Cea Anual de Axober 2025

  • Categoría da entrada:Eventos / Novas
Neste momento estás a ver Cea Anual de Axober 2025

O vindeiro 31 de outubro ás 21:00 h, no Pazo de Villar de Francos, Axober celebrará a súa Cea Anual 2025, un dos encontros máis especiais para a asociación e para o tecido empresarial da comarca de Bergantiños.

Trátase dunha cita moi importante para nós, que retomamos despois de varios anos sen poder realizala, e que quere ser un momento de reencontro, celebración e posta en común do camiño percorrido entre todas as empresas que formamos parte de Axober.

A cea contará con espazos para a convivencia, música e un ambiente festivo no que compartir experiencias e fortalecer lazos entre os empresarios da comarca.

👉 Data: 31 de outubro ás 21:00 h
👉 Lugar: Pazo de Villar de Francos
👉 Prezo: 60 €

⚠️ Prazas limitadas: é preciso confirmar asistencia antes do 24 de outubro a través do seguinte enlace  https://forms.office.com/e/9aEyGKzvMt

Unha noite para reencontrarnos, compartir e celebrar xuntos.
Contamos contigo!