Empresas con Historia
HISTORIA EMPRESARIAL EN BERGANTIÑOS
En Axober tenemos el privilegio de contar con cerca de 200 socios y todo tipo de sectores representativos de la actividad comercial, industrial y empresarial de nuestro municipio. Un conglomerado de empresas, en su mayoría negocios familiares heredados de padres a hijos, que escriben buena parte de la historia reciente de Carballo. Una historia en la que no solo abundan las palabras, sino también cientos de imágenes que inmortalizaron nuestras gentes, calles, fiestas, costumbres, oficios y, en definitiva, nuestra vida. Una puerta abierta al pasado que tiene un nombre propio. El nombre de una Empresa con historia que también forma parte de nuestra entidad: Gervasio.
Con más de un siglo de historia, la Imprenta Gervasio es, por derecho propio, la decana de nuestra asociación.
A finales del siglo XIX, Gervasio Varela Varela sentó las bases de una saga familiar dedicada a la fotografía y a la imprenta en Carballo. Sin apenas recursos, pero con un innato sexto sentido, este coetáneo de la fotografía, comenzó a retratar los rostros y el paisaje de una época de grandes cambios, marcada por la aparición de inventos como el teléfono, la luz eléctrica o la bicicleta que tan bien supo plasmar con su cámara desde lo estudio que tenía ubicado, primero, en la calle Camino Nuevo, frente al Dubra, y, años después, en Vázquez de Parga (donde la tasca de Benito de las Conchas). En 1925, se traslada para la calle Ponte 3, en la esquina con la calle Cenicero, donde continuarían sus descendientes hasta los años 90, fecha en la que el negocio familiar pasa a ocupar un bajo en la calle Ponte 13, el mismo que ocupa en la actualidad. Una Séneca nº 3, una Goldman Kamera y una Herlango Wien fueron algunas de las máquinas que Gervasio empleó para inmortalizar a cientos de carballeses y carballesas con retratos y fotos de familia, presentes en casi todas las casas de la época. También era frecuente fotografiar a los que decidían probar suerte en la emigración. Así, a sus familiares les quedaba un recuerdo que, en muchos casos, los/las acompañaría a lo largo de sus vidas porque fueron muchos/las los/las que ya no volvieron a verse nunca más. Para los reportajes de bodas, salidas urbanas y paisajes, contaba con uno selecto equipo de cámaras portátiles tipo Voiglander Bessa, Zeis Contessa, leica o Yassica.
Pero Casa Gervasio era mucho más. También se dedicaba a la imprenta, encuadernación, librería e instrumentos musicales. De hecho, fue el fundador-propietario de Él Eco de Bergantiños y Él Lunes, dos publicaciones de corta duración, que resultaron ser las pioneras de la prensa local.
Tras su muerte en el año 1927, uno de sus cuatro hijos, Gervasio, decidió continuar con el oficio, que desde pequeño, había aprendido bien de su padre. De él son algunas de las mejores imágenes-postales que existen de Carballo y de la Costa da Morte. Fotografías imposibles de borrar de nuestras retinas que forman parte ya de la memoria fotográfica de Carballo y de nuestras vidas, como el histórico roble nevado, la antigua Plaza de la Libertad, hoy Plaza de Galicia, o reuniones tan populares como las que se celebraban alrededor del Bosque del Añón.
Después de su fallecimiento, en el año 1977, el legado continuó con la tercera generación gracias a uno de sus tres hijos: Gervasio Varela López, jubilado hace ya tres años. Con él se puso fin a más de un siglo de historia y la una estirpe familiar dedicada de lleno la una profesión que supo evolucionar con los tiempos y adaptarse a las necesidades de las nuevas generaciones sin renunciar a la identidad de su nombre.
Pero la historia de esta empresa no finaliza aquí. Tras retirarse el último propietario de la familia, el negocio pasó a manos de una antigua empleada de la tienda con más de 35 años de experiencia a sus espaldas. Desde el año 2015, Rosa María Caamaño está al frente de esta imprenta centenaria en la que se siguen realizando trabajos de todo tipo, como en sus orígenes. Aunque ahora las fotos de estudio dejaron paso a las de carné y el papel fotográfico mudó por el formato digital. Entre otros servicios es posible encontrar restauraciones de imágenes antiguas y una amplia variedad de complementos como marcos, porta-fotos y enmarcados de materiales diversos.
