Este ano por primeira vez, Axober participará na Feira de Emprego 45+
O vindeiro 11 de decembro, Axober estará presente no III Encontro da Feira de Emprego 45+, organizado pola Cámara de Comercio da Coruña en colaboración co Concello de Carballo.
A feira estará dirixida a persoas en situación de desemprego (talento senior) e ofrecerá:
- Stands de empresa con ofertas reais e entrevistas directas.
- Asesoramento laboral personalizado no Stand de Orientación.
- Obradoiros prácticos para mellorar a empregabilidade.