18 edición de BEROCASIÓN – Nota de Prensa

En este momento estás viendo 18 edición de BEROCASIÓN – Nota de Prensa

Berocasión  pechou o prazo de inscrición de participantes no evento, que en total nesta 18 edición son 15.

Carballo, 8 de agosto de 2023. O día 1 de agosto pechouse o prazo de inscrición para Berocasión 2023. Este ano, continuando coa tendencia a alza das última edicións contaremos con 15 participantes no formato que en anos anteriores a pandemia se viña celebrando, volvendo o seu emprazamento orixinal na zona do “Rego da Balsa”, tal como acordaron os propios participantes nas distintas reunións que se levaron a cabo. Celebrarase durante os días 25, 26, e 27 de agosto. A organización recaerá en Axober, en colaboración co Concello de Carballo.

Nas súas exposicións atoparemos vehículos de Km.0, seminovos, industriais, mixtos, de ocasión, nacionais, de importación… En definitiva, unha ampla selección de todo o que ofrece o mercado da automoción nestes momentos, con importantes descontos e con condicións especiais de financiación.

Indicar que se fará un importante esforzo na publicidade do evento tanto en redes sociais coma en prensa, radio e TVG.

 

As empresas participantes son as seguintes:

  1. CORGAL AUTOMÓVILES – KIA
  2. BALSACAR AUTOMÓVILES
  3. GRUPO BREOGÁN – TOYOTA – LEXUS – PORSCHE
  4. JGCAR AUTOMÓVILES
  5. BALEATO MOTOR – RENAULT – DACIA
  6. DIMOLK – PEUGEOT
  7. GARVI AUTOMÓVILES
  8. MIGUELAUTO.ES
  9. BERCAUTO – FIAT – ALFA ROMEO – JEEP
  10. VEHÍCULOS JUAN LEMA
  11. REBALCARS AUTOMÓVILES
  12. PENSADO MOTOR – SKODA
  13. V-CAR – HYUNDAI
  14. ANTAMOTOR – NISSAN
  15. VILAS RAMA – CITRÖEN

 

CARTEL BEROCASIÓN 2023