Éxito na charla: Falemos da xestión do tempo

  • Categoría da entrada:Formación
Neste momento estás a ver Éxito na charla: Falemos da xestión do tempo

O pasado 14 de Novembro tivemos a charla sobre “Xestión do Tempo”, onde participaron profesionais e empresarios da comarca interesados en mellorar a súa organización e produtividade. A actividade contou cunha excelente acollida e un gran nivel de participación por parte dos asistentes, que destacaron o ambiente cómodo e propicio para o intercambio de ideas e preguntas.
A poñencia estivo a cargo de Renata González, Project Manager en Inizio Engage, quen achegou unha perspectiva práctica e aplicable sobre a xestión eficiente do tempo no ámbito laboral. Renata compartiu consellos e ferramentas útiles para facer fronte aos retos de produtividade e planificación, aspectos clave para o éxito no actual contexto empresarial.
Durante a charla, os asistentes tiveron a oportunidade de participar activamente, realizando preguntas e intercambiando opinións, o que xerou un ambiente enriquecedor e colaborativo. Este formato foi moi ben recibido polo público, que valorou a oportunidade de aprender dunha experta no tema nun espazo aberto e interactivo.

A continuación deixámosvos un vídeo resumo.