Beneficiarios:
Poderán ser beneficiarias dos incentivos as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas que contraten persoas mozas traballadoras por conta allea, para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galiciaa, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nos artigos 6, 7 e 8 desta orde.
Tamén poden ser beneficiarios os centros especiais de emprego e as empresas de inserción laboral, excepto para subscribir contratos con persoas con discapacidade e contratos con persoas en situación ou risco de exclusión social, respectivamente.
Serán subvencionables as contratacións por conta allea de persoas mozas mediante a subscrición de contratos indefinidos, contratos de formación en alternancia ou de contratos para a obtención da práctica profesional, tanto as novas contratacións, como as contratacións realizadas con anterioridade á notificación da concesión da axuda, e ata os seis meses inmediatamente anteriores á data de publicación desta orde, sempre que a formalización do contrato se realizase no ano en curso e se cumpran todos requisitos recollidos nesta orde.
Os contratos terán unha duración mínima de 9 meses e deberán ser a xornada completa.
Requisitos:
Poderán ser persoas destinatarias finais destas axudas aquelas persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos no momento da selección e da contratación:
a) Que teñan feito os 16 anos e non superen a idade máxima que estableza a normativa vixente do Sistema nacional de garantía xuvenil, de conformidade co artigo 97.c) da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia.
b) Que estean desempregadas, e inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego en ocupacións relacionadas coas ofertas de emprego que se presenten ao abeiro desta orde.
c) Que estean inscritas en situación de beneficiarias no ficheiro do SNGX no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 90.1.a) da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia.
Contía das axudas:
A axuda consistirá nun incentivo único de 9.000 € por cada persoa moza contratada, ben con carácter indefinido ou ben cunha duración mínima de 9 meses para os casos de contratos de formación en alternancia e para a obtención da práctica profesional, e en todos os casos cunha xornada a tempo completo.
Prazo de presentación:
Ata o 31 de xullo de 2023
Bases reguladoras: