CURSO DE EXCEL AVANZADO

Neste momento estás a ver CURSO DE EXCEL AVANZADO

O Cenctro de Formación Maude Studio, centro acreditado do Servizo Estatal Público de Emprego (SEPE) a través da Xunta DE GALICIA impartirá un curso de  formación de “EXCEL AVANZADO”, subvencionado (gratuíto ao 100%) e en liña a través dunha plataforma aberta as 24h do día con horario de conexión flexible en calquera hora do dia. O curso consta de 25 horas. NON é formación bonificada, é a título persoal dos traballadores e traballadoras por tanto non ten ningún custo para a empresa. Nesta formación pode participar calquera traballador en activo, en ERTE, autónomo e/o desempregado que resida en Galicia por tanto se é posible a súa difusión para calquera departamento da empresa para todos os traballadores que queiran formarse tanto a nivel persoal como profesional obteñen o seu certificado oficial da Xunta.

O único requisito de acceso é dispoñer dun computador ou Tablet con cámara, xa que para acceder á plataforma será necesario un recoñecemento facial (aspectos biométricos do rostro). Para realizar a formación, non será necesario o uso da cámara. Unicamente é para o acceso á plataforma. Poderase realizar a calquera hora do día.

Para as matriculacións, sería necesario mandar a seguinte documentación:

  • DNI por ambas as caras. É para verificar a identidade de quen vai a facer a formación.
  • Vida laboral actualizada ou ben cabeceira da última nómina/último recibo de autónomo (só solicitamos cabeceira, xa que non necesitamos saber datos económicos).
  • Tarxeta de Seguridade Social.
  • Fotografía tipo selfie de fronte ( realizada co móbil)
  • Teléfono e un email de contacto da persoa interesada.

Unha vez recibida a documentación (pode ser escaneada ou ben en fotografías) procederemos cos trámites canto antes, xa que as prazas son limitadas. Actualmente estamos con grupos para a SEGUNDA quincena do mes de NOVEMBRO.

Calquera consulta que teñas, podes realizala a través correo electrónico teleformacion48@maudestudio.com