AXOBER INFORMA A EMPRESARIOS DE LAS LINEAS DE FINACIAMIENTO 2021 IGAPE-AFIGAL S.G.R.

En este momento estás viendo AXOBER INFORMA A EMPRESARIOS DE LAS LINEAS DE FINACIAMIENTO 2021 IGAPE-AFIGAL S.G.R.

Programada para o próximo xoves, 15 de xullo,  unha xornada  que poderá seguirse online a través das redes sociais da Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños.

Son axudas promovidas polo IGAPE e  trataremos de que teñades todas as respostas para saber o funcionamento e mecanismo das distintas liñas:

 

  • REAVAL COVID-19 – PRÉSTAMOS A LONGO PRAZO PARA O FINANCIAMENTO DE NECESIDADES DE LIQUIDEZ NO CONTEXTO ACTUAL DE CRISE SANITARIA.
  • REAVAL GARANTÍAS – GARANTÍAS ANTE TERCEIROS VINCULADAS A OPERACIÓNS DE TRÁFICO OU AVAIS TÉCNICOS.
  • REAVAL FUNCIONAMENTO – OPERACIÓNS AVALADAS PARA O FINANCIAMENTO DE TRÁFICO COMERCIA
  • REAVAL CRECEMENTO – PRÉSTAMOS AVALADOS PARA O CRECEMENTO DAS PEMES

A sesión celebrarase  a partir das 20:00 horas, e para facilitar a asistencia de todas as persoas interesadas será retransmitida en directo a través das canles de YouTube e das páxinas de Facebook de Axober.

En Axober queremos que todas as dúbidas teñan resposta, e por iso contaremos coa participación do Xefe de zona de A Coruña en AFIGAL S.G.R., Jacobo Ortiz Alonso

Durante a retransmisión poderás realizar as preguntas que consideres a través das redes
sociais, pero se prefires enviarnos antes as túas dúbidas podes facelo a través do correo
electrónico informacion@axober.org.