Berocasión celebra unha edición de primavera co formato de portas abertas como medida de prevención fronte á COVID-19
Os 11 establecementos participantes estarán abertos do venres 23 ao domingo 25 en horario de mañá e tarde.
A COVID-19 obrigou o ano pasado a modificar o formato de Berocasión, que se transformou nunha fin de semana de portas abertas nos establecementos participantes para evitar a concentración de público na zona do Rego da Balsa. A boa aceptación que tivo a iniciativa anímanos non só a repetir o formato, senón tamén a organizar unha edición especial de primavera que se celebrará do 23 ao 25 deste mes grazas á colaboración do sector, Axober e o Concello de Carballo.
Como medida de prevención fronte ao coronavirus, Berocasión non terá un único escenario senón 11: Antamotor-Nissan, Automóviles Juan Lema, Baleato Motor-Renault-Dacia, Bercauto-Fiat-Alfa Romeo-Jeep, Corgal Automóviles-KIA, Dimolk-Peugeot, Garvi Automóviles, JGCAR, Rebalcars, V-Car-Hyundai e Vilas Rama-Citroën.
Nas súas exposicións atoparemos vehículos de Km.0, seminovos, industriais, mixtos, de ocasión, nacionais, de importación… En definitiva, unha ampla selección de todo o que ofrece o mercado da automoción nestes momentos, con importantes descontos e con condicións especiais de financiación. Todas as vantaxes de Berocasión, pero nos propios locais dos 11 participantes, que estarán abertos dende o venres 23 ata o domingo 25 en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.