Detalles
Herfraga, S.A.
HERFRAGA, S.A. tivo a súa orixe nun pequeno taller mecánico artesanal fundado en 1930 en Carballo (A Coruña).
A filosofía de HERFRAGA, S.A. foi sempre buscar a flexibilidade na fabricación para satisfacer as demandas dun mercado como o conserveiro en permanente evolución tecnolóxica.
Traballar sempre con patentes propias e manter unha constante actividade de innovación e mellora, fixeron que destaque en todo o mundo pola alta calidade da súa maquinaria, en especial polas empacadoras de túnidos e outros peixes. Fabricamos tamén máquinas auxiliares como aceitadoras, saladores, cintas de transporte, etc.
En Herfraga, ademais de adicarnos á fabricación de maquinaria, tamén temos unha gran experiencia na reparación e mantemento de maquinaria deteriorada.