa duración.
c) Persoas desempregadas con discapacidade ou en situación de dependencia.
d) Persoas desempregadas que se atopen en situación ou risco de exclusión social.
e) Persoas desempregadas que teñan a condición de emigrante retornada.
f) Persoas desempregadas que teñan a condición de estranxeira.
g) Persoas maiores de 52 anos.
3) A contía basee correspondente incrementarase nun 15 % nos seguintes casos:
a) Se a persoa incorporada é unha muller.
b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, de carecer deste)/deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural.
c) Persoas maiores de 45 anos (incremento non aplicable ao apartado g) do punto 2 deste artigo).
d) Persoas trans.
e) Profesións e oficios nos que a muller estea subrepresentada, segundo informe do Instituto Galego das Cualificacións que se reflicte na lista que figura no anexo III.
Estes cinco incrementos son acumulables e deste xeito a contía máxima posible, de aplicarse todos os incrementos, sería de 7.000 €.
4) Aplicarase a subvención polo colectivo e os incrementos indicados pola persoa solicitante. En caso de non exercer a opción, entenderase solicitada pola contía superior que quede acreditada coa documentación anexada coa solicitude. Se non queda acreditada a pertenza a ningún colectivo entenderase que solicita pola contía base mínima.
Para a liña 2:
Unha axuda para sufragar os gastos do mantemento da actividade por conta propia das persoas desempregadas que se inician como traballadoras autónomas, equivalente a contía da cota reducida regulada no apartado 1 do artigo 38.ter da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, multiplicada por 12, e sempre que se acollan á citada redución. O importe da devandita contía será o determinado polo Real decreto lei 13/2022, do 26 de xullo, polo establécese un novo sistema de cotización para os traballadores autónomos e mellórase a protección por cesamento de actividade.
Prazo de presentación:
Dende o 16 de xaneiro de 2024 ata o 29 de setembro de 2024.
Bases reguladoras: