BONO ACTIVA COMERCIO

Neste momento estás a ver BONO ACTIVA COMERCIO
Hoxe publicáronse no DOG bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do
Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio.
A través deste programa da Xunta de Galicia ofrécense 30 euros de desconto no comercio de proximidade para cumprir co obxectivo de chegar a máis de 160.000 persoas.
?Toma nota das datas:
➡Descarga e utilización dos bonos: Do 24 de outubro ao 31 de decembro
➡ Prazo de adhesión de comercios: Do 13 de outubro ao 30 de novembro
Bases reguladoras: https://bit.ly/3Tamltz
As empresas asociadas  que teñan interese en participar nesta campaña poden solicitar información en Axober a través do teléfono 981 75 63 13 ou do correo electrónico informacion@axober.org