Beneficiarios
Pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas promotoras de iniciativas empresariais no ámbito da Coruña, e que con anterioridade á data de publicación da convocatoria destas axudas teñan unha actividade con ánimo de lucro e reúnan os seguintes requisitos:
- Ter domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes.
- A actividade da empresa ou a do autónomo, definida nos seus estatutos e/ou dada de alta no certificado de situación
censual da AEAT, debe estar relacionada cos perfís profesionais da persoa contratada. - O posto de traballo a subvencionar debe ser un posto de nova creación. De maneira que si a entidade foi beneficiaria
desta axuda en convocatorias anteriores debe constar de alta no seu cadro de persoal o/a traballador/a do posto de
traballo subvencionado en convocatorias anteriores.
Requisitos das persoas contratadas ou a contratar
As persoas contratadas ou a contratar, deben cumprir, ademais dos esixidos no Estatuto dos Traballadores e lexislación
laboral da modalidade de contratación subvencionada, os seguintes requisitos:
- Estar empadroado/a en calquera dos municipios da provincia da Coruña.
- A actividade da empresa, definida nos seus estatutos, ou a do autónomo, ha de estar relacionada cos perfís profesionais da persoa contratada.
- O posto de traballo a subvencionar debe ser un posto de nova creación. De maneira que si a entidade foi beneficiaria desta axuda en convocatorias anteriores debe constar de alta no seu cadro de persoal o/a traballador/a do/dos posto/s de traballo subvencionado/s en
convocatorias anteriores.
Proxectos Subvencionables e Gastos Subvencionables
Descrición da conta, segundo o Plan xeral de contabilidade
– Conta 640: Soldos e salarios
– Conta 642: Seguridade social a cargo da entidade
Así mesmo, tamén se entenderá como soldo e salario aquel que pague a empresa en concepto de prestación por Incapacidade Temporal do/da traballador/a no suposto excepcional de que acontecese.
Non serán subvencionables outros conceptos derivados da contratación:
– Horas extraordinarias.
– Indemnización fin de contrato.
– Incrementos salariais.
– Roupa de traballo.
– Dietas.
– Quilometraxe.
– Outras percepcións non salariais.
O plus de transporte non será subvencionable cando teña natureza extrasalarial, por percibirse en concepto de indemnización ou suplido polos gastos realizados comoconsecuencia da actividade laboral e non se satisfán durante os días que non se traballa. Non obstante, sí resultará subvencionable naqueles supostos cuxo pago sexa obrigado por convenio e se contabilice como unha percepción salarial obxecto de cotización.
Contía e período subvencionable
– Cada empresa poderá solicitar a subvención para a contratación dun/unha traballador/a durante un período de 12 meses, durante os cales a subvención cubrirá como máximo o 70% dos custos salariais totais da persoa traballadora.
– A contratación terá unha duración mínima de 12 meses. O contrato poderá ter unha duración superior a 12 meses, pero a subvención cubrirá unicamente os 12 primeiros meses do contrato.
– As entidades poderán presentar un orzamento máximo de custos salariais e de seguridade social de 22.000,00 € (40 horas semanais), do cal poderán solicitar, como máximo, 70 %.
- Importe máximo do orzamento de custos salariais e de seguridade social a xornada completa (40h semanais) 22.000 €
- Importe máximo a solicitar 15.400 €
- Importe máximo a conceder 15.400 €
– No caso daquelas contratacións realizadas a tempo parcial, deberá solicitarse a parte proporcional, tendo en conta o importe máximo a solicitar e a porcentaxe da xornada.
– No caso dunha contratación a media xornada de 20 horas semanais, debe terse en conta que o importe máximo a conceder no caso de 40 horas semanais son 15.400,00 € , polo que para unha xornada de 20 horas o máximo a solicitar é 7.700,00 €
– No caso dunha contratación cun número de horas diferente, o importe máximo a solicitar calcularase proporcionalmente tendo en conta que o máximo a solicitar por 40 horas semanais son 15.400,00 €.
Prazo de contratación
- Unicamente subvencionaranse as contratacións realizadas entre o 1 de xaneiro de 2021 e ata un máximo dun mes a contar desde a data de publicación no Boletín Oficial da Provincia da resolución de concesión das subvencións.
Prazo de presentación de solicitudes
- Ata o 15 de abril de 2021 ás 14:00 horas
Prazo de xustificación
- 30 de abril de 2022