AXUDAS PARA SUFRAGAR AS COTAS DA SEGURIDADE SOCIAL A AUTÓNOMOS – PEL- Autónom@ s)

  • Categoría da entrada:AXUDAS
Neste momento estás a ver AXUDAS PARA SUFRAGAR AS COTAS DA SEGURIDADE SOCIAL A AUTÓNOMOS – PEL- Autónom@ s)

Beneficiarios

Persoas autónomas promotoras de iniciativas empresariais que con anterioridade á data de publicación da convocatoria de axuda desenvolvan unha actividade con ánimo de lucro e reúnan os seguintes requisitos:

–  Estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social, ou como mutualista de colexio profesional cunha antigüidade ininterrompida máxima de 5 anos anteriores á data de publicación da convocatoria de axudas.

– Ter o domicilio fiscal nalgún municipio da provincia da Coruña.

– Ter unha antigüidade máxima de 5 anos de exercicio continuado na actividade empresarial para a que solicita a axuda, con anterioridade á publicación da convocatoria segundo información recollida no certificado de situación censual.

– Non estar a recibir ningunha axuda por parte de ningún organismo para sufragar as cotas sociais de autónomos para o período subvencionado.

Proxectos Subvencionables e Gastos Subvencionables

  • Parte do importe dos pagos realizados a Tesourería Xeral da Seguridade Social en concepto de cotas mensuais de autónomos correspondentes ás cotas non bonificadas por ningún outro organismo público nin privado.
  • Orzamento maximo subvencionable: 3.429 €

Prazo de Realización da Actividade Subvencionable

  • Desde o 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2021 Prazo de presentación de solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes

  • Ata o 15 de abril de 2021 ás 14:00 horas.

Prazo de xustificación

  • 30 de abril de 2022

Contía Subvencionable

  • 200 € mensuais durante doce meses como máximo correspondentes aos meses do ano 2021

Bases reguladoras