En la parte trasera del local se encuentra, en perfecto estado, buena parte de la maquinaria empleada por los anteriores dueños y de la que aún zumega ese inconfundible olor a tinta.
En casa Gervasio no hay cadenas de producción ni trabajos en serie. Como antaño, las labores de encuadernación e imprenta siguen conservando el encanto propio de una época que vivía en analógico y ganaba en calidad. Un hecho que, sin duda, puede que limite su volumen de negocio pero que mantiene intacto el prestigio y la fama de la que fue la primera imprenta de referencia en todo el entorno.
Tal vez hoxe en día o nome de Evaristo Fidalgo Periscal poida resultar descoñecido para as novas xeracións de carballeses e carballesas, pero se falamos de Motos Vitolo seguro que non hai neno/a, mozo/a ou adulto de Carballo e incluso da Comarca de Bergantiños que non a coñeza porque, desde hai máis de seis décadas, por esta empresa familiar pasaron milleiros de bicicletas, ciclomotores e motos de todas as marcas, tamaños, cores e modelos. Por iso, hoxe desde Axober queremos repasar a traxectoria dunha Empresa con historia que fixo das dúas rodas un negocio e unha paixón.
O de Evaristo “Vitolo” pola bici foi amor a primeira vista. Xa de neno lle gustaba entreterse na rúa Hórreo argallando entre as rodas e as gomas que atopaba no que probablemente foi o primeiro taller de aluguer e reparación de bicicletas de Carballo, o do seu tío Evaristo Periscal. Con el aprendeu o oficio que máis adiante lle ensinaría tamén a dous dos seus fillos, Fernando e José Luis. Unha das súas habilidades máis recoñecidas era a de centrar coma ninguén as rodas das bicicletas, algo que fixo case cos ollos pechados ata despois de xubilado. Pero a el non só lle gustaba reparalas, senón tamén reconstruílas, personalizalas e pasear nelas. De feito, era frecuente velo enriba dunha calquera día e a calquera hora.
Con tan só 24 anos, dúas bicis súas e tres prestadas arrincou na metade do século pasado un dos negocios máis prósperos do noso comercio local. Ao principio, só se dedicaba á reparación e ao aluguer, porque a escaseza económica da época non daba para máis, e por tan só 1 peseta, as familias mellor situadas do pobo tiñan paseo garantido toda a tarde. A finais dos 50 do taller da rúa Travesa 12 (actual rúa Cinceiro s/n) comezan a saír as primeiras motos e ciclomotores. Montesa e Derbi eran as marcas de referencia para quen buscaba nas dúas rodas un medio de transporte rápido e seguro para ir traballar. Moi pronto a Derbi de tres marchas, tamén coñecida como Derbi “obreira” converteríase na máis vendida do mercado. Tanto era así, que na fábrica de Calvo a zona de aparcamento estaba reservada case en exclusiva para as motos nas que se desprazaban os empregados.
Anos 80, a época dourada
A mediados dos 60, “Vitolo” (que nunca soubo a orixe do seu alcume) e a súa dona Mª Victoria Cerviño trasladáronse a vivir á rúa Vitoria e abriron, no baixo da casa, a histórica tenda na que permanecerían máis de 40 anos. Quen non lembra aquel escaparate repleto das mellores marcas e os últimos modelos? Pouco a pouco foron ampliando o negocio e introducindo novos produtos como motoserras e todo tipo de maquinaria e accesorios para bosque e xardín. Coa venda en exclusiva das bicicletas “Orbea” e “BH” e os ciclomotores Derbi “Variant”, que causaron un auténtico furor entre os nenos/as e adolescentes dos anos 80, chegou a época dourada dun negocio en expansión no que traballaba toda a familia e que ampliaron a Malpica de Bergantiños coa apertura dunha delegación na rúa do Rio, que permanecería aberta ata o ano 1995.
67 anos despois daqueles tímidos e arriscados inicios, Motos Vitolo segue a ser un referente na venda e reparación de bicicletas, ciclomotores e motos de gran cilindrada así como accesorios e complementos ou maquinaria de xardín. O prestixio e a calidade das mellores marcas e un trato próximo e amable co cliente seguen a ser o sinal de identidade da empresa que na actualidade dirixe Fernando Fidalgo Cerviño, “Vitolo” para todo o mundo, desde o seu establecemento da rúa Pontevedra 11, e no que o recordo do seu pai está sempre presente a través do que tanto amaba: a súa bici e a súa moto. Parabéns!
