Plan Galicia Emprega de Incentivos á Contratación e á Formación da Comunidade Autónoma.

Neste momento estás a ver Plan Galicia Emprega de Incentivos á Contratación e á Formación da Comunidade Autónoma.

Beneficiarios

As persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea desempregadas (figurar inscrita como demandante de emprego) para prestar servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia. As empresas que teñan cincuenta ou máis persoas traballadoras deberán cumprir a cota de reserva para persoas con discapacidade, conforme se dea ocupación, polo menos, ao 2 % de traballadores e traballadoras con discapacidade sobre o total das persoas traballadoras.

Liñas Subvencionables

  • Liña de incentivos á contratación por conta allea:
  1. Incentivos ás contratacións indefinidas iniciais de persoas desempregadas: proporcionarase unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas mozas, mulleres, persoas desempregadas de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, realizadas desde o 1 de outubro de 2022 e ata o 29 de setembro de 2023 que sexan a tempo completo, salvo a realizada coas persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, que poderá ser a tempo parcial, cun mínimo do 50%.
  2. Incrementos de xornada das contratacións indefinidas, de tempo parcial a tempo completo: proporcionarase unha subvención para o incremento da xornada ao 100% da xornada ordinaria de persoas mozas, mulleres, persoas desempregadas de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, realizadas desde o 1 de outubro de 2022 e ata o 29 de setembro de 2023.
  3. Incremento da duración anual dos contratos fixo descontinuos a un mínimo de 9 meses a xornada completa, realizadas desde o 1 de outubro de 2022 e ata o 29 de setembro de 2023. Exceptúanse os contratos realizados con persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social que poderán ser a tempo completo ou a tempo parcial.
  4. Adaptación dos postos de traballo ou pola dotación de equipamentos de protección persoal necesarios para evitar accidentes laborais á persoa traballadora con discapacidade contratada, ou por eliminar barreiras ou obstáculos que impidan ou dificulten o traballo das persoas traballadoras con discapacidade realizadas desde o 1 de outubro de 2022 e ata o 29 de setembro de 2023.A necesidade da adaptación ou dos medios especiais de protección persoal deberá contar cunha memoria da empresa na que se acredite a necesidade da adaptación ou dotación de equipamentos antes citada, así como os gastos realizados, conforme ao modelo que consta na sede electrónica da Xunta.

 

Liña de incentivos ás accións formativas no centro de traballo: As empresas que así o soliciten poderán ser beneficiarias dun incentivo para a formación, tanto na modalidade presencial como na modalidade de teleformación, das persoas traballadoras subvencionadas por medio dos incentivos á contratación indefinida inicial, que cumpra os seguintes requisitos:

  1. A acción formativa será dun mínimo de 70 horas. Será unha formación teórica con contidos relacionados co posto de traballo que desenvolve a persoa traballadora que participa neste programa.
  2. A acción formativa terá lugar dentro dos tres primeiros meses desde o inicio do contrato e deberá de estar finalizada o 29 de outubro de 2023.
  3. A formación poderá realizarse tanto nas instalacións do beneficiario como nas da entidade encargada da súa impartición.
  4. Para o caso da impartición na modalidade de teleformación, esta deberá realizarse a través dunha plataforma virtual de aprendizaxe cunha metodoloxía apropiada para esta modalidade que posibilite a interactividade entre a persoa traballadora que recibe a formación e a que imparte a titoría e que asegure a xestión dos contidos, cun proceso de aprendizaxe sistematizada, así como a avaliación de todo o proceso.
  5. Programaranse controis periódicos de aprendizaxe cun número de horas para cada módulo en función dos contidos relacionados co posto de traballo, ata alcanzar o mínimo de horas teóricas esixidas nesta convocatoria.

 

Prazo de presentación:​

Dende o 01 de febreiro de 2023 ata o 29 de setembro de 2023

Concorrencia non competitiva (por orde de entrada)

 

➡𝗕𝗮𝘀𝗲𝘀 𝗿𝗲𝗴𝘂𝗹𝗮𝗱𝗼𝗿𝗮𝘀: https://bit.ly/3kYfnMN