“CONVOCATORIA DE PROGRAMA INVESTIGO, DE CONTRATACIÓN DE PERSOAS MOZAS DEMANDANTES DE EMPREGO OU NA REALIZACIÓN DE INICIATIVAS DE INVESTIGACIÓN E INNOVACIÓN NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA -TR349V-”

  • Categoría da entrada:AXUDAS / Novas
Neste momento estás a ver “CONVOCATORIA DE PROGRAMA INVESTIGO, DE CONTRATACIÓN DE PERSOAS MOZAS DEMANDANTES DE EMPREGO OU NA REALIZACIÓN DE INICIATIVAS DE INVESTIGACIÓN E INNOVACIÓN NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA -TR349V-”

Poderán ter a condición de entidades beneficiarias da subvención as empresas pertencentes ao sector privado radicadas en Galicia que estean a investir na realización de iniciativas de investigación e innovación, incluídas as empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica atendendo ao previsto no Decreto 56/2007, do 15 de marzo, polo que se establece un programa de apoio ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT)

Non poderán obter a condición de entidades beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde as entidades e centros que estean incursas nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Contratación de persoas mozas, de 16 ou máis anos e que non cumprisen os 30 anos no momento de comezar a relación contractual, por parte de empresas que estean a investir en investigación e innovación na realización de iniciativas de investigación e innovación.

  • As actividades obxecto das axudas enmarcadas nesta orde serán desenvoltas polas persoas capacitadas para levar a cabo proxectos de investigación en calidade de investigadoras, tecnólogas, persoal técnico e outros perfís profesionais en I+D+i, facilitando a súa inserción laboral para contribuír a incrementar a competitividade da investigación e a innovación.
  • As iniciativas de innovación e investigación e as dos departamentos de I+D+i desenvolveranse preferentemente en ocupacións referidas a transición ecolóxica, a economía verde (enerxías renovables, eficiencia enerxética, tratamento de augas e de residuos e industria agroalimentaria), dixitalización de servizos, enxeñería de datos e data science, así como outras tarefas encadradas no marco da Estratexia de especialización intelixente RIS3 2021-2027. Con este programa revértese na sociedade a alta formación deste persoal. Ademais, as iniciativas poderán desenvolverse en ocupacións referidas a sanidade e investigación.
  • A modalidade contractual a utilizar será, preferentemente, o contrato indefinido. Quedan excluídos os contratos fijosdiscontinuos e os contratos formativos.
  • O período subvencionado será de 12 meses. A xornada de traballo será a tempo completo.
  • O número máximo de contratos que se van a subvencionar e, por tanto solicitar, establécese en 5.
  • As persoas que se contratarán deberán ser persoas mozas de 16 ou máis anos e que non cumprisen os 30 anos e que se atopen desempregadas e rexistradas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia no momento de comezar a relación contractual. Ademais, deberán cumprir os requisitos esixidos para a modalidade de contrato que se formalice, axustándose ás circunstancias concretas de cada iniciativa, acorde coa lexislación vixente. Estes requisitos deberanse cumprir ao comezo da súa participación no programa.
  • Maior adecuación entre a formación académica da persoa nova en relación co programa de investigación que se desexa levar a cabo.
  • Dispoñer de estudos específicos relacionados coa materia para desenvolver, tales como másteres, graos ou/e calquera que, estando homologados polo ministerio competente en materia de educación ou/e universidades, outórguelles maiores capacidades e competencias para levar a cabo o programa de investigación.
  • A valoración curricular e das persoas candidatas deberá realizarse mediante o uso de currículo cego, garantindo o principio de non discriminación por ningunha razón.
  • Non se poderán contratar persoas mozas que desempeñasen nos 6 meses inmediatamente anteriores á data da solicitude desta axuda calquera tipo de posto na mesma empresa ou grupo de empresas.
  • Tampouco se poderán contratar ao amparo desta convocatoria de axudas as persoas mozas cuxos contratos foron subvencionados ao amparo do Programa Investigo nas convocatorias dos anos 2022 e 2023.

Dende o 07 de febreiro de 2024, ata o 06 de marzo de 2024.

https://acortar.link/a3s58e