“BONOS ACTIVA COMERCIO”

  • Categoría da entrada:AXUDAS / Novas
Neste momento estás a ver “BONOS ACTIVA COMERCIO”

Xa están publicadas no DOG, dende o 29 de setembro as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio.

Cada bono terá a consideración de bono desconto por un valor de ata 30 € para as compras realizadas nos comercios adheridos.

Poderase usar cada bono ata o seu esgotamento ou, de ser o caso, ata o esgotamento do crédito dispoñible no programa.

O importe do bono irase reducindo en función do valor da compra realizada de acordo cos seguintes criterios:

– Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 20 € e inferiores a 30 €.

– Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €.

– Desconto de 15 € en compras iguais ou superiores a 50 €.

Todas estas contías enténdense co IVE incluído.

  • Toma nota das datas:

Prazo de adhesión de comercios: Dende o 30 de setembro ata o 15 de decembro

Descarga e utilización dos bonos: Dende o 9 de outubro ata o 31 de decembro

 

Bases reguladoras: https://acortar.link/awK553

Para máis info: https://acortar.link/ELviDF