Beneficiarios:
1. PROGRAMA I. PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS (incluídas persoas societarias) – TR500A
- Persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou réxime de traballadores do mar como persoa traballadora por conta propia e que teña o domiciliio fiscal en Galicia, incluídos os autónomos societarios que teñan unha alta anterior ao 30-03-2020 e que acrediten unha baixada de facturación de, polo menos, 45% no ano 2020 comparada coas 2019
- Persoas traballadoras societarias, de alta no RETA ou en réxime de traballadores do mar con data anterior ao 30-03-2020 e indiquen unha empresa da cal sexan societarios cunha porcentaxe mínima do 25% e que cumpran unha baixada de facturación de, polo menos, 45% no ano 2020 comparada coas 2019
- Persoas traballadoras autónomas de tempada, sempre que acrediten que, aínda que non estean de alta no momento da presentación da solicitude, estivesen de alta un mínimo de 4 meses e un máximo de 9, en cada un dos anos 2018 e 2019
2. PROGRAMA II MICROEMPRESAS ( microempresas e persoas traballadoras autónomas con persoal ao seu cargo) – TR500 B
- Microempresas e persoas traballadoras autónomas con persoal contratado por conta allea na CCAA de Galicia e que tivesen unha baixada de facturación de polo menos o 45% no ano 2020
- Empresas que teñan ata 25 persoas traballadoras e volume de facturación non superior a dous millóns de euros no último ano das contas presentadas e acrediten descenso de facturación superior ao 60%. En caso de pemes que pertencen á canle de distribución Horeca, o volume de facturación elévase ata cinco millóns de euros.
Actividade especialmente paralizada: descenso de facturación igual ou superior ao 70%
Contía da axuda:
1. PROGRAMA I:
- 1.200 €. quen acredite baixada de facturación entre o 45% e o 60%
- 2.000 € quen acredite baixada de facturación de máis dun 60% e menos dun 70%
- 3.000 € quen acredite baixada de facturación igual ou superior ao 70%
- Autónomos de tempada: 50% das cantidades anteriormente indicadas
- A baixada de facturación calcularase:
- De modo xeral comparando os datos de facturación do ano 2020 e 2019
- Autonomos de temproada: comparando media mensual dos meses que estivo de alta en 2019 coa facturación media dos meses que estivo de alta en 2020, polo que se non estivo de alta en 2020 considerarase actividade especialmente paralizad
- Empresas creadas en 2019: comparando a facturación media mensual dos meses con actividade en 2019 coa facturación media dos meses do ano 2020
- Empresas creadas entre o 01-01.2020 e 31-03.2020: comparando a facturación media mensual dos meses con actividade do primeiro timestre de 2020 con media mensual dos tres trimestres restantes do ano 2020
2. PROGRAMA II:
- 4.000 € quen acredite baixada de facturación entre o 45% e o 60%
- 5.000 € quen acredite baixada de facturación de máis dun 60% e menos dun 70%
- 6.000 € quen acredite baixada de facturación igual ou superior aos 70%
INCREMENTOS:
- 1.000 € para empresas entre 4 e 9 traballadores a data de publicación da orde
- 2.000 € para empresas entre 10 e 20 traballadores a data de publicación da orde
- 3.000 € para empresas entre 21 e 25 traballadores a data de publicación da orde
As comparativas da baixada de facturación son iguais que o programa I
Prazo de Presentación de Solicitudes
• Ata o 18 de marzo de 2021 ou esgotamento de orzamento