AXUDAS PROGRAMA BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS

  • Categoría da entrada:AXUDAS / Novas
Neste momento estás a ver AXUDAS PROGRAMA BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS

Beneficiarios:

  1. Persoas traballadoras autónomas que estean dadas de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidades de colexio profesional:
  • Que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade profesional de maneira ininterrompida á data de solicitude de axuda de máis de 42 meses:
  • Que teñan un rendemento neto reducido na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 € e unha facturación mínima de 12.000 €, IVE/IVE incluído no ano 2020.
  1. Sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:
  • Ter unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data de solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses
  • Ter a empresa unha facturación mínima anual de 12.000 €, IVE/IVE incluído no ano 2020.
  • Que a empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración referida ao ano 2019 realizada inferior a 30.000 euros (segundo a casa 552 do imposto do sociedades). No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas, este importe de 30.000 euros referirase ao rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declaradas no IRPF da suma de todos os membros da sociedade ou comunidade de bens.

EXCLUSIÓNS:

  • As persoas que cobrasen esta axuda nalgunha das convocatorias anteriores.

Proxectos subvencionables

LIÑA I.MELLORA DA COMPETITIVIDADE A TRAVÉS DOS  SEGUINTES SERVIZOS:

* Investigación de mercado

* Plan de márketing

* Plan de comunicación do negocio

* Plan estratéxico do negocio

* Plan de crecemento: constitución sociedade

* Plan de reorientación do negocio

* Plan de transformación dixital.

* Plan de refinanciamiento

* Ademais admítense outros estudos e plans que teñan como fin aumentar a competitividade da empresa.

* O cofinanciamento privado dos servizos contratados con Igape a través do programa Re- Acciona na súa convocatoria 2021.

LIÑA II. MELLORA DA COMPETITIVIDADE A TRAVÉS DOS SEGUINTES INVESTIMENTOS:

* Compra de maquinaria

* Compra de útiles e ferramentas

* Reforma de local de negocio, a condición de que non sexa o seu domicilio habitual excepto no caso de que quede acreditado que sexa imprescindible para o desenvolvemento da actividade do negocio.

* Equipos informáticos: tablets, computadores de sobremesa e portátiles

* Rótulos

* Aplicacións informáticas e páxinas web

* Creación de logotipo de negocio

* Mobiliario

As liñas I e II non son excluíntes nin entre elas nin entre os distintos servizos e investimentos que as configuran. En caso de solicitar axuda para ambas as liñas, atenderase primeiro á liña I e despois á liña II co límite de 3.000 € para o conxunto de actividades.

Contía da axuda 80% cun máximo de 3.000 € polo conxunto de actividades subvencionables.

Prazo de Presentación

  • Desde o 13 de xullo de 2021 ata o 12 de agosto de 2021.

Prazo de Execución

  •  Desde o 01 de xaneiro de 2021 ata o 31 de decembro de 2021.

Concurrencia no competitiva (por orden de entrada)

BASES REGULADORAS