Grazas ao seu espírito emprendedor e aventureiro, José Pérez Gómez -máis coñecido como Pepe Barreira (por ser natural desa zona de Carballo)- fundou a principios da década dos 60 un negocio familiar, especializado na venda e distribución de produtos para o sector agrícola e gandeiro, que conta xa con máis de cinco décadas de historia. Nin as crises sufridas ata o de agora nin a decadencia que atravesou o campo tempo atrás, logrou botar por terra un proxecto empresarial que soubo superar obstáculos, adaptándose ás novas necesidades do mercado e sumando cada vez máis liñas de negocio ata converterse nunha empresa líder no seu campo e nun claro obxectivo para os mellores fabricantes do mercado, que buscaban en Almacenes Agro o seu punto de distribución para a comarca. Esta é a traxectoria da nosa seguinte Empresa con historia. Queres coñecela?
Froito da casualidade (e dunha fábrica para envasar azucre que non prosperou), José Pérez decidiu comezar a vender penso para animais, fundamentalmente para galiñas e vacas porque era o que máis abundaba naquela época. Para darse a coñecer, percorría todas as feiras dos arredores con sacos a granel. Ao pouco tempo, o éxito estaba garantido porque trátase dun alimento que lograba que os animais medraran máis sans, en menor tempo e nunha condicións moitos máis óptimas. No seu almacén da rúa Berdillo 10 tamén comercializaba insecticidas, sementes para o campo e vendía pequenos pitos a particulares, que aproveitaban a viaxe para adquirir outros artigos de droguería que tamén se dispensaban na tenda como colonias e deterxentes.
Protección Verde, atención ao por maior
Na década dos 70, dous dos seus fillos comezan a traballar xunto a el e ábrense novas liñas de negocio centradas na elaboración e venda de fito-sanitarios, sulfatos e todo tipo de herbicidas. Comezan os ensaios con produtos de distintos fabricantes para coñecer sobre o terreo a súa eficacia e produtividade. Isto permítelles elixir, para a súa posterior venda e distribución, os máis adecuados ás condicións do noso clima e solo, consolidándose como unha firma de alta calidade.
Así arrinca a expansión de Almacenes Agro por toda Galicia dando resposta ás necesidades e inquedanzas dunha clientela cada vez máis ampla. O considerable aumento de vendas fai que na década dos noventa xorda outra filial dedicada exclusivamente ao subministro ao por maior. Así nace Protección Verde, situada nunha extensa nave no Polígono Industrial de Bértoa desde a que se abastece a concellos, campos de golf, entidades, viveiros, etc. Entre ambas sociedades, administran unha carteira de clientes que ronda xa os 6.000 e que abarca Galicia, zona norte de Asturias e noroeste de Portugal.
Aínda que o seu produto estrela son os fito-sanitarios, o boom que experimentou o campo fixo que deran o salto á venda de complementos, maquinaria e todo tipo de artigos de decoración de xardinería, abonos e tratamentos individualizados. Durante a crise, este sector viuse gravemente resentido mentres que o agricultor profesional comezou a crecer demandando novos produtos.
Hoxe en día, a súa experiencia, profesionalidade e coñecemento do sector son a súa mellor carta de presentación, lonxe das enxeñosas, ocorrentes e divertidas estratexias publicitarias que tanto lle gustaban ( e tan bo resultado daban) ao fundador. Quen non se lembra da avioneta que sobrevoaba o ceo da praia de Razo anunciando a empresa ou os contos de Calleja promocionando algúns dos seus produtos. Xenialidades, as de Pepe Barreira, que contribuíron a facer grande o nome dunha empresa que mira ao futuro coa ollada posta xa nunha terceira xeración. Parabéns!
Coñecer as orixes do protagonista da nosa seguinte Empresa con historia é coñecer tamén as orixes da reciclaxe en Carballo porque Hierros Varela Urbieta SL traballa desde hai máis de seis décadas na recuperación de metais e na distribución de aceiro para a industria, unha actividade que está a resultar todo un exemplo de economía circular grazas á súa elevada taxa de reciclaxe e aos beneficios ecolóxicos e medioambientais que ofrece.
