Construíndo o Futuro: Empresas e Formación

  • Categoría da entrada:Novas
Neste momento estás a ver Construíndo o Futuro: Empresas e Formación

Desde Axober lanzamos “Construíndo o Futuro: Empresas e Formación”, unha iniciativa que busca conectar ás empresas locais co estudantado da comarca, ofrecéndolles unha visión real do mercado laboral e das oportunidades profesionais preto de casa.

O obxectivo principal deste proxecto é amosar a diversidade do tecido empresarial da zona, achegando aos mozos e mozas unha experiencia directa en empresas de diferentes sectores. A iniciativa inclúe visitas organizadas, onde grupos de estudantes percorrerán as instalacións das empresas participantes, escoitarán explicacións sobre o seu funcionamento e poderán formular preguntas para resolver dúbidas sobre as saídas profesionais.

“Queremos que a mocidade coñeza as opcións de emprego que existen na súa propia contorna e que as empresas locais sexan vistas como un referente profesional”.

As empresas interesadas en participar poden poñerse en contacto con Axober para coordinar as visitas, contribuíndo así á formación e orientación laboral do futuro talento da comarca.