Novidades BOE 16 Maio 2020

Novidades BOE 16 Maio 2020

Estas son as novidades do BOE do sábado, 16 de maio:

A partir do luns poden abrir xa sen cita previa os establecementos comerciais de menos de 400 m2. Inclúense concesionarios de automoción, estacións de ITV, centros de xardinería e viveiros de plantas (sexa cal for a súa superficie útil de exposición e venda), as administracións de lotería e postos da ONCE.

Tamén poden abrir establecementos comerciais de máis de 400 m2 (sempre que acouten a superficie de actividade ao estipulado polo goberno central).

Ademais, poderanse facer accións comerciais ou de promoción, como as rebaixas, acompañadas de medidas para evitar aglomeracións.

+Info: https://https://bit.ly/3g0Pd4Q