Formación: “Transformación Dixital Pemes”

  • Categoría da entrada:Formación / Novas
Neste momento estás a ver Formación: “Transformación Dixital Pemes”

O pasado venres presentamos a nova edición Costa da Morte do programa “Transformación Dixital Pemes”

💼 Un programa formativo de 150 horas, impartido por CESUGA, 100% gratuíto e promovido polo Ministerio de Transformación Dixital e a EOI, grazas á colaboración entre Axober e a Asociación de Empresarios do Polígono de Carballo, que fixemos posible que esta formación chegue á nosa comarca 💪

🧠 Durante a presentación contamos coa presenza de Sonia Debén e Rita Lombán, de CESUGA, que explicaron todos os detalles do curso. Tamén interveu José Ángel Vázquez, de Metalúrxica BB, quen compartiu a súa experiencia como alumno da edición anterior e animou ás empresas a participar 📣

📌 Que ofrece o programa?
🔹 150 horas de formación, maioritariamente online (só 4 sesións presenciais en Carballo)
🔹 Contidos e horarios adaptables ao alumnado
🔹 Mentorización individualizada con expertos
🔹 Dirixido a PEMES con máis de 10 empregados

📅 A formación comeza o 25 de abril. Se estás interesado/a, ponte en contacto con Axober e darémosche toda a info para inscribirte.

📩 Escríbenos a info@axober.org ou chámanos  665439432!