CHARLA: Falemos sobre a xestión do tempo

  • Categoría da entrada:Formación
Neste momento estás a ver CHARLA: Falemos sobre a xestión do tempo

Dende Axober, seguimos impulsando actividades formativas para os nosos socios e a comunidade en xeral. Nesta ocasión, convidámosvos a unha charla que aborda un dos maiores retos no ámbito laboral: a xestión efectiva do tempo.

Detalles do evento:

  • Data: Xoves, 14 de novembro
  • Hora: 20:00 h
  • Lugar: Fórum Carballo

Poñente: Renata González, Project Manager en Inizio Engage, achegará a súa experiencia e ofrecerá unha perspectiva práctica e útil sobre como optimizar a xestión do tempo no entorno empresarial. Renata abordará estratexias para mellorar a produtividade, reducir o estrés e organizar o tempo de xeito máis eficiente.

A charla está orientada a empresarios, profesionais, emprendedores e a todas aquelas persoas interesadas en perfeccionar as súas habilidades de organización e eficiencia no traballo.

Inscrición: pincha aquí

Non perdas esta oportunidade de aprender e mellorar a xestión do teu tempo!