Pero os seus comezos remóntanse á década dos 50, na que non existían as famosas “3R“ (reduce, re-utiliza e recicla) nin se falaba de políticas medioambientais. Foi entón, cando Manuel Varela Urbieta, de profesión chatarreiro, converteríase, sen sabelo, no precursor da reciclaxe en Carballo, nunha época na que o oficio non estaba ben considerado e ata semellaba formar parte dun sector marxinal da sociedade. Todo o contrario do que acontece hoxe en día. Paradoxo, verdade?
Na primeira metade do século XX, a falla de recursos facía agudizar o enxeño e a imaxinación para poder gañarse a vida, sobre todo, cando se era o maior de moitos irmáns. Así, sendo aínda un mozo, Manuel Varela “O Lerio” (alcume co que se coñecía á súa familia) empezou a traballar recollendo chatarra para logo venderlla a empresas de fóra do noso concello, a maioría delas de Castela-León. Apañaba todo canto atopaba ao seu paso, que daquela era, basicamente, papel, cartón, botellas e restos de prendas de punto e lá. Mentres que os residuos de téxtil ían para Zamora, o papel comprábano vendedores ao por maior de Burgos, principalmente.
Pouco a pouco, grazas á aparición de novas fábricas, talleres e todo tipo de establecementos comerciais, o negocio vai en aumento e o pequeno almacén de 55 metros cadrados, que tiña situado no baixo da súa casa na rúa Vitoria 14, ampliouse cun local na Gran Vía e outro no Cemiterio Vello. Despois trasladaríanse á rúa Rosalía de Castro, e xa no ano 1993 ás actuais instalacións que posúen no Polígono Industrial de Bértoa, onde contan con máis de 50 traballadores/as.
Da chatarra á siderurxia
Nos anos 60, con tan só 16 anos, o seu fillo -de nome tamén Manuel- incorporouse á empresa para continuar co oficio que aprendera de quen foi o primeiro chatarreiro de Carballo e ao que seguirían outros como Ventura Ríos. Na década dos 70, Manuel Sánchez –xenro do fundador-, súmase ao equipo e en 1985 os dous cuñados deciden constituír unha sociedade e capitanear un proxecto de futuro que convertería a Hierros Varela Urbieta SL en todo un referente no campo da recuperación de metais e a distribución de aceiro para a industria, actividade autorizada por primeira vez no ano 1955 como así o acredita o documento orixinal que aínda se conserva en perfecto estado.
Na actualidade, a distribución de materiais siderúrxicos constitúe o 80% do seu volume de negocio fronte ao 20% que segue a proceder da chatarra. Grazas á súa fiabilidade e constante innovación, esta empresa carballesa serve de apoio a empresas de estrutura metálica, construción e cerralla, tanto na transformación como no subministro e instalación dunha ampla gama de produtos entre os que podemos atopar desde tubaxes estruturais ata chapas e paneis para cubertas e fachadas, perfís, etc. Así mesmo, a súa gran vocación de servizo ao cliente, cun trato próximo, coidado e moi individualizado, convértea nunha das favoritas do sector dentro da provincia da Coruña, onde se atopa o 95% dos seus compradores.
Desde hai un cuarto de século, a continuidade da empresa familiar está garantida coa presencia de Francisco Sánchez, neto do fundador, no órgano de dirección. Dende entón, 2ª e 3ª xeración conviven nun negocio familiar dedicado á recuperación, clasificación e re-utilización de materiais para darlles novos usos nun mercado que, agora si, ve con bos ollos a reciclaxe pola que hai máis de sesenta anos xa apostaba Manolo “Lerio”, ata o punto de facer da súa profesión, unha filosofía de vida tamén herdada de pais a fillos. Parabéns!
Lonxe do seu aspecto moderno e actual, na rúa Fomento 45 agóchase o último taller de xastrería de Carballo. O único dos de toda a vida que segue en activo e nos que aínda é posible mercar un traxe feito a man e a medida. A Sastrería Miguel leva xa sesenta e catro anos elaborando, con gusto exquisito e pulso firme, centos de prendas de moda masculina para unha clientela herdada, en boa parte, de pais a fillos, igual que o negocio que na actualidade dirixe Jorge, o benxamín da familia. El é a segunda xeración á fronte dun negocio que abriu por primeira vez as súas portas no ano 1954 da man dun mozo chamado Miguel, apaixonado dende neno dos panos e das agullas e a quen a vida lle pasou literalmente entre costuras, primeiro na rúa Vitoria e despois na Fomento. Queres coñecela? Pois non perdas detalle desta Empresa con historia e un dos nosos socios máis antigos.
