MANIFESTACIÓN PACÍFICA DA ASOCIACIÓN DE HOSTALERÍA DE CARBALLO

MANIFESTACIÓN PACÍFICA DA ASOCIACIÓN DE HOSTALERÍA DE CARBALLO

Dende a Asociación  Hostelería de Carballo, comunicamos que despois da aprobación da Subdelegación de Goberno para a realización dunha manifestación pacífica a pé, hoxe luns día 30, ás 16:00 horas e con finalización estimada as 19:00 horas

A saída será dende a explanada do Gadis ata a Praza do Concello.

Nes protesta quérese reinvindicar por medio de todos os sectores afectados, o  malestar polo peche dos locais de hostelería, afectando a todos os sectores, o peche das feiras, a falta de axudas inmediatas por parte de todas as administracións, posto que xa van máis de seis meses sin percibir axudas directas reseñables que poidan aliviar esta situación crítica de moitos autónomos e empresas que cada día ven máis preto o abismo.

Faise un chamamento a todos os afectados e as súas familias e amigos, para que se unan a este movemento.

Dende  a asociación solicitan axudas xa, para todos, o pobo vive do pobo, e o pobo son os autónomos e pequenas empresas, que non recibiron axudas directas que agora mesmo é o que máis se precisa, sentíndose abandoados por parte das administracións.