Aberta a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 da medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2023 e 2024 cofinanciadas co FEADER (procedemento MR701D).
????????? ???????????????
Proxectos de natureza produtiva que supoñan a realización dunha actividade económica con fins lucrativos e tamén proxectos de natureza non produtiva, consistentes na realización dunha actividade que sexa de interese público ou colectivo. A concesión das axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva a través de cada GDR.
Os interesados teñen de prazo ata o vindeiro 31 de xaneiro para presentar as solicitudes, que no noso ámbito de actuación (territorio Costa da Morte) deberán ser dirixidas ao “Grupo Asociación Costa da Morte – GDR”.
Así mesmo, deberán presentarse co formulario e coa documentación prevista nas bases reguladoras desta convocatoria e segundo os Criterios e Normas de xestión.