A Miguel Pombo Pereiro o de coser venlle de serie. Por tradición familiar e por vocación (non se sabe moi ben que foi primeiro) sempre estivo rodeado de telas, tesoiras, fíos e cintas de medir. Con apenas 13 anos aprendeu o oficio xunto a “Os Panchos”, xastrería de referencia en Carballo a primeiros do século pasado. Logo completou a súa formación en Santiago de Compostela e tamén no servizo militar, onde realizou as súas “prácticas” confeccionando prendas e facendo arranxos para os seus compañeiros e para algún que outro oficial. Ao regresar, abriu a súa primeira tenda na actual rúa Vitoria 6, xusto enriba do mítico bar O Rincón. Era un pequeno e modesto local que, pouco a pouco, foi acondicionando para que non lle faltara detalle: máquina de coser, mesa de cortar, máquina para pasar o ferro(….), e onde formou unha familia xunto á súa dona Josefa Rodríguez Díaz e os seus 3 fillos. Nada que ver cos seus comezos cosendo de casa en casa, sen apenas material para traballar nin, por suposto, tenda ou almacén.
Na época na que o gremio atravesaba os seus anos dourados con preto de 20 xastrerías en activo, Miguel logrou facerse un nome propio dentro da moda masculina carballesa grazas á calidade das súas teas, a precisión do seu corte e a sobriedade dun traxes que, ademais de elegantes, sentaban como un guante. E con eses antecedentes non era de estrañar que entre os seus clientes houbese un amplo abano de profesións e clases sociais como labradores, obreiros, mariñeiros e ata emigrantes que aproveitaban as vacacións de verán e Nadal para realizar os seus encargos.
Da rúa Vitoria á Fomento
Na década dos 70, a demolición da vella casa, obrigouno a cambiar de local e de zona. Foi entón cando a xastrería se trasladou ao seu emprazamento actual na rúa Fomento 45. Coa chegada dos anos 80, os gustos e as necesidades dos clientes cambian e o negocio familiar tamén. Toca adaptarse aos novos tempos e comezar a cambiar a raia diplomática polos pantalóns acampanados. Comezan a vender as primeiras prendas de confección, xerseis de puntos na súa maioría e algúns complementos masculinos como cintos, gravatas, lazos…
Tras aprender o oficio do seu pai, Jorge Pombo Rodríguez, o fillo pequeno, comezou a traballar no negocio familiar con tan só 17 anos. Desde entón, hai xa 26, dedícase a facer o que máis lle gusta e o que mellor sabe: elaborar traxes á man e á medida. Durante este tempo, foron moitas as modas e as tendencias que viu pasar(cores, formas, tecidos); moitos os cambios que lle tocou vivir (como a xubilación dos seus pais) e algunha crise que sortear. Pero para el, o segredo desta empresa con historia é a empatía e a conexión co cliente, “para facer un bo traxe, hai que facer exactamente o traxe que pide o cliente, elaborándoo ao milímetro e adaptándoo ao seu corpo para que cobre vida” insiste. Tal vez por iso, hoxe en día Jorge sexa o herdeiro dunha xastrería con nome propio e, probablemente, o último xastre artesán que aínda segue en activo en Carballo. Tal vez por iso, Jorge sexa Miguel para a inmensa maioría dunha clientela herdada de pais a fillos pero tamén para quen acode a propósito, desde hai décadas, de localidades como Viveiro, Santiago ou A Coruña na procura de tradición e innovación.
Na actualidade, na rúa Fomento 45 ademais dunha ampla variedade de teas, con texturas, cores e tecidos de todo tipo, para a elaboración dos traxes, tamén atoparás as últimas tendencias en roupa de cerimonia e aluguer de chaqués. Complementos de todo tipo (zapatos, xemelgos, tirantes, gravatas, lazos, panos, cintos…) e unha liña de confección casual/sport coas mellores firmas fan desta tenda un lugar de referencia en moda masculina para quen desexe vestir, con estilo e elegancia, da cabeza aos pés. Por algo a xastrería Miguel leva xa máis de seis décadas entre costuras. Parabéns!