“CONVOCATORIA DE AXUDA NO MARCO DE APOIO AO ACCESO AO CRÉDITO DAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA”

Neste momento estás a ver “CONVOCATORIA DE AXUDA NO MARCO DE APOIO AO ACCESO AO CRÉDITO DAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA”

Beneficiarios:

  1. Poderán ser persoal beneficiarias das axudas reguladas nestas bases as pequenas e medianas empresas, que teñan o seu domicilio fiscal e desenvolvan a súa actividade económica en Galicia e cumpran os requisitos e condicións establecidas para a correspondente liña de financiamento.
  2. As pequenas e medianas empresas poderán ser persoas físicas ou xurídicas. Tamén poderán ter a condición de persoas beneficiarias as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, as sociedades civís, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, cumpran cos requisitos do anterior número 1.

Serán excluídas as seguintes actividades:

  1. A fabricación de armamento, armas e municións, as instalacións ou infraestruturas militares ou policiais e o material ou infraestruturas destinados a limitar os dereitos individuais ou a liberdade das persoas.
  2. Os xogos de azar coas instalacións conexas.
  3. A produción, transformación ou distribución de tabaco.
  4. As actividades cuxo impacto sobre o ambiente só pode ser atenuado ou compensado en moi escasa medida.
  5. As actividades que poidan ser controvertidas por razóns de orde moral ou ética.
  6. As actividades cuxo único propósito sexa a promoción inmobiliaria.

Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias:

As empresas suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea. Ou as empresas inmersas nun procedemento de insolvencia, ou que reúnan os requisitos para someterse a un procedemento de quebra ou insolvencia por petición dos seus acredores.

O obxecto desta axuda é facilitar para as pemes galegas:

a) Préstamos avalados para o crecemento das pemes, co obxecto de favorecer, mediante reavais, o acceso a préstamos a longo prazo para financiar investimentos produtivos e/ou circulante estrutural por parte das pemes galegas, e dando a posibilidade de aplicar os fondos, total ou parcialmente, ao pagamento e/ou reestruturación de débedas con entidades financeiras.

b) Garantías ante terceiros vinculadas a operacións de tráfico ou avais técnicos, co obxecto de favorecer a capacidade das pemes para outorgar garantías fronte a terceiros, para garantir o cumprimento de contratos, tráfico comercial ou avais técnicos.

En ambas as modalidades, o apoio do Igape consiste nunha bonificación da comisión do aval e, se é o caso, do tipo de xuro, e a posibilidade, en aplicación da normativa vixente de avais do Igape, de reaval de, como máximo, o 25 % do risco asumido polas SGR, que facilite o acceso ao crédito.

Requisitos específicos da persoa beneficiaria:

Deberá formalizar ou formalizado xa un préstamo a longo prazo a avalar no que un mínimo do 40% do seu principal será aplicado a financiar inversión productivas e/ou capital corrente. Enténdese por inversión produtivas, a adquisición e/ou construcción de bens tanxibles cuio uso previsto pola persoa beneficiaria sexa a producción ou suministro de bens ou servicios, ou para fins administrativos, referidos a calquer inmovilizado material necesario para o desenvolvemento da actividade.

 

  • Un máximo do 60% poderá ser aplicado a cancelación de deudas con entidades financieiras non avaladas pola SGR que conceda a operación, sempre e cando se corresponda co pago de cotas de préstamos e leasing, así como ó pago de saldos dispostos de pólizas de crédito, sempre que estas incrementen a súa dispoñibilidade e se manteñan abertas ata o seu vencemento.
  • Os préstamos tamén poderán destinarse á cancelación ou reestructuración de deudas bancarias avaladas pola SGR que conceda a operación.

Prazo de presentación:

Dende o 12 de maio de 2023 ata o 29 de setembro de 2023

Bases Reguladoras:

https://acortar.link/G4sfR4