Dende Axober queremos convidarvos a participar no evento “O teu futuro na automoción”, unha xornada fundamental para profesionais, empresas e futuros traballadores do sector.
Data: 15 de Marzo
Lugar: IES Ponteceso
Neste evento abordaranse dous aspectos clave para a automoción na comarca:
– Formacións actuais en automoción, explicadas polos dinamizadores de FP, para dar a coñecer as opcións dispoñibles na zona e a súa importancia na creación de novos profesionais.
– As formas de contratación máis actualizadas, dirixidas a empresas, onde expertos explicarán as mellores opcións para incorporar talento ao sector.
Todo isto da man de grandes profesionais do sector, que compartirán a súa experiencia e coñecementos.
Se a túa empresa ou taller está interesada en asistir, preme aquí para inscribirte!