Hoxe, 22 alumnos do CPI As Revoltas tiveron a oportunidade de coñecer de preto o mundo empresarial da nosa comarca. Comezamos a xornada nas *oficinas centrais do Polígono de Carballo* e nas instalacións do Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio, onde descubriron os servizos de apoio ao emprendemento e o papel clave destas infraestruturas no tecido empresarial local.
🔹 En Cafés Lúa, foron testemuñas do apaixonante proceso de tostado do café e de como se transforma ata chegar á cunca.
🔹 En Cociñas Jocar, adentráronse na fabricación de cociñas e puideron ver como o deseño e a innovación dan forma a cada proxecto.
🔹 Para rematar, en Grupo Dimolk, visitaron os concesionarios Peugeot Dimolk e Nissan Antamotor, onde coñeceron os últimos avances no sector da automoción e a importancia da atención ao cliente.
💡 Unha mañá chea de aprendizaxe e inspiración! Grazas ás empresas participantes por abrir as súas portas e compartir o seu traballo cos profesionais do futuro. Seguimos construíndo oportunidades! 💪