Beneficiarios
PEL-Pemes Creación e Ampliación 2020 que levaron a cabo a contratación de maneira indefinida con carácter previo á presentación da solicitude PEL-Pemes Mantemento 2021 e que con anterioridade á data de publicación da convocatoria, reúnan os seguintes requisitos
indicados a continuación:
- Ter domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes.
- A actividade da empresa ou a do autónomo, definida nos seus estatutos e/ou dada de alta no certificado de situación censual da AEAT, debe estar relacionada cos perfís profesionais da persoa contratada.
Contía e período subvencionable
– Cada empresa poderá solicitar a subvención para os gastos correspondentes a un máximo de 12 meses do/a traballador/a contratado/a de maneira indefinida acollido á subvención PEL-PEMES Creación e Ampliación 2020.
– Serán subvencionables os gastos de contratación desde o momento en que finalice o período subvencionable da convocatoria anterior (transcorridos os 12 primeiros meses de contrato relativos a PEL Pemes Creación e Ampliación 2020, tendo en conta a posible ampliación no caso de que se produciu unha nova contratación por extinción da relación laboral do traballador anterior).
– A contía máxima da subvención a solicitar e conceder será o 50% dos custos estimados de contratación do/da
traballador/a segundo os seguintes grupos de cotización e categorías profesionais:
- Importe máximo do orzamento de custos salariais e de seguridade social a xornada completa (40h semanais) 22.000 €
- Importe máximo a solicitar 11.000 €
- Importe máximo a conceder 11.000 €
Requisitos das persoas contratadas ou a contratar
As persoas contratadas, deben cumprir no momento de presentar a solicitude, ademais dos esixidos no Estatuto dos
Traballadores e lexislación laboral da modalidade de contratación subvencionada, os seguintes:
- Estar empadroado/a nun municipio da provincia da Coruña.
- Ter sido contratado na convocatoria PEL-Pemes Creación e Ampliación 2020.
- Ter contrato indefinido con carácter previo á presentación da solicitude de axuda PEL-PEMES Mantemento 2021 porparte da entidade solicitante.
- Ter a mesma categoría profesional na que foi contratado e subvencionado con cargo a PEL-PEMES Creación e Ampliación 2020, salvo que se produza unha mellora na categoría profesional.
- Ter a mesma xornada de traballo que na convocatoria anterior, salvo que se pase de parcial a completa
Fase de xustificación e pago da subvención
Unha vez transcorrido o período subvencionable (12 meses), o/a beneficiario/a disporá dun prazo máximo para presentar
a xustificación, que será o 23 de xaneiro de 2023.