O pasado xoves 27 de marzo, os alumnos do IES Eduardo Pondal de Ponteceso participaron na última xornada deste mes, coñecendo de preto o mundo empresarial da nosa comarca.
🔹 A mañá comezou nas oficinas centrais do Polígono de Carballo, onde descubriron os servizos que ofrece este espazo ás empresas da zona.
🔹 En Alquileres Reneymar, aprenderon sobre a importancia da loxística e o alugueiro de maquinaria para o sector da construción e a industria.
🔹 En Agropecuaria Nela, un gran produtor de pataca de Coristanco, mergulláronse no mundo do sector gandeiro e agrícola, descubrindo a importancia da innovación e a sustentabilidade neste ámbito.
💡 Unha xornada máis chea de aprendizaxe e oportunidades! Grazas ás empresas que abriron as súas portas para compartir a súa experiencia e coñecemento cos profesionais do futuro. Nos próximos meses continuaremos con esta iniciativa, achegando novas experiencias formativas aos estudantes! 💪✨