Fórum Carballo, Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n, 15100 Carballo 981 756 313

AXUDAS PARA A TRANSFORMACIÓN DE FROTAS DE TRANSPORTE DE VIAXEIROS E MERCADORÍAS

Neste momento estás a ver AXUDAS PARA A TRANSFORMACIÓN DE FROTAS DE TRANSPORTE DE VIAXEIROS E MERCADORÍAS
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade – Xunta de Galicia, ven de publicar as axudas para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario.
No marco do plan, dentro deste investimento inclúense como actuacións subvencionables:
✅ O achatarramento de vehículos. Código de procedemento IF318B.
✅ A adquisición de vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono. Código de procedemento IF318C.
✅ O retrofit ou modificación da forma de propulsión de vehículos. Código de procedemento IF318D.
✅ A implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos. Código de procedemento IF318E
✅ A adquisición de semirremolques para autoestradas ferroviarias. Códigode procedemento IF318F.
📅 𝐏𝐫𝐚𝐳𝐨 𝐝𝐞 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐞𝐧𝐭𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐞 𝐬𝐨𝐥𝐢𝐜𝐢𝐭𝐮𝐝𝐞𝐬: Vixente ata o 30 de abril de 2024, fóra da actividade 4 cuxa vixencia finalizará o 31 de decembro de 2023.
𝐁𝐚𝐬𝐞𝐬 𝐫𝐞𝐠𝐮𝐥𝐚𝐝𝐨𝐫𝐚𝐬: https://bit.ly/3x2CI3y